Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Hertz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hz»)
Hertz
Tipounidade do SI cun nome especial, unidade derivada de UCUM, unidade de frequência e unit of call intensity
Nomeado en referencia aHeinrich Rudolf Hertz
editar datos en Wikidata ]

Ohertz[1] (símboloHz), tamén chamadohercio,[2] é a unidade derivada doSI parafrecuencia, a cal é expresada en termos deoscilacións por segundo (s−1, 1/s).

A unidade é nomeada en homenaxe ao físicoalemánHeinrich Rudolf Hertz, que fixo algunhas importantes contribucións á ciencia no campo doelectromagnetismo.O nome foi establecido polaComisión Electrotécnica Internacional (IEC nas súas siglas inglesas) en 1930. Este foi adoptado polaConferencia Xeral de Pesos e Medidas (CGPM, Conférence générale des poids et mesures) en 1960, substituíndo o nome anterior deciclos por segundo (cps), así como os seus múltiplos relacionados, principalmente quilociclos por segundo (kc/s), megaciclos por segundo (Mc/s) e ocasionalmente quilomegaciclo por segundo (kMc/s) e xigaciclo por segundo (Gc/s).

Un hercio representa un ciclo por cadasegundo, entendendo ciclo como a repetición dun suceso. Por exemplo, o hercio aplícase nafísica para a medición da cantidade de veces por un segundo que se repite unhaonda (xa sexa sonora ou electromagnética), magnitude denominada frecuencia e que é, neste sentido, a inversa doperíodo. Un hercio é a frecuencia dunhapartícula puntual nun período dun segundo.

f=1T=Hz=s1=1s{\displaystyle f={\frac {1}{T}}=\mathrm {Hz=s^{-1}={\frac {1}{s}}} }

Por exemplo, aluzvermella ten unha frecuencia de preto de 4.6×1014 Hz.Aenerxía eléctrica, encorrente alterna, chega ao consumidor (fogar,industria) coa frecuencia de 50 Hz ou 60 Hz, dependendo do país ou rexión.

Múltiplos no Sistema Internacional

[editar |editar a fonte]
Símbolo/UnidadeFrecuencia
1quilohertzkHz103 Hz1 000 Hz
1megahertzMHz106 Hz1 000 000 Hz
1xigahertzGHz109 Hz1 000 000 000 Hz
1terahertzTHz1012 Hz1 000 000 000 000 Hz
1petahertzPHz1015 Hz1 000 000 000 000 000 Hz
1exahertzEHz1018 Hz1 000 000 000 000 000 000 Hz
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parahertz.
  2. "Hercio".Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 08/02/2018. 
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hertz&oldid=6341343»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp