Huawei Technologies Co. Ltd. (pronunciado /ˈhwɑːˌweɪ/) en (chinés simplificado: 華為技術有限公司,pinyin: Huáwei Jíshu Yǒuxiàn Gōngsī), ten a súa sede principal enShenzhen, Guangdong,República Popular da China, é o maior fabricante de equipamento de redes e telecomunicacións na China, e un dos líderes mundiais nestaindustria.
Foi fundada no ano1987 porRen Zhengfei exoficial do exército chinés, Huawei é unha empresa privada de altatecnoloxía propiedade dos traballadores e especializada enInvestigación e desenvolvemento (I+D), produción, mercadotecnia de equipamento de comunicacións e fornece solucións de redes personalizadas para operadoras das industrias das telecomunicacións de todo o mundo.
Case a metade dos seus 140 000 traballadores adícanse a labores de investigación e desenvolvemento de tecnoloxía. Ten 20 centros de I+D na China,Estados Unidos,Alemaña,Suecia,México,India eRusia.
Opera en máis de 140 países e con 45 dos 50 maiores operadores de telecomunicacións do mundo.
Huawei foi fundada por Ren Zhengfei en 1987, como distribuidor de produtosPBX importados, centrais telefónicas e servizos de telecomunicacións cun capital inicial de 24 000Yuans. En1989, Huawei comezou a desenvolver tecnoloxía propia PBX. Despois de acumular experiencia e recursos no negocio das centrais telefónicas, Huawei acadou o seu primeiro avance no mercado de telecomunicacións en1993, lanzando o seu C&C08switch dixital telefónico que tiña unha capacidade de máis de dez mil circuítos. Ata entón, as compañías de telecomunicacións domésticas chinesas non eran quen de construír switchs con tal capacidade.
Huawei ten boa parte do seu mercado na China. No estranxeiro foi gañando cota de mercado cos anos con acordos con outras empresas do sector e gañando contratos con gobernos e grandes operadores de telecomunicacións. A súa condición de empresa chinesa independente de empresas occidentais e a vinculación do seu fundador co exército chinés tense empregado para acusar á empresa de falta de transparencia e de empregar tecnoloxía non suficientemente segura. Nos Estados Unidos, Australia ou no Reino Unido foron suspendidos contratos ou vetado a súa participación en proxectos de telecomunicacións por motivos de seguridade nacional[1] ou para protexer empresas nacionais do sector.
A competencia acusa a Huawei de ser unha empresa con mal servizo postvenda ou directamente de non telo.
En xullo de2012 Huawei anunciou que estaba en negociacións conFicosa para instalar na antiga fábrica deSony enViladecavalls (Barcelona) o seu centro de reparacións europeo.[2]
A finais de2018, a filla do presidente é detida no Canadá por orde cursada dende os EEUU con acusación de fraude en relación coas sancións comerciais estadounidenses aIrán[3]. Neste momento, a pesar de dita acusación, a detención entrevese como un chanzo máis na guerra comercial entre os Estados Unidos e a China, neste caso polo dominio das comunicacións5G no que Huawei leva vantaxe ás compañías norteamericanas.[4]