AIgrexa católica, tamén coñecida comoIgrexa católica romana, é a maior denominación relixiosacristiá con máis de 1.200 millóns de fieis.[1] Reclámase organizativa e doutrinalmente a Igrexa cristiá orixinal fundada porXesús e osDoce Apóstolos. A Igrexa católica está gobernada polo papa e poloColexio Episcopal, integrado polos bispos en comuñón con el, e do cal é cabeza. Hoxe en día os ritos que se empregan na Igrexa son orito latino (con diversas variacións nalgunhas igrexas locais e nalgunhasordes relixiosas), orito bizantino, orito copto, osiríaco, oarmenio, omaronita e orito caldeo.[2]
En ocasións a Igrexa católica é aludida comoIgrexa católica apostólica romana ou comoIgrexa católica romana; quen fai isto sostén que asIgrexas anglicana eortodoxa tamén son católicas (no sentido etimolóxico e en todo o contido do termo) e que a única diferenza é non estar sometidos á autoridade dopapa, ou ben se trata de persoas procedentes de países nos que o idioma adoptou esta expresión debido ao uso intenso por parte de comunidades relevantes de anglicanos e outros protestantes e de ortodoxos.
O adxectivocatólico deriva dogrego antigo καθολικός(kazolikós), que significa 'universal'.Ignacio de Antioquía, discípulo desan Xoán, dá no ano 110 o testemuño máis antigo deste nome: "Onde estea o Bispo, estea o xentío, así como onde esteaXesucristo estea a Igrexa católica",[3] esan Cirilo de Xerusalén xa emprega o termo nas súas "Lecturas catequéticas" para distinguirse de quen se facían chamar cristiáns, pero caeran enherexías. Nos tres primeiros séculos da Igrexa os cristiáns dicían "cristián é o meu nome, católico o meu sobrenome".
Logo doCisma de Oriente de1054, a igrexa que permaneceu en comuñón coaSé de Roma continuou chamándose "católica", mentres que as igrexas orientais pasaron a coñecerse como "ortodoxas". Despois dareforma protestante doséculo XVI, a Igrexa seguiuno empregando para distinguirse das diferentes denominaciónsprotestante que xurdiron.
O nome deIgrexa católica é a denominación máis empregada nos documentos oficiais eclesiásticos, así como o termo empregado porPaulo VI para asinar os documentos doConcilio Vaticano II.[4] Porén, os documentos tanto daSanta Sé[5] e por algunhasconferencias episcopais[6] ás veces falan daIgrexa católica romana. OCatecismo de san Pío X publicado en 1908 tamén emprega o termo "Romana" para distinguir a Igrexa doutras comunidades cristiás que non están en comuñón coa Igrexa de Roma.
A Igrexa católica defínese a si mesma mediante catro notas ou características esenciais, cuxo fundamento sitúa noEvanxeo e o ensino deXesucristo contida nel; estas catro notas ou características esenciais son:
Unidade en canto a Fe e Moral de tódolos seus integrantes, todos eles baixo a autoridade dun único Xefe Supremo, opapa, que é o bispo deRoma.
Santidade ao soster que, aínda que membros da Igrexa, ata membros de alta xerarquía, poidan pecar, a Igrexa no seu conxunto e en tanto que Corpo Místico de Cristo está libre de toda mancha.
Catolicidade, entendida como universalidade (do gregokatholikos, "universal") e referida ao feito de que a Igrexa está destinada a facerse presente en todo tempo, en todo lugar e a todo home, a fin de poder anunciar o Evanxeo.
Apostolicidade, condición que a Igrexa reclama para si ao considerar os seus actuais xerarcas (o papa e os bispos) como sucesores desan Pedro e os demaisApóstolos e herdeiros de toda a súa autoridade e poder na comunidade dos cristiáns; esta nota proporciona, á súa vez, fundamento á doutrina da sucesión apostólica, a través da cal perdurou ata a actualidade.
A característica máis sobresaliente e xenuína para distinguir os Católicos é a súa posición persoal respecto ao bispo deRoma. O bispo deRoma recibe o título de papa e considéraselle non só bispo do seudiocese senón bispo da Igrexa católica enteira, é dicir,Pastor e Doutor de tódolos cristiáns.
O papa goza na Igrexa católica dun status de xerarquía suprema, posuíndo o primado sobre todos os demais Bispos e a plenitude da potestade de réxime (como se denomina na Igrexa católica ao poder lexislativo, executivo e xudicial), a cal pode exercer de forma universal, inmediata e suprema sobre todos e cada un dos pastores e dos fieis católicos. É posible afirmar que quen recoñece a autoridade do bispo de Roma e a acata, e ademais acéptao como Vigairo de Cristo na Terra, ese é un católico.
A Igrexa católica ten membros en cada un dos países daTerra. É unha organizaciónxerárquica na cal o clero ordenado está dividido enbispos,sacerdotes ediáconos.
Ao final de2004 o mundo estaba dividido en 2.755bispados oudioceses, cada unha cun bispo que a preside, responsable do benestar relixioso dos crentes que estean na súa área xeográfica. O principal bispado é o deRoma, cuxo encargado é o papa.
Os seguintes termos xorden especialmente a consecuencia doConcilio Vaticano II (da década do anos1960). Fan referencia a distintas formas de entender a natureza e obxectivos da Igrexa católica:
Oclero está organizado de forma xerárquica, pero ten en conta a comuñón dos fieis. Cada membro do clero depende dunha autoridade superior, pero a autoridade superior debe exercer o seu goberno tendo en conta a comunidade, a través de consultas, reunións, intercambio de ideas.
Territorialmente, a Igrexa católica organízase endioceses, cada unha a cargo dunbispo. Estas, á súa vez, reúnense en provincias, que conforman unhaarquidiocese. Outras xerarquías son asprelaturas e osvicariatos.
Osbispos encárganse de cada diocese. Son axudados polospresbíteros e osdiáconos. Ningún bispo, aínda que sexa nomeadocardeal, ten autoridade sobre outro senón directamente do papa.
Oscardeais: axudan o papa no pastoreo da Igrexa universal e na administración doVaticano e aCuria romana. Cando o papa morre, elixen o sucesor. Colectivamente forman ocolexio cardinalicio. Os cardeais son elixidos persoalmente polo papa.
O papa é electo polocolexio de cardeais, reunido enconclave. Outórgaselle ainfalibilidade só a partir doConcilio Vaticano I, en 1871, privilexio que aínda causa polémica. O desenvolve o seu ministerio coadxuvado por dous grupos de colaboradores: os cardeais e o concilio ecuménico.
Oconcilio ecuménico, asemblea de tódolosbispos do mundo presidida polopapa, é convocado cando hai que tomar as decisións máis importantes, en materia defe (dogmas) e demoral.
A Igrexa católica estrutúrase en 23 igrexas particulares autónomas, que comparten unha mesma doutrina, mais que teñen diferentes tradicións litúrxicas e canónicas. A maior delas é aIgrexa católica latina, e as 22 restantes reciben a denominación común deigrexas católicas orientais, algunhas delas chamadasuniatas por non estar ao longo da súa historia en continuacomuñón coaSanta Sé.
Algo que diferenza a fe católica doutras doutrinas cristiás é o recoñecemento da santidade, entendida como capacidade das persoas que viviron de acordo coa lei divina para interceder entre Deus e os homes para a realización de milagres. Polo tanto, a fe católica integra os evanxeos co exemplo das persoas recoñecidas oficialmente como santos e santas. (Véxase osantoral católico.)
Segundo a doutrina católica,Xesús fundou unha comunidade cristiá xerárquica e con autoridade, dirixida polos apóstolos (o primeiro dos cales erasan Pedro). Posteriormente (segundo osFeitos dos apóstolos), osapóstolos e dos primeiros seguidores de Xesús estruturaron unha igrexa organizada, ao repartir responsabilidades entre bispos, presbíteros e diáconos, á medida que ían propagando o cristianismo.
Logo dun primeiro éxito enGalilea, moitos dos entusiastas seguidores de Xesús abandonárono. Foi entón cando comezou a prestar maior atención aos seus colaboradores máis próximos, especialmente ao grupo de doce apóstolos que o acompañaban dende un principio e a quen o chamara persoalmente. Xesús, principalmente a través de parábolas, anunciou a chegada do Reino de Deus e predicou unha doutrina que denominou a «boa noticia» (en gregoevanxeos, e que, segundo el, non é só para os fillos de Israel, senón para calquera persoa, rexeitando deste xeito o concepto de «pobo elixido» que aparece noToráxudeu e en case tódalasrelixións.
Xesús refugou limitar a súa misión a un grupo selecto, e escandalizou a moitos pola súa boa disposición cara ao conxunto do pobo, incluíndo aqueles que ata o momento eran social e relixiosamente rexeitados:pecadores recoñecidos,mulleres, impuros (doentes), ladróns,samaritanos epagáns. Sentábase á mesa con eles e entraba nas súas casas.
Elixiu osDoce Apóstolos, en representación dasdoce tribos de Israel, para que o seguisen e enviounos a predicar o seuEvanxeo. A Igrexa católica considera que, logo de morrer, Xesús resucitou e subiu aoCeo.
Segundo a tradición católica,san Pedro foi elixido polo propio Xesús para a misión de confirmar na fe os seus compañeiros e, aparentemente, o conxunto daquela comunidade orixinal de crentes así o recoñeceu, o que fixo xurdir a Igrexa católica, xerarquizada sempre en torno ao papa como sucesor dese primeiro xefe.
Así a todo, este punto de vista difire moito do aceptado poloprotestantismo, xa que non existen documentos fiables que demostren quesan Pedro algunha vez sexa bispo en Roma (o primeiro bispo de Roma en chamarse papa foi nomeado ao redor de 300 anos despois de Cristo e polo tanto de Pedro). Aínda que os últimos estudos arqueolóxicos demostraron que san Pedro está enterrado debaixo do altar da Basílica de san Pedro no Vaticano (Roma) e hai antigos relatos dende o século II de que aí foi crucificado de cabeza polo emperador romano. Así mesmo, ao final da súa primeira Carta no Novo Testamento, san Pedro afirma saúda dende "Babilonia", nome con que os cristiáns chamaban a Roma. Ademais tamén existe unha carta de sanClemente (cuarto bispo de Roma do ano 89 ao 97) a unha comunidade cristiá (os Corintios) para resolver un problema cando aínda vivía o Apóstolo Xoán, demostrando a súa primacía nos asuntos de doutrina desa época.
O rexeitamento da autoridade papal por causas de independencia política e económica e o rexeitamento deMartiño Lutero ao feito de que se cobrase diñeiro polasindulxencias, provocará o xurdimento doprotestantismo.
En países comoEspaña e aArxentina a Igrexa católica é criticada por percibir unha determinada cantidade monetaria directamente do Estado, tal como está contemplado nos Acordos entre o Estado Español e a Santa Sé de 1979 e no artigo 5 das Constitucións Arxentina, por exemplo.
O efecto é que cidadáns non católicos ven aplicada unha porcentaxe, por pequena que for, dos seus impostos ao sostemento dunha institución relixiosa cuxa doutrina é contraria ás súas propias crenzas ou que, sinxelamente, non consideran necesaria nin útil nas súas vidas. En España isto cambiou ó ser preguntado á hora de pagar oIRPF.
A contribución do Estado ao sostemento económico da Igrexa católica ten explicacións diversas segundo a historia e cultura de cada país, e en cada caso ten un alcance diferente.
En España a contribución ten lugar conforme un sistema máis libre e dependente da vontade de cada cidadán, quen ten a posibilidade de destinar un 0'54% dos seus impostos ao sostemento económico da Igrexa católica, marcando a cuadrícula destinada para o efecto na Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. No entanto, a Igrexa católica ten garantido un nivel mínimo de ingresos, que o Estado debe completar no caso de que non se alcance pola vía anteriormente explicada.
Na Arxentina un bispo recibe unsalario asignado e pago directamente poloEstado Arxentino, equivalente ao dunDeputado nacional (aproximadamente 1500euros).
A Igrexa católica é criticada tamén por contabilizar o número dos seus fieis en cada país en función da cantidade de nados bautizados e non pola cantidade de adultos que asisten aos seus actos, reciben os seus sacramentos ou viven de acordo cos seus ensinos.
O problema nace do feito de que obautismo deixou de ser unicamente un Sacramento para converterse ademais nun actosocial costumista, casefolclórico, e ineludible. O mesmo sucede co matrimonio pola Igrexa, en contraposición aomatrimonio civil, aínda que constitúe un acto de xustiza afirmar que quen o fan seguen facéndoo con total liberdade e contraen matrimonio católico ou bautizan os seus fillos porque así é o seu desexo.
NaArxentina, por exemplo, considérase que máis do 80 por cento da poboación do país é católica, o cal pode proporcionar un argumento para asignar fondos procedentes do erario público destinados ao sostemento económico da Igrexa católica. Se fosen contabilizadas unicamente as persoas asisten aos actos de culto da Igrexa ou que viven de acordo cos seus ensinos, a porcentaxe podería mostrar unha cifra moi inferior. Por outra banda, existe un segmento extenso de poboación que se autodenominacatólico pero non asisten aos actos de culto ou disenten da Igrexa en ensinos sobre materias comosexualidade, planificación familiar ou outras.
Como renunciar legalmente aos lazos coa Igrexa católica
Se unha persoa bautizada desexa deixar de pertencer á Igrexa católica, debe dirixirse persoalmente a unha igrexadiocesana e requirir unha «carta deapóstata», onde declara oficialmente que renuncia aos seus lazos coa Igrexa católica.
O total de números de católicos no mundo é máis de mil millóns, concentrándose nos continentes deEuropa eAmérica e en países en vías de desenvolvemento.[7]
A maior parte da poboación de América Latina considérase católica en maior ou menor grao, (exceptuandoCuba onde o catolicismo se estende a pouco menos da metade da poboación).
EnAsia, os países católicos están rodeados de países musulmáns comoFilipinas (influído por ser unha ex-colonia española) eTimor Oriental (ex-colonia portuguesa) noutros comoLíbano só o son a metade da poboación e en Palestina e Siria, hai pequenas minorías salientables, e algo menos aínda enCorea,India, eVietnam.
EnÁfrica son maioritarios os Católicos enRuanda. O total de seguidores é de máis de 100 millóns.
En canto á demografía, segundo o Barómetro Autonómico publicado polo CIS (Centro de Investigaciones Sociológicas) entre outubro e decembro do 2012,[8] o 80% dos galegos se declaran católicos, sendo a relixión maioritaria fronte ao 0,8% que declara profesar outra relixión.
Os datos de asistencia a oficios relixiosos –sen contar as cerimonias de tipo social como vodas, funerais, bautizos etc. e computando as respostas de todas as persoas que se definen como crentes (tanto no catolicismo como noutras relixións)– son os seguintes: o 47,7% case nunca asisten a oficios relixiosos, o 21,1% asiste varias veces ao ano a oficios relixiosos, o 11,6% asiste algunha vez ao mes, o 16% asiste case todos os domingos e festivos e un 2,5% afirma que vai varias veces por semana.
↑Catecismo da Igrexa Católica "1203 As tradicións litúrxicas, ou ritos, actualmente en uso na Igrexa son o rito latino (principalmente o rito romano, pero tamén os ritos dalgunhas igrexas locais como o rito ambrosiano, o rito hispánico-visigótico ou os de diversas ordes relixiosas) e os ritos bizantino, alexandrino ou copto, siriaco, armenio, maronita e caldeo. "O sacrosanto Concilio, fiel á Tradición, declara que a santa Nai Igrexa concede igual dereito e honra a todos os ritos lexitimamente recoñecidos e quere que no futuro se conserven e fomenten por todos os medios"
↑Examplo: OCatecismo de Baltimore, catecismo autorizado polos bispos católicos dos Estados Unidos, sostén: "That is why we are called Roman Catholics; to show that we are united to the real successor of St Peter" (punto 118) e refírese á Igrexa como "Igrexa Católica Romana" nos puntos 114 e 131 (Baltimore Catechism).
Asci, Donald P. (2002)The Conjugal Act as Personal Act. A Study of the Catholic Concept of the Conjugal Act in the Light ofChristian anthropology, San Francisco: Ignatius Press.ISBN0-89870-844-3
Bruni, Frank; Burkett, Elinor (2002).A Gospel of Shame: Children, Sexual Abuse and the Catholic Church. Harper Perennial. p. 336.ISBN978-0-06-052232-2.
Clarke, Graeme (2005), "Third-Century Christianity", in Bowman, Alan K., Peter Garnsey and Averil Cameron.The Cambridge Ancient History 2nd ed., volume 12:The Crisis of Empire, A.D. 193–337, Cambridge University Press, pp. 589–671,ISBN978-0-521-30199-2.
Collinge, William J.Historical dictionary of Catholicism (1997)online free
Collins, Michael; Price, Mathew A. (1999).The Story of Christianity. Dorling Kindersley.ISBN0-7513-0467-0.
Coriden, James A; Green, Thomas J; Heintschel, Donald E. (1985).The Code of Canon Law: A Text and Commentary, Study Edition. Paulist Press.ISBN978-0-8091-2837-2.
Davidson, Ivor (2005).The Birth of the Church. Monarch.ISBN1-85424-658-5.
Della Rocca, Fernando (1 de xaneiro de 1959).Manual of Canon Law. Bruce Pub. Co.
Derrick, Christopher (1967).Trimming the Ark: Catholic Attitudes and the Cult of Change. New York: P.J. Kennedy & Sons.ISBN978-0-09-096850-3.
Fahlbusch, Erwin (2007).The Encyclopedia of Christianity. Wm. B. Eerdmans.ISBN0-8028-2415-3.
Froehle, Bryan; Mary Gautier (2003).Global Catholicism, Portrait of a World Church. Orbis books; Center for Applied Research in the Apostolate,Georgetown University.ISBN1-57075-375-X.
Gale Group. (2002)New Catholic Encyclopedia, 15 vol, with annual supplements; highly detailed coverage
Herring, George (2006).An Introduction to the History of Christianity. Continuum International.ISBN0-8264-6737-7.
Koschorke, Klaus; Ludwig, Frieder; Delgado, Mariano (2007).A History of Christianity in Asia, Africa, and Latin America, 1450–1990. Wm B Eerdmans Publishing Co.ISBN978-0-8028-2889-7.
Latourette, by Kenneth Scott.Christianity in a Revolutionary Age: A History of Christianity in the 19th and 20th centuries (5 vol. 1969); detailed coverage of Catholicism in every major country
MacCulloch, Diarmaid (2010).Christianity: The First Three Thousand Years. Viking.ISBN978-0-670-02126-0. originally published 2009 by Allen Lane, asA History of Christianity
Marthaler, Berard (1994).Introducing the Catechism of the Catholic Church, Traditional Themes and Contemporary Issues. Paulist Press.ISBN0-8091-3495-0.
McBrien, Richard and Harold Attridge, eds. (1995)The HarperCollins Encyclopedia of Catholicism. HarperCollins.ISBN978-0-06-065338-5.
Tausch, Arno, The Effects of 'Nostra Aetate:' Comparative Analyses of Catholic Antisemitism More Than Five Decades after the Second Vatican Council (8 de xaneiro de 2018). Available atModelo:SSRN ordoi10.2139/ssrn.3098079
Tausch, Arno, Are Practicing Catholics More Tolerant of Other Religions than the Rest of the World? Comparative Analyses Based on World Values Survey Data (21 de novembro de 2017). Available atModelo:SSRN ordoi10.2139/ssrn.3075315