A serie foi filmada enNickelodeon on Sunset Studios nosÁnxeles,California con algunhas escenas da cidade deSeattle,Washington, lugar onde ocorren os feitos.[3] O episodio "Pilot" foi exhibido o 8 de setembro de 2007[4] nos Estados Unidos e tivo un total de 5,65 millóns de espectadores, sendo a terceira serie con máis espectadores dun episodio piloto en Nickelodeon (só detrás deBig Time Rush eVictorious).[5] 6 tempadas da serie foron transmitidas,[6][7] a cal, a gravación da última tempada iniciouse o 25 de xaneiro de 2012.[8] A serie tivo un elenco regular, que consistiu en 5 membros:Miranda Cosgrove,[9]Jennette McCurdy,[10]Nathan Kress,[11]Jerry Trainor,[12] eNoah Munck,[13] (este último uniuse ao elenco principal a partir da cuarta tempada). O episodio máis visto da serie foi "iSaved Your Life", que tivo un total de 19.2 millóns de espectadores.[14]
O 9 de xuño de 2012, foi estreado o episodio 100, chamado "iBattle Chip",[18] xunto cun novo episodio deVictorious ondeJennette McCurdy foi a estrela invitada. O episodio tivo un total de 2.4 millóns de espectadores, sendo o ráting máis baixo da serie.[19]
O 17 de maio de 2012, tras cancelar unha nova tempada,Nickelodeon, anunciou que a sexta temporada sería a última da serie, rematando o 23 de novembro de 2012, tras 5 anos de transmisión.
Ao comezo da serie, Carly Shay (Miranda Cosgrove), é unha moza de 13 anos que vive co seu irmán máis vello Spencer (Jerry Trainor), e estuda na escola Ridgeway xunto coa súa mellor amiga, Samantha «Sam» Puckett (Jennette McCurdy) e o seu veciño e amigo Freddy Benson (Nathan Kress).
Por ordes da súa mestra, Carly e Sam deben gravar uns mozos da súa escola que fan audicións para un show de talentos. Carly pide a axuda de Freddie, quen faría calquera cousa por ela a que está namorado desta. Freddie axuda coa gravación e as rapazas interésanse por realizaren sempre actos orixinais, extravagantes e divertidos; porén, ningún deses actos é apropiado para a súa profesora, a señorita Briggs. Durante a audición, Freddy grávaas accidentalmente facendo algúns chistes improvisados e burlándose da súa profesora. Xa que as mozas se senten mal por aqueles talentos que foron rechazados na escola, Freddy sóbeo todo aInternet xunto cos vídeos delas facendo a súa comedia improvisada. Ao público de Internet gústalle e pide un próximo show, con talentos raros, chistes improvisados e bromas, así que Carly decide crear un show por Internet no cal mostren todas esas cousas divertidas. Freddy faise cargo dos aspectos técnicos, mentres que Carly escribe o guión e Sam «só se dedica a divertir», pois a ela non lle gusta traballar. Pouco despois incorporan regularmente no show a Gibby (Noah Munck), un mozo que tamén asiste a Ridgeway, xa que ao público deiCarly lle agrada a súa estraña personalidade.
A serie trata sobre a vida do grupo de amigos e os problemas que calquera adolescente adoita ter, nos seus noivados ou na escola. Así mesmo, vólvense famosos e iso cáusalles algúns problemas, como seren acosados por algúns admiradores. A súawebshow chega a ser tan famosa que incluso coñecen celebridades como a bandaOne Direction, o comedianteJimmy Fallon e aprimeira dama dos Estados Unidos,Michelle Obama.
Por outra parte, o irmán de Carly, Spencer, é unha especie de adulto que nunca madurou. Gústanlle as brincadeiras, é pouco organizado e xeralmente é Carly a que coida del. Porén, en aspectos serios, Spencer toma o rol de adulto e faise responsable incluso de Sam e Freddie, quen pasan case todo o tempo cos irmáns Shay. A serie en si, relaciónase con futuras producións de Nickelodeon.
iCarly é a cuarta serie creada porDan Schneider paraNickelodeon. Schneider quería orixinalmente facer unha serie de televisión protagonizada porMiranda Cosgrove onde ela interpretase unha moza común que, nun xiro do destino, se convertese na estrela do seu programa de televisión favorito, "Starstruck". O piloto foi escrito (e foi enviado a Nickelodeon), pero durante unha reunión informal no seu estudio coa súa esposa e o seu amigo Steve, Schneider decidiu que sería moito mellor se a protagonista tivese un show propio, facendo o que ela quixese. Foi entón que decidiu que a serie se basearía nun show na web, xa que, segundo escribiu no seu blog, inspirouse na gran popularidade das canles deYouTube onde os donos teñen o control creativo dos seus contidos. Ennovembro de2006, Schneider desfíxose do seu guión "Starstruck" e escribiu un piloto novo que se chamouiCarly durante o mes de decembro do mesmo ano. O piloto foi enviado en xaneiro de 2007.[22] Porén, o texto de Starstruck serviu de base para Dan Schneider para que máis tarde o produtorSteve Marmel crease unha serie paraDisney Channel chamadaSonny with a Chance.
Durante a produción deZoey 101, Schneider e o seu amigo e produtor deThe Big Bang Theory, Steve Molaro, crearon a idea central e o nome do show. OrixinalmenteiCarly non ía ser o nome da serie; de feito, o guión do piloto tiña como nome da moza principal "Sam", pero a dirección web "iSAM" xa estaba rexistrada. Schneider tratou de buscar nomes para o personaxe principal e para a páxina deInternet e comprou a URL paraiJosie, pero non lle convenceu dito nome. Schneider tratou coniCarly e elixiuno como nome para o personaxe principal. Os nomes das dúas rapazas foron cambiadas logo de Sam e Kira a Carly e Sam.[23]
O 9 de decembro de 2020, anunciouse queParamount+ ordenara o regreso da serie cunha nova tempada, con Cosgrove, Kress e Trainor regresando, e Schneider non participaría na produción da serie. Jay Kogen e Ali Schouten firmaron para desenvolver a serie.[21][24] McCurdy confirmou durante o seu podcast que non volvería a interpretar o seu papel na serie, xa que deixou a profesión de actriz e se sentía avergoñada pola súa carreira pasada.[25] O 25 de febreiro de 2021, informouse que Kogen abandonou o proxecto debido a "diferenzas creativas" con Cosgrove.[26] O 18 de marzo de 2021, o programa entrou oficialmente en produción, con Laci Mosley interpretando a nova mellor amiga e compañeira de cuarto de Carly, Harper, e Jaidyn Triplett interpretando a fillastra de Freddie, Millicent. A serie estreouse en xuño de 2021.[27][28]
SegundoDiscussingFilm, o rexurdimento da serie terá lugar 10 anos despois do programa orixinal de Nickelodeon, seguindo a viaxe de Carly aos seus vintes xunto aos personaxes que regresan interpretados por Jerry Trainor e Nathan Kress. Segundo os informes, presentaranse novos personaxes, a mellor amiga /compañeira de cuarto de Carly "será parte da comunidade LGBTQ+ coma un personaxepansexual que soña con converterse en estilista de moda despois de que a súa rica familia perdera todo o seu diñeiro".[29] A serie tamén presentará o paso da fillastra de Freddie obsesionada coas redes sociais que ve a Carly como "acabada" e coma unha competencia para o seu propio status de influencer en crecemento.[29] Esta nova tempada estará a cargo do escritorJay Kogen e da guionista Ali Shouten, ata agora sabe que esta nova versión non se centrará na webshowiCarly, agora caracterizarase por estar ambientada na popularidade de aplicacións comaTikTok. Tamén se sabe que se contarán con situacións e dificultades ás que se enfrontan na vida cotiá os adultos xoves, xa que a nova versión se escribiu pensando en que tanto o elenco como o público das antigas tempadas (2007-2012) ata a actualidade medraron.
↑"Olha o criador de iCarly!".puricute.capricho.abril.com.br(en portugués). Arquivado dendeo orixinal o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 9 de setembro de 2011.
↑"Who Created iCarly?".www.trueknowledge.com(en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2012.
↑Spin or Bin music production company (26 de xaneiro de 2012)."spinorbinmusic Tweet".Twitter(en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2012.(require subscrición (?)).Directioners! One Direction will guest star and perform 'What Makes You Beautiful' in iCarly's Season 6 episode 'iGot Jungle Worms'!
↑"Dan Answers Fan questions". Danwarp.blogspot.com. 8 de xullo de 2012. Arquivado dendeo orixinal o 30 de abril de 2012. Consultado o 26 de decembro de 2012.