Igraine é segundo alenda artúrica a nai doRei Artur. Tamén coñecido enlatín Igema, engalés como Eigr, enfrancés como Igeme, na obraLe Morte d´Arthur deThomas Malory como Ygrayne -modernizada ás veces como Igraine- e na obra deWolfram von Eschenbach "Parzival" como Amive). Convértese na muller deUther Pendragon, pero o seu primeiro marido foiGorlois, de cuxo matrimonio tivo como fillas aElaine,Morgause eMorgana le Fay.
A primeira mención dela atópase na obra deGeoffrey de Monmouth "Historia Regum Britanniae" onde ela introduce a historia como a muller de Gorlois,Duque de Cornualla. O reiUther Pendragon namórase dela e intenta chamar a súa atención na súa corte. Ela informa ó seu marido das súas intencións quen parte con ela a Cornwall sen permiso. Esta súbita saída outorga a Uther unha escusa para emprender a guerra contra Gorlois. Gorlois dirixe a guerra dende o castelo de Dimilioc pero empraza á súa muller na seguridade do castelo de Tintagel.