Izquierda Unida (IU) | |
---|---|
Partido político deEspaña | |
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Alberto Garzón |
Mocidades | Jóvenes de Izquierda Unida |
Filiación internacional | Partido da Esquerda Europea |
Historia | |
Fundación | 1986 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Esquerda Federalismo Republicanismo Ecoloxismo Socialismo |
Representación | |
Concelleiros | 2.369 / 67.473 |
Congreso dos Deputados | 5 / 350 |
Parlamentos autonómicos | 19 / 1.268 |
Senado | 0 / 266 |
Parlamento Europeo | 2 / 59 |
Outros datos | |
Sede | Olimpo, 35. 28043Madrid |
Na rede | |
www.izquierda-unida.es | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
Izquierda Unida é unha organización política españolafederalista,republicana e deesquerdas.
Segundo os seus estatutos, é un movemento político, social e cultural que se conforma nunha organización, política e xuridicamente soberana, que ten como obxectivo transformar gradualmente o sistema capitalista económico, social e político, nun sistema socialista democrático, fundamentado nos principios de xustiza, igualdade e solidariedade, organizado en forma dun Estado de dereito federal e republicano. Foi creada ao redor das mobilizacións contra o ingreso deEspaña naOTAN en 1986. Inicialmente foi formada poloPartido Comunista de España (PCE), oPartido Comunista de los Pueblos de España (PCPE),Partido de Acción Socialista (PASOC),Izquierda Republicana (IR), aFederación Progresista (FP), oPartido Carlista e oPartido Humanista, así como independentes. Gradualmente estes partidos foron marchando de IU e actualmente está constituída polo PCE,Colectivo de Unidad de los Trabajadores eIniciativa Socialista de Izquierdas (ISI). En Cataluña IU non actúa, o seu referente político alíEsquerra Unida i Alternativa é unha organización soberana.
Ten ó redor de 70.000 afiliados. O seu responsable máximo dende2016 é o coordinador xeralAntonio Garzón, e anteriormenteCayo Lara,Gaspar Llamazares,Gerardo Iglesias eJulio Anguita.
IU ten unha organización federal da que forman parte quince federacións que teñen unha denominación específica:
Ademais existen dúas organizacións soberanas federadas a IU:Ezker Batua no País Vasco eEsquerra Unida i Alternativa en Cataluña.
Eleccións | Líder/Candidato | Votos | Porcentaxe | Representantes |
1986 Xerais | Gerardo Iglesias | 935.504 | 4,63% | 7 deputados |
1987 Municipais | Gerardo Iglesias | 1 399 364 | 7,18% | 2.315 concelleiros |
1987 Europeas | Gerardo Iglesias | 1 011 830 | 5,25% | 3 eurodeputados |
1989 Xerais | Julio Anguita | 1 858 588 | 9,07% | 17 deputados |
1989 Europeas | Julio Anguita | 961.742 | 6,06% | 4 eurodeputados |
1991 Municipais | Julio Anguita | 1 579 097 | 8,38% | 2.614 concelleiros |
1994 Europeas | Julio Anguita | 2 497 671 | 13,44% | 9 eurodeputados |
1995 Municipais | Julio Anguita | 2 589 780 | 11,68% | 3.493 concelleiros |
1996 Xerais | Julio Anguita | 2 639 774 | 10,54% | 21 deputados |
1999 Municipais | Julio Anguita | 1 387 900 | 6,52% | 2.295 concelleiros |
1999 Europeas | Julio Anguita | 1 221 566 | 5,77% | 4 eurodeputados |
2000 Xerais | Francisco Frutos | 1 263 043 | 5,45% | 8 deputados |
2003 Municipais | Gaspar Llamazares | 1 394 871 | 6,68% | 2.198 concelleiros |
2004 Xerais | Gaspar Llamazares | 1 284 081 | 4,96% | 3 deputados |
2004 Europeas | Gaspar Llamazares | 643.136 | 4,15% | 1 eurodeputado |