IGN (abreviatura do nomeImagine Games Network) é unhapáxina web estadounidense devideoxogos e entretemento operada porIGN Entertainment Inc., unha subsidiaria deZiff Davis, á súa vez propiedade dej2 Global. A sede da compañía atópase enSan Francisco e está dirixida polo seu antigo editor en xefe, Peer Schneider. A páxina web de IGN foi obra do emprendedorChris Anderson e foi lanzada o 29 de setembro de 1996. Os seus contidos céntranse envideoxogos,filmes,televisión,banda deseñada,tecnoloxía e outros medios. Orixinalmente unha rede de páxinas web,IGN agora tamén se distribúe en plataformas móbiles, con programas de consola enXbox ePlayStation,FireTV,Roku, e a través deYouTube,Twitch,Hulu eSnapchat.
Nun principio, IGN era o buque insignia de IGN Entertainment, unha páxina web que posuía e operaba outras páxinas web orientadas ós intereses, xogos e entretemento dos xogadores, comoRotten Tomatoes,GameSpy,GameStats,VE3D,TeamXbox,Vault Network, FilePlanet eAskMen, entre outros. IGN foi vendido á compañíaZiff Davis en febreiro de 2013 e dende entón opera como unha subsidiaria deJ2 Global.