Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

IFFHS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

AFederación Internacional da Historia e Estatística de Fútbol (eninglés:International Federation of Football History and Statistics), é unha institución creada en1991 co obxectivo de recompilar, estudar e analizar tódolos datos relacionados coas competicións de fútbol de todo o mundo, tanto históricas como actuais. A sede sitúase enBonn (Alemaña) e actualmente está presidida porAlfredo W. Pogë.

Esta federación analiza as estatísticas de tódalas competicións futbolísticas, elaborando regularmente diferentes clasificacións a partir de datos obxectivos. Cada mes publica listas de valoración das mellores ligas do mundo, as mellores seleccións nacionais, clubs, xogadores, árbitros etc.

Segundo a lista da clasificación histórica do ránking mundial de club segundo a IFFHS, oFC Barcelona é considerado o mellor equipo do mundo desde1991, tendo en conta tanto as competicións internacionais como as estatais dos seis continentes futbolísticos.[1]

Top 5
(1991–2010)
PosiciónEquipoPuntuación
1EspañaBarcelona807
2InglaterraManchester United726
3ItaliaJuventus633
-EspañaReal Madrid633
5ItaliaMilan620
Última actualización: 17 de decembro de 2011

Actualmente oDeportivo da Coruña é o mellor club galego nestas clasificacións, que ocupa o posto número 117 na clasificación mundial de clubs e o posto 28 da clasificación histórica.

Outra das clasificacións que publica a IFFHS é a das ligas máis fortes do mundo cada ano, clasificación que en 2011 lideraba a Liga Española:

Top 5
(2011)
PosiciónLigaPuntuación
1EspañaPrimeira División652
2Primeira División534
3Brasileirão511
4InglaterraPremier League509
5ItaliaLega Calcio Serie A443
Última actualización: 17 de decembro de 2011

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. http://www.iffhs.de/?3d4d443d0b803e8b40384c00205fdcdc3bfcdc0aec70aeedbe1a

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=IFFHS&oldid=6093953»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp