Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

iOS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.
iOS
Logo da última versión
DesenvolvedorApple Inc.
Lanzamento29 de xuño de2007
En galegoNon
Modelo de desenvolvementoSoftware privativo
NúcleoXNU
Tipo de núcleoNúcleo híbrido (XNU)
LicenzaAPSL (Apple Public Source License) e Apple EULA (Licenza de software)
Última versión estableiOS 17.6.1. (7 de agosto de2024)
Estado actualEn permanente desenvolvemento
Sitio webhttps://www.apple.com/ios/ios-13 en Inglés

iOS é unsistema operativo móbil desenvolvido porApple Inc., lanzouse por primeira vez comoiPhone OS en xuño de2007, coincidindo co lanzamento daprimeira xeración deiPhone.[1] O iPhone OS pasou a chamarse iOS despois do lanzamento doiPad, comezando coniOS 4.[2] CoiOS 13, Apple comezou a ofrecer un sistema operativo separado,iPadOS, para o iPad. iOS tamén é a base dos novosaudioOS etvOS, e comparte parte do seu código conmacOS. Cada ano lánzanse novas versións de iOS xunto con novos modelos de iPhone. Dende o seu lanzamento en 2007 ata2010 lánzanse novas versións en setembro ou outubro. A versión actual de iOS éiOS 17, lanzado o18 de setembro de2023.

Historia

[editar |editar a fonte]

Historial de versións

[editar |editar a fonte]
VersiónLanzamento
iPhone OS 129 de xuño de 2007
iPhone OS 211 de xullo de 2008
iPhone OS 317 de xuño de 2009
iOS 421 de xuño de 2010
iOS 512 de outubro de 2011
iOS 619 de setembro de 2012
iOS 718 de setembro de 2013
iOS 817 de setembro de 2014
iOS 916 de setembro de 2015
iOS 1013 de setembro de 2016
iOS 1119 de setembro de 2017
iOS 1217 de setembro de 2018
iOS 1319 de setembro de 2019
iOS 1416 de setembro de 2020
iOS 1520 de setembro de 2021
iOS 1612 de setembro de 2022
iOS 1718 de setembro de 2023
iOS 18Finais de 2024

Características

[editar |editar a fonte]
Desactualizado
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.

Interface

[editar |editar a fonte]

Os elementos de control consisten en escorregadoiros, interruptores e botóns. A resposta ás ordes do usuario é inmediata e prové unha interface fluída. A interacción cosistema operativo inclúe xestos como esvaróns ou toques, que teñen definicións diferentes dependendo do contexto dainterface. Utilízanseacelerómetros internos para conseguir que algunhas aplicacións respondan ao sacudir o dispositivo (por exemplo, para o comandodesfacer) ou xiralo entres dimensións (un resultado común é cambiar do modo vertical a apaisado ou horizontal).

iOS deriva demacOS, que á súa vez está baseado enDarwin BSD, e polo tanto é un sistema operativo tipoUNIX.

Pantalla principal

[editar |editar a fonte]

A pantalla principal (chamada «SpringBoard») é onde se encontran asiconas das aplicacións e o “Dock” na parte inferior da pantalla, onde se poden ancorar aplicacións de uso frecuente, aparece ao desbloquear o dispositivo ou ao premer obotón de inicio. Apantalla ten unhabarra de estado na parte superior para mostrar datos, tales como a hora, o nivel de batería e a intensidade dosinal.

Carpetas

[editar |editar a fonte]

Con iOS 4 introdúcese un sistema simple de carpetas. Pódese mover unha aplicación sobre outra e crearase unha carpeta podéndose agregar máis aplicacións a esta mediante o mesmo procedemento. O título da carpeta é seleccionado automaticamente polo tipo de aplicacións dentro dela, pero pode ser editado polo usuario.

Coa saída de iOS 7, a cantidade máxima de aplicacións por carpeta aumentou considerablemente, pois ao abrir unha carpeta móstranse 9 iconas (3x3) e, ao agregar máis aplicacións, vanse creando páxinas ás que se pode acceder esvarando sobre a pantalla.

Seguridade

[editar |editar a fonte]

Antes da saída de iOS 7 ao mercado, existía un enorme índice de roubos dos diversos modelos de iPhone, o que provocou que o goberno estadounidense solicitara a Apple crear un sistema de seguridade infalible que inutilizara os equipos en caso de roubo. Foi creada entón a activación poriCloud, que solicita os datos de acceso da conta do usuario orixinal, o que permite bloquear e inutilizar o equipo ao perdelo ou ser vítima de roubo do mesmo.​​ De igual maneira, é posíbel coñecer a localización vía GPS do dispositivo e mostrar mensaxes na pantalla. Ata a data non existe un método comprobado para evitar a activación de iCloud o que converte a iOS 7+ nosistema operativo móbil máis seguro do mercado. Coa chegada de iOS 9.1, é imposíbel encontrar vulnerabilidades que afecten ao dispositivo, levando a Apple, a ocupar o posto máis alto na lista dossoftwares máis seguros. Non obstante, iOS 9.3 foi un completo fracaso en canto a seguridade e vulnerabilidade cojailbreak. Porén, o 25 de agosto Apple liberou iOS 9.3.5 o cal reparaba esta vulnerabilidade.

Co lanzamento de iOS 10, usuarios reportaron unha gran vulnerabilidade con iCloud, ao poderse desactivar "Find My iPhone" (Buscar o Meu iPhone) sen ingresar o contrasinal doApple ID.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobreinformática é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "The iPhone at 15: Steve Jobs revealed his greatest product in 2007".cnet.com. Consultado o 2022. 
  2. "iPhone OS gets new name, video calling".macworld.com. Consultado o 2017. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  IOSModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=IOS&oldid=6934770»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp