Unhaidea (dogrego είδονeidon: 'eu vin') é unhaimaxe que existe ou se forma namente. A capacidade humana de contemplar ideas está asociada á capacidade deraciocinio, autorreflexión e a habilidade de adquirir e aplicar ointelecto. As ideas dan lugar ósconceptos, que son a base de calquera tipo decoñecemento, tantocientífico comofilosófico. Non obstante, nun sentido popular, unha idea pode suscitarse mesmo en ausencia dereflexión, por exemplo, ó falar da idea dunha persoa ou dun lugar.
Unhaidea é un termofilosófico que se pode analizar baixo catro puntos de vista segundoJosé Manuel Fernández Cepedal (1950 –2001):
- Lóxico: a idea é unconcepto que ten unsignificado.
- Ontolóxico: a idea é algo material que existe no mundo real.
- Transcendental: a idea é unha posibilidade do coñecemento.
- Psicolóxico: a idea é unha representación mental subxectiva.
Platón sitúa as ideas no mundo intelixible, porque segundo el son a única fonte de verdadeiro coñecemento, ó ser:
- Infinitas
- Eternas
- Inmutables (non cambian)
- O seu coñecemento leva á verdade universal
Os racionalistas inclináronse pola solución innatista: atribúen as ideas áNaturaleza do home.
Os empiristas sosteñen que a orixe das ideas hai que buscala na experiencia sensible; esta é a encargada de encher de contidos (ideas) a mente.Idea sería un contido mental resultado da acción dos estímulos sobre os sentidos do suxeito.
Os racionalistas distinguen entre ideasclaras,escuras,distintas, entre outras.
Os empiristas distinguen entre ideas desensación e dereflexión, entre ideassimples ecomplexas; a natureza só proporciona ideasparticulares; asxerais son produto damente.