As orixes dos hurritas son mal coñecidas. Parece que se trata dun pobo orixinario das rexións situadas ao sur doCáucaso, pertencente ao mesmo grupo que osurarteos. Aparecen na historia nos textos deEbla noséculoxxiv a.C., cando emigran cara ao sur, nas montañas situadas ao norte deMesopotamia, noKurdistán e noZagros, onde forman pequenos reinos. Constitúen temibles adversarios para os soberanos deAcad, e os da terceira dinastía deUr.
Durante a primeira metade dosegundo milenio antes da nosa era, os hurritas se expanden naSiria do Norte (atopámolos nos arquivos deMari). Tras a caída dos reinosamorritas, convértense na etnia dominante nesta rexión e os seus reinos afrontan o expansionismohitita noséculo XVI a.C.. Poderosos reinos hurritas aparecen daquela, comoKizzuwatna (enCilicia), pero sobre todoMitanni, que se situaba arredor do triángulo doKhabur enSiria do Norte. Este reino, dirixido orixinariamente por unha eliteindoeuropea, pero poboado maioritariamente por hurritas, estende o seu dominio sobre os seus veciños entre os séculosXVI eXV a.C., a Siria e aAsiria. Este expansionismo faino entrontarse sucesivamente cosexipcios, despois coshititas, e finalmente cos asirios que, tras liberárense do xugo mitanio, destrúen o reino definitivamente noséculo XIII a.C.. A derradeira dinastía do reino hitita, a deSuppiluliuma I, é con toda probabilidade de orixe hurrita, e, con todo, contribuíu fortemente ao debilitamento do reino de Mitanni.
A relixión hurrita é moi próxima ao fondo relixioso anatolio. O seu deus principal éTeshub, o deus da Tempestade, que ten comoparedro aHebat, e por fillo aSharruma. Outras divindades hurritas importantes eranKushukh, o Deus-Lúa,Shimegi, o Deus-Sol, eShaushka, a deusa do Amor. O panteón hurrita comprendía igualmente aHepit, o deus do Ceo,Kumarbi (a Natureza), ou mesmoAstabis (a Guerra) eIshara (a Escritura). A mitoloxía hurrita elaborou mitos como oCanto de Ullikumi, ou aTeogonía hurrita, afastado devanceiro daTeogonía deHesíodo.
Alingua hurrita é mal coñecida, pois só recentemente se puido mellorar a súa tradución grazas ao descubrimento de textos bilingües hurrita-hitita. O problema é que posuímos moi pouca cantidade de documentación en hurrita (escrita encuneiforme).