Nasir-ud-Din Muḥammad[1] (enpersa:نصیرالدین محمد, transliteradoNasīr-ad-Dīn Muhammad), máis coñecido polo seu nome de reinado,Humayun (enpersa:همایون, transliteradoHumāyūn), nado enCabul o6 de marzo de1508 e finado enDelhi o22 de febreiro de1556, foi o segundo emperador doImperio Mogol. Gobernou dende 1530 a 1540 un territorio que hoxe corresponde aAfganistán,Paquistán, e parte do norte daIndia. Era fillo deBabur, fundador do imperio. Do mesmo xeito que o seu pai, perdeu pronto o seu reino. Con todo, coa axuda doImperio persa, finalmente recuperou un imperio aínda máis grande. Ascendeu ao trono o30 de decembro de1530 a pesar da oposición dunha parte da nobreza. Foi o herdeiro dun imperio que o seu pai non tivo tempo de organizar.
Aproveitando a inestabilidade do imperio, minado polas intrigas da corte, osraxás sometidos polo seu pai rebeláronse. En 1531, Humayun levou o seu exército ante a fortaleza de Kalinjar, mais debido á escaseza de fondos da tesouraría imperial, aceptou o forte rescate que se lle ofreceu e levantou o sitio. Humayun púxose entón en marcha para someter osafgáns instalados enBihar aos que derrotou en 1532. En decembro dese mesmo ano logrou someter as tropas deSher Shah Suri.
Mentres tanto,Bahadur Shah anexionouse a zona de Malwa (correspondente a unha parte do actual estado deMadhya Pradesh e do Rakhastán). Bahadur fortificouse no forte de Chittor. Humayun tomou o forte e obrigou a Bahadur a fuxir. As tropas do imperio continuaron a súa marcha, tomando a fortaleza deMandu e as cidades deCambay eAhmedabad. Deixou o seu irmán Askari como gobernador da zona, mais este viuse incapaz de defender a rexión cando en 1536 Bahadur Shah a atacou.
Mentres Humayun continuaba coas súas campañas no oeste, Sher Shah reforzou a súa posición en Bihar e lanzouse á conquista deBengala. Humayun decidiu tentar recuperar Bengala en lugar de perseguir a Sher Shah. O 26 de xuño de 1539, as tropas mogois foron derrotadas polas afgás nabatalla de Chansa. Humayun viuse obrigado a fuxir ataAgra acompañado unicamente por algúns fieis seguidores. Perdeu unha nova batalla contra os afgáns enKannauj en 1540 o que o obrigou novamente a fuxir, esta vez cara aoPanxab e, posteriormente aSind. Foi alí, en Umarkot, onde naceu o seu fillo e herdeiro,Akbar, en 1542.
A fuxida de Humayun terminou enPersia onde oxa lle ofreceu tropas para que puidese recuperar o trono. En 1544, Humayun tomou as cidades deKandahar e Cabul, gobernada polo seu irmán Kamran, que a recuperou en 1546. Ao ano seguinte a cidade volveu ser tomada por Humayun. En 1549, Kamran apoderouse de Kandahar; Humayun recuperou a vila, cegou o seu irmán e enviouno áMeca como penitencia.
Trala morte accidental de Sher Shah durante o sitio deKalinjar (1545) o seu fillo,Islam Shah sucedeuno. Humayun estaba xa preparado para volver á India e recuperar o seu trono. En 1554, entrou enPeshawar; ao ano seguinte tomouLahore. Ese mesmo ano, a súa vitoria contra as tropas afgás nabatalla de Macchiwara consagrou a súa vitoria. En xullo de 1555, Humayun entrou finalmente enDelhi e recuperou o trono despois de 15 anos no exilio.
O segundo emperador dos mogois morreu en 1556 ao caer accidentalmente dende unha escaleira da súa biblioteca. A súa esposa, Hamida Begum, ordenou construír unmausoleo na súa honra.[2][3] Atumba de Humayun situada en Delhi está considerada dende 1993Patrimonio da Humanidade polaUNESCO. Trátase dunha das mellores mostras da arte mogol da India e está considerada a precursora en estilo doTaj Mahal deAgra.