Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

IMAX

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comparación entre negativos de 4/35 mm e 15/70 mm

IMAX (acrónimo deImageMAXimum) é un formato defilme e un conxunto de xeitos de proxección creados pola compañíacanadenseIMAX Corporation e desenvolvido porGraeme Ferguson,Roman Kroitor, Robert Kerr, e William C. Shaw.[1] IMAX pode filmar e exhibir imaxes de maior tamaño que os sistemas convencionais.

Historia

[editar |editar a fonte]

A arela de incrementar o impacto dun filme vén desde as primeiras décadas dahistoria do cinema. En 1929Fox Film introduciu o sistema Fox Grandeur, primeiro en 70 mm que deseguido caeu no esquecemento. Na década de 1950CinemaScope (1953) eVistaVision (1954) alargaron a imaxe seguindo a idea de múltiplos proxectores doCinerama (1952), que porén, era difícil de instalar.

O primeiro filme con formato IMAX foiTiger Child, amosado naExpo 70 deOsaca.[2] A primeira instalación permanente foi oCinesphere enToronto, que se creo en maio de 1971.[3]

O formato IMAX foi empregado tradicionalmente para aplicación específicas. Os gastos de produción e exhibición facía que os filmes fosen corenta minutos máis curtos cós convencionais. Non obstante, desde mediados da década de 1990 comezaron a exhibirse neste sistema filmes dramáticos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Ieee.ca (ed.)."The Birth of IMAX". Arquivado dendeo orixinal o 21 de setembro de 2019. Consultado o 23 de maio de 2012. 
  2. IEEE Canada, Institute of Electrical and Electronics Engineers (ed.)."IMAX'S Chronology of Techonological (sic) Events". Arquivado dendeo orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 23 de febreiro de 2010. 
  3. "Corporate - History & Milestones".IMAX.com. Arquivado dendeo orixinal o 04 de xullo de 2010. Consultado o 3 de xullo de 2010. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  IMAXModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=IMAX&oldid=5823326»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp