Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

IBM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 IBM
Logotipo
Imaxe
 Nome curto
IBMEditar o valor en Wikidata
 Nome oficial
International Business Machines Corporation (en)Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Persoas relevantes
 Fundador/a
 Creador/a
 Presidente/a
Ginni Romettyabril de 2014
John Fellows Akers(pt)Traducir1986- 1993Editar o valor en Wikidata
 Director/a executivo/a
Arvind Krishna(en)Traducirabril de 2020
Ginni Rometty2012- abril de 2020
Samuel J. Palmisano(pt)Traducir2002- 2011
Louis V. Gerstner(en)Traducir1993- 2002
John Fellows Akers(pt)Traducir1985- 1993
John R. Opel(pt)Traducir1981- 1985
Frank T. Cary(en)Traducir1973- 1981
T. Vincent Learson(en)Traducir1971- 1973
Thomas J. Watson Jr.(pt)Traducir1956- 1971
Thomas John Watson(pt)Traducir1914- 1956Editar o valor en Wikidata
Cadro de persoal352600(2019)Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Forma xurídica
 En sociedade con
Economía e industria
 Bolsa de valores
Ingresos totais62753000000 $(2024)Editar o valor en Wikidata
Beneficio neto6023000000 $(2024)Editar o valor en Wikidata
Activos totais155971000000 $(2020)Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
16 de xuño de 1911Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Substitúe
Recoñecemento
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Identificadores
VIAF150702892Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000404002468Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL4649540AEditar o valor en Wikidata
Freebase/m/03sc8Editar o valor en Wikidata
OpenAlexP4310320652Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Facebook: IBMTwitter: IBMInstagram: ibmTumblr: ibmblrLinkedIn: ibmYoutube: UC8cc4pVKVHG7A9fbNsRNrLQPinterest: ibmfranceBNE: XX254046Musicbrainz: bd76df85-2fb2-49d1-b4fe-ec7df774c07cGitHub: ibmEditar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

International Business Machines Corporation, máis coñecida comoIBM é unha compañía informáticaestadounidense, con sede en Armonk (Nova York). A compañía fabrica e vendeordenadores,software, eservizos.

Edificio do IBM enMadrid.

Está presente en 170 países e ten 345.000 empregados e activos valorados en máis de cen mil millóns de dólares (2005). É a maior compañía detecnoloxía da información no mundo e unha das poucas con actividade dende oséculo XIX. As súas actividades abranguen todas as ramas dainformática e da tecnoloxía da información: investigación, tecnoloxía, software e finanzas. Lidera a investigación en diversas áreas como nananotecnoloxía e en ordenadoresmaiframe.

Arvind Krishna ostenta o cargo deCEO dendeabril de2020.

No ano 2002 adquiriu a sección de consultoría da firma de servizosPricewaterhouseCoopers, dirixindo os seus negocios a consultoría para empresas, servizos e software, mantendo especial relevancia tamén a tecnoloxías dehardware echips de gama alta. A rama de investigación,IBM Research, ten oitenta laboratorios no hemisferio norte, a metade deles fora dos Estados Unidos. Entre os seus empregados pódense contar cincopremios Nobel. Posúe tamén máis de 25.000 patentes no seu país de orixe, sendo este unha das principais fontes de ingresos da compañía.

Historia

[editar |editar a fonte]

IBM creouse o15 de xullo de1911 enBinghamton (Estados Unidos) fusionando tres empresas: Tabulating Machine Corporation, Computing Scale Corporation e International Time Recording Company. Á empresa chamouselleComputing Tabulating Recording Corporation (CTR), mais o14 de febreiro de1924 CTR cambiou o seu nome aInternational Business Machines Corporation,(IBM).

As empresas orixinarias de CTR fabricaban unha ampla gama de produtos, dende sistemas para control de traballadores até equipos automatizados para o corte de carne. Fabricaba ademais equipos para a xestión detarxetas perforadas, que máis adiante serían chaves no desenvolvemento dos ordenadores. Co tempo CTR traballaría só neses equipos e deixaría de producir o resto de produtos.

Discos duros IBM 1311

Durante asegunda guerra mundial a subsidiara alemáDehomag, subministrou ao réximenazi perforadoras de tarxetas e equipos relacionados. IBM ten procesos abertos por estes feito, aínda que a empresa afirma que non tiña control sobre a súa filial.

Tamén durante a segunda guerra mundial comezou a investigar no eido da informática. En1944 rematou a construción doAutomatic Sequence Controlled Calculator -Calculadora Controlada de Secuencia Automática-, tamén coñecida comoMark I. O Mark I foi a primeira máquina capaz de executar cálculos complexos automaticamente, e estaba baseada eninterruptores electromecánicos.

En1952 IBM creou oIBM 701, o primeiro grande ordenador baseado enválvulas de baleiro, tecnoloxía que substituíu os interruptores electromecánicos. En1959 ostransistores comezaron a empregarse no canto das válvulas de baleiro. Un dos primeiros ordenadores de IBM baseados en transistores foi oIBM 7090. Até entón os ordenadores empregábanse en centros de investigación e institucións públicas. A mellora acadada coas válvulas e os transistores fixo que algunhas grandes empresas comenzaran tamén a empregalos.

O primeiro sistema de almacenamento informático baseado en disco, oRAMAC, e a linguaxe de programaciónFORTRAN foron creados por esta empresa en1957. O RAMAC é o predecesor dosdiscos duros actuais, e estaba formado internamente por cincuenta discos.

A comezos dos anos 60, IBM empezou a dedicarse soamente ao campo da informática, deixando a fabricación de equipos para traballar con tarxetas perforadas e demáquinas de escribir, que comezara a fabricar a mediados dos anos 30.

O7 de abril de1964 IBM lanzou oSystem/360, a primeiraarquitectura de ordenadores que permitía intercambiar os programas e periféricos entre os distintos compoñentes da arquitectura.

O éxito de IBM a mediados dos anos 60 fixo que a empresa fora investigada pormonopolio. Nun xuízo iniciado en1969 acusóuselle de tentar monopolizar o mercado de dispositivos electrónicos de propósito xeral, concretamente o mercado de ordenadores empresariais. O xuízo finalizou en1983 e fixo modificar as prácticas empresariais da compañía.

Durante a década dos 70 IBM creou novos dispositivos informáticos. En1971 inventou odisco flexible e pouco despois comezou a comercializar os predecesores dos actuais lectores de códigos de barras e caixeiros automáticos.

No ano1981 IBM creou oIBM PC, oordenador persoal de máis éxito de todos os tempos. Este éxito non era esperado por IBM, que creou o PC mercando compoñentes de gama baixa a outros fabricantes, algo que non fixera até ese momento. Ademais o sistema operativo do IBM PC non foi creado por IBM, senón que o mercou aMicrosoft.

Debido a que non estaba creado dende as orixes por IBM, non tardaron en aparece ordenadores compatibles co IBM PC pero fabricadas por outras empresas, e Microsoft comezou a crecer ao vender licenzas do sistema operativo a estes fabricantes.

O19 de xaneiro de1993 IBM anunciou unhas perdas de case oito mil millóns dedólares, o que foi a maior perda sufrida por unha empresa de toda a historia dosEstados Unidos. Parte desas perdas debéronse a que o IBM PC absorbeu gran parte do mercado de ordenadores máis potentes e que o fabricantes de versións compatibles tiñan unha cota de mercado cada vez maior. IBM iniciou entón unha transformación a unha empresa de servizos, reducindo a súa dependencia económica da venda dehardware. No ano2003, a metade dos ingresos da compañía proceden da rama de servizos, mentres que a venda de equipos supón aproximadamente o trinta por cento.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  IBM

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=IBM&oldid=7299542»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp