Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Houston Rockets

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Houston Rockets
Houston Rockets logo
Houston Rockets logo
Información xeral
ConferenciaOeste
DivisiónSuroeste
Fundación1967
HistoriaSan Diego Rockets(1967–1971)
Cores                Vermello,prata
G LeagueRio Grande Valley Vipers
Retirados6 (22,23,24,34,45, CD)
Localización
CidadeTexasHouston,Texas
PavillónToyota Center
Capacidade18.055 espectadores
Inauguración6 de outubro de2006
Persoal
Propietario(s)Tilman Fertitta
DirectorRafael Stone
AdestradorStephen Silas
Títulos
Campión2 (1994, 1995)
Conferencia4 (1981, 1986, 1994, 1995)
División8 (1977, 1986, 1993, 1994, 2015, 2018, 2019, 2020)
rockets.com

OsHouston Rockets son un equipo debaloncesto profesionalestadounidense con sede enHouston,Texas. O equipo xoga naDivisión Suroeste daConferencia Oeste daNational Basketball Association (NBA). OS Rockets xogan os seus partidos como local noToyota Center, pavillón con capacidade para 18.055 espectadores situado no centro da cidade. A franquía, fundada en1967 como "San Diego Rockets", posúe dous títulos de campión da NBA e catro títulos da Conferencia Oeste.[1]

Na súa tempada de debut, os Rockets tan só gañaron 15 partidos, mais tras elixir na primeira posición doDraft da NBA de1969 aElvin Hayes, clasificáronse para os playoffs por primeira vez. Con todo, os Rockets non conseguiron finalizar unha temporada cun balance positivo de vitorias até a chegada deMoses Malone na temporada1977−78. Malone gañou douspremios MVP durante a súa estancia en Houston, liderando ao equipo ás Finais de Conferencia na súa primeira tempada en Houston. Ademais levou ao equipo ás Finais da NBA en1981, mais foron derrotados polosBoston Celtics en seis partidos.

En1984, os Rockets elixiron no Draft aopivoteHakeem Olajuwon, que xunto conRalph Sampson, formou uns dos xogaos interiores máis altos da competición. Os alcumados como "Twin Towers" (doinglés:Torres Xemelgas) lideraron ao equipo ás Finais de1986 no seu segundo ano, onde perderon de novo contra os Celtics. Nas seguintes tempadas continuaron clasificándose para os Playoffs, mais sen conseguir pasar da primeira rolda. En1994 conseguen chegar de novo ás Finais, e esta vez logran o seu primeiro título tras vencer a unNew York Knicks liderados porPatrick Ewing. Ao ano seguinte repetirían o éxito, esta vez vencendo aosOrlando Magic deShaquille O'Neal ePenny Hardaway. Noséculo XXI os Rockets contaron con estrelas comoYao Ming ouTracy McGrady, mais non volveron a facerse co campionato. Os Rockets son coñecidos actualmente polo uso da análise avanzada de estatísticas á hora de contratar xogadores e xogar.

Historia

[editar |editar a fonte]

Os San Diego Rockets

[editar |editar a fonte]
Elvin Hayes (1968–1972), elixido no primeiro posto do Draft de 1968 polos San Diego Rockets.

Os Rockets foron fundados na cidade deSan Diego (California) no ano1967 e, despois de ser comprados por Robert Breitbard por 1,75 millóns dedólares,[1] entraron naNBA como equipo de expansión na temporada1967−68. O nome do equipo, "Rockets", foi elixido foi por un dos lemas da cidade: "a city in motion" (doinglés:unha cidade en movemento), e porque a rama local de General Dynamics estaba a desenvolver o mísil Atlas.[1] Breitbard escolleu entón a Jack McMahon, entón adestrador dosCincinnaty Royals, para ocupar os postos de adestrador e director xeral. O novo equipo, que entraría na liga xunto cosSeattle SuperSonics, construíu un equipo con xogadores veteranos do Draft de expansión e con promesas universitarias, onde a primeira elección nun Draft dos Rockets foi foi o que anos máis tarde sería membro doBasketball Hall of Fame,Pat Riley. OS Rockets perderon 67 partidos na súa primeira temporada, o que naquel entón supuxo o maior número de derrotas dun equipo nunha campaña.[2]

En 1968, despois de que os Rockets gañasen un lanzamento de moeda aosBaltimore Bullets, conseguiron a primeira posición do Draft de 1968, onde seleccionaron aElvin Hayes da Universidade de Houston. Hayes liderou ao equipo cara á súa primeira aparición en Playoffs en 1969, caendo eliminados nas Semifinais daDivisión Oeste ante osSt. Louis Hawks por 4-2. No Draft de 1970, os Rockets elixiron aCalvin Murphy e aRudy Tomjanovich, posteriormente persoeiros chaves na historia franquía.

Adestrados por polo adestrador membro do Salón da FamaAlex Hannum, os Rockets conseguiron nos dous seguintes anos un récord 57–97, non aparecendo nos Playoffs en ningunha das dúas temporadas. Debido ás malas actuacións do equipo e á baixa asistencia ao pavillón, Breitbard tratou de vender a franquía. En1971, o grupo Texas Sports Investments, liderado polo axente inmobiliario Wayne Duddleston e o banqueiro Billy Goldberg, comprou o equipo por 5,6 millóns, trasladando o equipo aHouston. Así, os Rockets convertéronse na primeira franquía da historia da NBA do estado deTexas. O nome do equipo, os "Rockets", tomou máis significado coa mudanza debido á relación da cidade coa industria espacial.

Pavillón

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Toyota Center.
OToyota Center.

Durante os catro anos que permaneceron enSan Diego, os Rockets xogaron os seus partidos como local no San Diego Sports Arena, o cal tiña capacidade para 14.400 espectadores.[3] Tras trasladarse aHouston, o equiupo non dispoñía de ningún pavillón, polo que xogaron durante os dous primeiros anos en varias instalacións da cidade, incluíndo oAstrodome, o AstroHall, o Sam Houston Coliseum e o Hofheinz Pavilion, o cal sería adoptado a partir de1975 como o seu pavillón local. Alén destas instalacións, tamén xogaron partidos como "local" noutras cidades comoSan Antonio,Waco,Albuquerque ou incluso San Diego, coa intención de aumentar o seu número de seguidores. De feito, durante a súa primeira temporada os Rockets contaron cunha media inferior a 5.000 espectadores por partido e, no seu único partido en Waco, só houbo 759 espectadores.

O seu primeiro pavillón permanente en Houston foi o Hofheinz Pavilion, instalación con capacidade para 10.000 espectadores situada no campus da Universidade de Houston. Permaneceron nel durante catro temporadas antes de trasladarse a The Summit en1975. Este pavillón, que podía albergar 16.611 espectadores,[4] foi o fogar da franquía durante os seguintes 28 anos. O pavillón entre 1998 e 2003 recibiu o nome de Compaq Center por motivos de patrocinio. Despois do título de 1994, o pavillón rexistrou cheos totais durante 176 partidos consecutivos, incluíndo Playoffs, até 1999. Porén, durante as complicadas temporadas2000−01 e2001−02 os Rockets tiveron a peor media de asistencia da liga con menos de 12.000 espectadores por partido. Na temporada2003−04, os Rockets trasladáronse a un novo pavillón, oToyota Center, con capacidade para 18.500 espectadores. Durante a temporada2007−08, cando o equipo conseguiu unha serie de 22 vitorias consecutivas, a franquía conseguiu a mellor media de asistencia até a data con 17.379 espectadores por encontro. Estes números foron superados en2013 coa chegada deJames Harden ao equipo. De feitos, durante a temporada2013−14 a media de espectadores foi de 18.123, enchendo o pavillón en 39 de 41 partidos. Os números aínda melloraron máis durante a temporada2014−15 con 18.230 espectadores e 40 cheos.

PavillónLocalizaciónEstadoCapacidadePeríodo
San Diego Sports ArenaSan DiegoCaliforniaCalifornia14.40019671971
Hofheinz PavilionHoustonTexasTexas10.00019711975
The SummitHoustonTexasTexas16.61119752003
Toyota CenterHoustonTexasTexas18.0552003

Identidade

[editar |editar a fonte]

Uniforme e logo

[editar |editar a fonte]
Cluth, a mascota do Rockets.

Cando os Rockets debutaron enSan Diego as súas cores eran o verde e ouro. Nos uniformes de visitante figuraba o nome da cidade, mentres que os uniformes de local levaban o nome do equipo, ambos con letra serifa de imprenta. Este deseño foi o único que levou o equipo na súa estadía en terrascalifornianas. En canto ao logo, o primeiro da historia do club consistía nunfoguete atravesando un balón de baloncesto rodeado polo nome do equipo.[5] Ao mudarse aHouston en 1971, os Rockets substituíron o verde con vermello. Porén, o deseño foi o mesmo que o dos seus días en San Diego, salvo polo cambio de cor e o nome da cidade. O logo utilizado consistía nun xogador de baloncesto voando impulsado por un rastro de chamas vermellas e douradas coas palabras "Houston Rockets".[6]

Na temporada1972−73, os Rockets unha nova imaxe. Presentaron o seu famoso logotipo alcumado "mostaza e ketchup" polos seus seareiros, o cal consiste nun balón dourado no que se lee "Rockets" (en maiúsculas salvo o "E" e o "T"), rodeado por un bordo vermello coa palabra "Houston".[6] En canto aos uniformes, que utilizarían até a tempada1975−76, o de local era branco co nome da cidade, os números e o nome do xogador en vermello con remates dourados,[7] mentres que os uniformes visitantes, vermellos, contaban coa serigrafía dourada con remates brancos.

Uns anos despois, na temporada1976−77, volveron modificar os seus uniformes, os cales presentaban un aspecto máis monótono na tipografía, a cal pasaba ser completamente branca no uniforme visitante. Tamén notábel no novo deseño foi o uso da fonte Cooper Black no nome dos xogadores. No que respecta aos pantalóns, no local figuraba o logo do equipo situado na perna esquerda, mentres que no visitante, ademais do logo na perna dereita, figuraba o nome da franquía. Con algunhas pequenas modificación na tipografía dos números, esta versión do uniforme foi utilizada nas catro aparicións dos Rockets nas Finais da NBA, incluíndo os títulos de1994 e1995.[7]

Despois da consecución do título de 1995, os Rockets optaron por modernizar o seu aspecto. Após un concurso entre os seareiros con máis de 5.000 propostas, o equipo ficou coa idea de artista de Thomas Nash dun foguete orbitando unha bóla de baloncesto, a cal foi posteriormente reelaborada polo deseñador Chris Hill. Nash demandaría máis tarde ao equipo Rockets por incumprimento de contrato, tendo en conta que estaban a usar a súa idea despois de non ter pagado o premios do concurso. Alén diso, NBA suxeriu aos Rockets que lle desen ao logo un aspecto máis "cartoon" (de debuxos animados) tal e como estaban a facer outros equipos durante a década de 1990. Isto deu lugar a que o foguete pasase ter aspecto de quenlla. En canto ás cores, mantívose o vermello, máis o amarelo e o branco foron substituídos polo azul mariño e o gris. Ademais, tanto o uniforme local como o visitante contaban con franxas verticais e cunha rotulación futurista. Esta imaxe foi utilizada até a temporada2002−03.[7]

O actual logo e uniforme dos Rockets data da temporada2003−04, obra da axencianeoiorquina Alfafa Studio en asociación co deseñadorxaponés Eiko Ishioka. O logo consiste nun R estilizado con forma dun foguete durante a engalaxe, cunha liña vermella orbitando ao redor, a cal pode ser interpretada como o círculo central dunha pista de baloncesto. O mencionado R inspirou o resto da tipografía, deseñada para que cada carácter puidese ser perfectamente lido desde a distancia, sexa no pavillón ou pola televisión. En canto ás cores, o vermello volveu ser a cor predominante, co gris e o negro como cores secundarias. No ano2009 engadiuse un uniforme alternativo, o cal relembra os equipamentos dos dous títulos da NBA.

Local
Local
Visitante
Visitante
Alternativo
Alternativo

Mascota

[editar |editar a fonte]

A mascota dos Houston Rockets nos anos1980 chamábase Booster. De1993 a1995 a mascota foi Turbo, un home disfrazado que realizaba mates acrobáticos e outras manobras. En1995 debutou como segunda mascota "Clutch the Bear" (doinglés:o oso Cluth), un grande oso de peluche que realiza toda unha variedade de actos durante os partidos. Despois de oito anos con dúas mascotas, o actor que interpretaba a Turbo se retirou, facendo de Clutch a única mascota do equipo.[8]

Rivalidades

[editar |editar a fonte]

Os Rockets desenvolveron moitas rivalidades dentro daConferencia Oeste desde o regreso á mesma en1980. Dúas das grandes rivalidades son interestatais, cosSan Antonio Spurs, que regresaron desde aConferencia Leste no mesmo ano que os de Houston, e osDallas Mavericks, que entraron na liga ese mesmo ano. Nos Playoffs polo título, os Rockets enfrontouse contra cada un dos outros equipostexanos en tres ocasións, sempre superando aos deSan Antonio e perdendo dúas veces cos deDallas. Outras rivalidades coñecidas son a que manteñen cosLakers, equipo que na era doShowtime só se perdeu unhas Finais da NBA debido a caer ante os Rockets, e osUtah Jazz, aos que gañaron nos anos dos seus títulos, mais que non conseguiron vencer noutras cinco ocasións.

Temporadas

[editar |editar a fonte]

Nota: As estatísticas están actualizadas até a temporada2014−15.

Campións da NBACampións de ConferenciaCampións de DivisiónEn posición de Playoffs
TemporadaConferenciaPostoDivisiónPostoVD%VPDPlayoffsPremios
San Diego Rockets
1967−68Oeste1567.18341
1968−69Oeste3745.46118Perdidas Semifinais de Divisón (Hawks) 4–2
1969−70Oeste2755.32921
1970−71OestePacífico4042.4888
Houston Rockets
1971−72OestePacífico3448.41535
1972−73LesteCentral3349.40219
1973−74LesteCentral3250.39015
1974−75LesteCentral4141.50019Gañada Primeira Rolda (Knicks) 2–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (Celtics) 4–1
1975−76LesteCentral4042.4889
1976−77LesteCentral4933.598Gañadas Semifinais de Conferencia (Bullets) 4–2
Perdidas Finais de Conferencia (76ers) 4–2
Tom Nissalke(COY)
1977−78LesteCentral2854.34124
1978−79LesteCentral4735.5731Perdida Primeira Rolda (Hawks) 2–0Moses Malone(MVP)
1979−80LesteCentral4141.5009Gañada Primeira Rolda (Spurs) 2–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (Celtics) 4–0
1980−81OesteMedio Oeste4042.48812Gañada Primeira Rolda (Lakers) 2–1
Gañadas Semifinais de Conferencia (Spurs) 4–3
Gañadas Finais de Conferencia (Kings) 4–1
Perdidas Finais da NBA (Celtics) 4–2
1981−82OesteMedio Oeste4636.5612Perdida Primeira Rolda (SuperSonics) 2–1Moses Malone(MVP)
1982−83Oeste12ºMedio Oeste1468.17139
1983−84Oeste12ºMedio Oeste2953.35416Ralph Sampson(ROY)
1984−85OesteMedio Oeste4834.5854Perdida Primeira Rolda (Jazz) 3–2Ralph Sampson(AMVP)
1985−86OesteMedio Oeste5131.622Gañada Primeira Rolda (Kings) 3–0
Gañadas Semifinais de Conferencia (Nuggets) 4–2
Gañadas Finais de Conferencia (Lakers) 4–1
Perdidas Finais da NBA (Celtics) 4–2
1986−87OesteMedio Oeste4240.51213Gañada Primeira Rolda (Trail Blazers) 3–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (SuperSonics) 4–2
1987−88OesteMedio Oeste4636.5618Perdida Primeira Rolda (Mavericks) 3–1
1988−89OesteMedio Oeste4537.5496Perdida Primeira Rolda (SuperSonics) 3–1
1989−90OesteMedio Oeste4141.50015Perdida Primeira Rolda (Lakers) 3–1
1990−91OesteMedio Oeste5230.6343Perdidas Primeira Rolda (Lakers) 3–0Don Chaney(COY)
1991−92OesteMedio Oeste4240.51213
1992−93OesteMedio Oeste5527.671Gañada Primeira Rolda (Clippers) 3–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (SuperSonics) 4–3
Hakeem Olajuwon(DPOY)
1993−94OesteMedio Oeste5824.707Gañada Primeira Rolda (Trail Blazers) 3–1
Gañadas Semifinais de Conferencia (Suns) 4–3
Gañadas Finais de Conferencia (Jazz) 4–1
Gañadas Finais da NBA (Knicks) 4–3
Hakeem Olajuwon
(MVP,FMVP,DPOY)
1994−95OesteMedio Oeste4735.57315Gañada Primeira Rolda (Jazz) 3–2
Gañadas Semifinais de Conferencia (Suns) 4–3
Gañadas Finais de Conferencia (Spurs) 4–2
Gañadas Finais da NBA (Magic) 4–0
Hakeem Olajuwon(FMVP)
1995−96OesteMedio Oeste4834.58511Gañada Primeira Rolda (Lakers) 3–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (SuperSonics) 4–0
1996−97OesteMedio Oeste5725.6957Gañada Primeira Rolda (Timberwolves) 3–0
Gañadas Semifinais de Conferencia (SuperSonics) 4–3
Perdidas Finais de Conferencia (Jazz) 4–2
1997−98OesteMedio Oeste4141.50021Perdida Primeira Rolda (Jazz) 3–2
1998−99OesteMedio Oeste3119.6206Perdida Primeira Rolda (Lakers) 3–1
1999−00Oeste11ºMedio Oeste3448.41521Steve Francis(ROY)
2000−01OesteMedio Oeste4537.54913
2001−02Oeste11ºMedio Oeste2854.34130
2002−03OesteMedio Oeste4339.52417
2003−04OesteMedio Oeste4537.54913Perdida Primeira Rolda (Lakers) 4–1
2004−05OesteSuroeste5131.6228Perdida Primeira Rolda (Mavericks) 4–3
2005−06Oeste12ºSuroeste3448.41529
2006−07OesteSuroeste5230.63415Perdida Primeira Rolda (Jazz) 4–3
2007−08OesteSuroeste5527.6711Perdida Primeira Rolda (Jazz) 4–2
2008−09OesteSuroeste5329.6461Gañada Primeira Rolda (Trail Blazers) 4–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–3
2009−10OesteSuroeste4240.51213Aaron Brooks(MIP)
2010−11OesteSuroeste4339.52418
2011−12OesteSuroeste3432.51516
2012−13OesteSuroeste4537.54915Perdida Primeira Rolda (Thunder) 4–2
2013−14OesteSuroeste5428.6598Perdida Primeira Rolda (Trail Blazers) 4–2
2014−15OesteSuroeste5626.683Gañada Primeira Rolda (Mavericks) 4–1
Gañadas Semifinais de Conferencia (Clippers) 4–3
Perdidas Finais de Conferencia (Warriors) 4–1

Rexistro histórico

[editar |editar a fonte]
EstatísticaVitoriasDerrotas% vitorias
San Diego Rockets en Temporada Regular (1968–1971)119209.363
Houston Rockets en Temporada Regular (1971–presente)1.8921.668.531
Total en Temporada Regular (1968–2014)2.0111.877.517
San Diego Rockets en Playoffs (1969)24.333
Houston Rockets en Playoffs (1975–presente)126133.483
Total en Playoffs (1969–presente)128137.483
Total en Temporada Regular e Playoffs2.1392.014.515

Xogadores

[editar |editar a fonte]

Cadro actual

[editar |editar a fonte]
Houston Rockets 2023–2024
XogadoresAdestradores
Pos.#Nac.NomeAlturaPesoProcedencia
5.0 !P12 !Adams, Steven2.11m (6 ft 11 in)120kg (265 lb)Pittsburgh
2.5 !E/A9 !Brooks, Dillon1.98m (6 ft 6 in)102kg (225 lb)Oregon
3.5 !A/AP25 !Bullock, Reggie1.98m (6 ft 6 in)93kg (205 lb)North Carolina
3.5 !A/AP17 !Eason, Tari2.03m (6 ft 8 in)98kg (215 lb)LSU
1.5 !B/E4 !Green, Jalen1.98m (6 ft 6 in)82kg (180 lb)Prolific Prep (CA)
3.5 !A/AP32 !Green, Jeff2.03m (6 ft 8 in)107kg (235 lb)Georgetown
2.5 !E/A14 !Hinton, Nate1.96m (6 ft 5 in)95kg (210 lb)Houston
1.5 !B/E0 !Holiday, Aaron1.83m (6 ft 0 in)84kg (185 lb)UCLA
5.0 !P2Australia !AustraliaLandale, Jock2.11m (6 ft 11 in)116kg (255 lb)Saint Mary's
5.0 !P51 !Marjanović, Boban2.24m (7 ft 4 in)132kg (290 lb)Serbia
3.5 !A/AP00 !Samuels, Jermaine1.98m (6 ft 6 in)104kg (230 lb)Villanova
5.0 !P28 !Şengün, Alperen2.11m (6 ft 11 in)110kg (243 lb)Turquía
3.5 !A/AP10 !Smith, Jabari Jr.2.11m (6 ft 11 in)100kg (220 lb)Auburn
3.5 !A/AP8 !Tate, Jae'Sean1.93m (6 ft 4 in)104kg (230 lb)Ohio State
2.5 !E/A1 !Thompson, Amen2.01m (6 ft 7 in)91kg (200 lb)Pine Crest (FL)
1.5 !B/E5 !VanVleet, Fred1.83m (6 ft 0 in)89kg (197 lb)Wichita State
3.5 !A/AP7 !Whitmore, Cam2.01m (6 ft 7 in)104kg (230 lb)Villanova
2.5 !E/A19 !Williams, Nate1.96m (6 ft 5 in)93kg (205 lb)Buffalo
Adestrador
Asistente(s)
  • Josh Bostic
  • Will Dunn
  • Cam Hodges
  • Royal Ivey

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  • Mancado Mancado

Cadro
Actualizado:25-02-2024

Líderes históricos

[editar |editar a fonte]

Negra indica que ao xogador segue en activo na franquía.Cursiva indica que ao xogador segue en activo, mais non na franquía.

Puntos anotados (temporada regular) (a finais da temporada2014−15)[9]

  1. Hakeem Olajuwon (26.511)
  2. Calvin Murphy (17.949)
  3. Rudy Tomjanovich (13.383)
  4. Elvin Hayes (11.762)
  5. Moses Malone (11.119)
  6. Yao Ming (9.247)
  7. Robert Reid (8.823)
  8. Mike Newlin (8.480)
  9. Otis Thorpe (8.177)
  10. Cuttino Mobley (7.448)
  11. Steve Francis (7.281)
  12. Tracy McGrady (6.888)
  13. Allen Leavell (6.684)
  14. James Harden (6.091)
  15. Vernon Maxwell (6.002)
  16. Ralph Sampson (5.995)
  17. Kenny Smith (5.910)
  18. Luis Scola (5.597)
  19. Rodney McCray (5.059)
  20. Sleepy Floyd (5.030)
  21. Stu Lantz (4.947)
  22. Lewis Lloyd (4.384)
  23. Clyde Drexler (4.155)
  24. Buck Johnson (4.139)
  25. John Block (4.138)
  26. Don Kojis (4.037)
  27. John Lucas II (3.756)
  28. Kevin Kunnert (3.550)
  29. Aaron Brooks (3.465)
  30. Rafer Alston (3.370)

Outras estatísticas (temporada regular) (a finais da temporada2014−15)[10]

Minutos xogados

  1. Hakeem Olajuwon (42.844)
  2. Calvin Murphy (30.607)
  3. Rudy Tomjanovich (25.714)
  4. Robert Reid (21.718)
  5. Elvin Hayes (20.782)

Rebotes

  1. Hakeem Olajuwon (13.382)
  2. Elvin Hayes (6.974)
  3. Moses Malone (6.959)
  4. Rudy Tomjanovich (6.198)
  5. Otis Thorpe (5.010)

Asistencias

  1. Calvin Murphy (4.402)
  2. Allen Leavell (3.339)
  3. Hakeem Olajuwon (2.992)
  4. Mike Newlin (2.581)
  5. Kenny Smith (2.457)

Roubos

  1. Hakeem Olajuwon (2.088)
  2. Calvin Murphy (1.165)
  3. Allen Leavell (929)
  4. Robert Reid (881)
  5. Steve Francis (619)

Tapóns

  1. Hakeem Olajuwon (3.740)
  2. Yao Ming (920)
  3. Moses Malone (758)
  4. Ralph Sampson (585)
  5. Kelvin Cato (431)

Basketball Hall of Fame

[editar |editar a fonte]
Membros do Basketball Hall of Fame dos Houston Rockets
Xogadores
NomePosiciónPeríodoAno de ingreso
2
4
Rick BarryA1978–801987
11
44
Elvin HayesP1968–72
1981–84
1990
23Calvin MurphyB1970–831993
24Moses MaloneP1976–822001
22Clyde Drexler1E1995–982004
4Charles Barkley2AP1996–002006
34Hakeem OlajuwonP1984–012008
33Scottie Pippen3A1998–992010
50Ralph SampsonP1983–872012
55Dikembe MutomboP2004–092015
Adestradores
NomePosiciónPeríodoAno de ingreso
Alex HannumAdestr.1969–711998
Tex WinterAdestr.1971–732011
Notas:

Dorsais retirados

[editar |editar a fonte]
Dorsais retirados polos Houston Rockets
XogadorPosiciónPeríodoData de retiro do Nº
Clyde DrexlerE1995–983 de febreiro de 2000
Calvin MurphyB1970–8317 de marzo de 1984
Moses MaloneP1976–8219 de abril de 1998
Hakeem OlajuwonP1984–019 de novembro de 2002
Rudy TomjanovichA1970–8128 de xaneiro de 1982
Carroll Dawson1979–0716 de abril de 2007

Galardóns individuais

[editar |editar a fonte]

MVP da Tempada da NBA

MVP das Finais

Xogador Defensivo do Ano

Sexto Home do Ano

Rookie do Ano

Primeiro equipo All-NBA

Segundo equipo All-NBA

Terceiro equipo All-NBA

Primeiro equipo defensivo

Segundo equipo defensivo

Primeiro Equipo All-Rookie

Segundo Equipo All-Rookie

Participacións no All-Star Weekend

[editar |editar a fonte]

All-Star

Adestrador do All-Star Game da NBA

MVP do All-Star Game da NBA

Campión do Concurso de Triplas

Campión do Concurso de Habilidades

Adestradores

[editar |editar a fonte]
Rudy Tomjanovich.
#NomeAnosTempada regularPlayoffsLogros
PVD%PVD%
San Diego Rockets
1
Jack McMahon
19681970
190
61
129
.321
6
2
4
.333
2
Alex Hannum
1970–1971
138
58
80
.420
Houston Rockets
3
Tex Winter
19711973
129
51
78
.395
4
Johnny Egan
19731976
281
129
152
.459
8
3
5
.375
5
Tom Nissalke
19761979
246
124
122
.504
14
6
8
.429
Adestrador do Ano da NBA (1976–77)
6
Del Harris
19791983
328
141
187
.430
31
15
16
.484
7
Bill Fitch
19831988
410
216
194
.527
39
21
18
.538
Incluído nos10 mellores adestradores da historia da NBA
8
Don Chaney
19881992
298
164
134
.550
11
2
9
.182
Adestrador do Ano da NBA (1990–91)
9
Rudy Tomjanovich
19922003
900
503
397
.559
90
51
39
.567
Dous títulos da NBA (1994,1995)
10
Jeff Van Gundy
20032007
328
182
146
.555
19
7
12
.368
11
Rick Adelman
20072011
328
193
135
.588
19
9
10
.474
Cuarta xeira de vitorias máis longa da historia da NBA
12
Kevin McHale
20112015
323
193
130
.598
29
13
16
.448
13
J. B. Bickerstaff
2015
0
0
0
.000

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,2"Owners, fans waited years before Rockets took off".Chron(en inglés). 16 de setembro de 2001. Consultado o 12 de novembro de 2015. 
  2. "A Roundup Of The Sports Information Of The Week".Sports Illustrated(en inglés). 25 de marzo de 1968. Arquivado dendeo orixinal o 30 de outubro de 2013. Consultado o 12 de novembro de 2015. 
  3. Varga, George (9 de setembro de 2008)."Arm of entertainment giant taking over at Sports Arena".The San Diego Union-Tribune(en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  4. Horton, Marianne (2005)."Lakewood Church Set to Open Doors".H Texas(en inglés). Archived from the original on 09 de outubro de 2007. Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  5. Creamer, Chris."San Diego Rockets Logos".Sports Logos(en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2015. 
  6. 6,06,1Creamer, Chris."Houston Rockets Logos".Sports Logos(en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2015. 
  7. 7,07,17,2"Going Retro: Houston Rockets".NBA.com(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 19 de novembro de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2015. 
  8. Hlavaty, Craig (16 de agosto de 2010)."Mascoty School: How To Entertain, and What About Having To Pee?".Houston Press(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 12 de novembro de 2015. 
  9. "Rockets: Players".Basketball Reference(en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dendeo orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 7 de novembro de 2015. 
  10. "Houston Rockets Career Leaders".Basketball Reference(en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dendeo orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Eventos anuais:Draft · Liga de Verán  · All-Star Weekend(Partido · MVP) · Playoffs · Finais(MVP)
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Houston_Rockets&oldid=7243387»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp