Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Iguanodonte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iguanodonte
Iguanodon
Gideon Mantell1825Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Subdivisións
I. bernissartensisBoulenger, 1881
I. ottingeri?Galton andJensen, 1979
 Sinonimia
Iguanosaurus?Ritgen, 1828
Hikanodon?Keferstein, 1834
Características
 Período de aparición
 Fonte de alimentación
Dimensións
 Lonxitude
10.0 mEditar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
OrdeOrnithischia
Familia†Iguanodontidae
Cope, 1869
Xénero†Iguanodon
Mantell, 1825
Historia
 Lugar de descubrimento
Datas e cronoloxía
 Período
 Data de comezo
hai 126 millóns de anosEditar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 122 millóns de anosEditar o valor en Wikidata
Identificadores
OTT4946345Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Oiguanodonte[1] é undinosauroherbívoro do xéneroIguanodon que viviu hai uns 120-110 millóns de anos, a comezos doCretáceo (aínda que unha especie descoñecida era de finais doXurásico) enEuropa,Asia, norte deÁfrica eNorteamérica. Semella que prefería aschairas fértiles, entrecruzadas por ríos e correntes cunha flora composta deárbores xigantes,folgueiras,coníferas,equisetum ecicadáceas que formaban parte da súa dieta.

Étimo

[editar |editar a fonte]
Primeira reconstrución do iguanodonte, porGideon Mantell, a partir dunha acumulación de ósos sen ordenar.

O iguanodonte foi o segundo dinosauro en ser nomeado (os tres primeiros foron omegalosaurus, o iguanodonte e ohylaeosaurus. Foi bautizado porGideon Mantell. O seu nome significadentes deiguana.

Características

[editar |editar a fonte]
Estrutura ósea dun iguanodonte, 1890.

O iguanodonte tiña un tamaño considerable: 10metros de lonxitude e 5 de altura. O seu peso era tamén moi grande por termo medio, ata 4,5toneladas, o que o obrigaba a desprazarse normalmente a catro patas. Movíase con moita soltura a dúas patas, pois a súacolumna vertebral podía sosterse horizontalmente, achegando osbrazos ó chan. Acola tamén estaba en posición horizontal afastada docorpo e por riba do chan. Os seus brazos eran longos e os seusdedos dobrábanse cara a atrás para soster o corpo ó camiñar en catro patas. A súa robusta cola axudáballe a manter o equilibrio cando se sostiña sobre as patas traseiras.

Normalmente optaba pola fuxida cando as mandas eran hostigadas pordepredador, alcanzando velocidades próximas aos 35 Km/h. Cando era necesario recorría ó ataque, para o cal utilizaba un longo esporón que tiña no polgar das extremidades dianteiras, que medía 19centímetros. As súas defensas fóronse desenvolvendo pouco a pouco. Ao principio, o polgar non podía tocar os outros dedos daman e mantíñase inclinado cara ao lado. Pero logo o extremo modificouse e converteuse nunha espiña cónica prolongada que utilizaba como arma.

A alimentación do iguanodonte era de talos e follas de plantas. Para esta alimentación posuía fileiras dedentes nos extremos da súa mandíbula para mastigar o alimento, e uns dedos longos e flexibles, para arrincalo das árbores, pois non contaba con dentes que puidesen cortar a vexetación. Desprazábase en mandas na procura de alimentos.

Descubrimento

[editar |editar a fonte]
Esqueleto dun iguanodonte, anterior a 1923.

O iguanodonte foi dos primeiros dinosauros en ser descubertos, incluso antes de que se soubera da existencia destes seresprehistóricos. En1834 o científicoGideon Mantell recibiu un esqueleto deste animal, o cal estaba aínda pegado na rocha, xiscado de tal forma que Mantell tivo que utilizar o enxeño para reconstruílo. O resultado da reconstrución foi incorrecto, pois reconstruíu o esqueleto nun debuxo de tal forma que parece unha iguana xigante, colocando o esporón do polgar no fociño e cos ósos que "sobraban" fixo unha longuísima cola. Esta reconstrución levou aoscientíficos a pensar que o iguanodonte era torpe, coma unrinoceronte, ó camiñar en catro patas. Durante moito tempo esta reconstrución foi considerada a máis aproximada á realidade.

Porén, en1878, nunha galería dunha mina de carbón da vilabelga deBernissart, uns mineiros, a unha profundidade de 322 metros, tropezaron cuns ósos. OReal Museo de Historia Natural deBruxelas enviou a algúns paleontólogos ó lugar, os cales descubriron un total de 39 esqueletos de iguanodonte en moi boas condicións, gran parte deles completos, o cal permitiu coñecer a verdadeira forma do dinosauro.

Na cultura popular

[editar |editar a fonte]
  • Na película de Disney,Dinosaur, un iguanodonte é o protagonista.
  • O iguanodonte foi unha das tres especies que inspiraron a crear o deseño deGodzilla, as outras dous foron otyrannosaurus e ostegosaurus.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definición deiguanodonte noDicionario de Galego deIr Indo e aXunta de Galicia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  IguanodonteModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Iguanodonte&oldid=7237880»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp