Muhammad Hosni Said Mubarak (árabe : محمد حسنى سيد مبارك) coñecido comoHosni Mubarak, nado enKafr-El Meselha (Monufia) o4 de maio de1928 e finado o25 de febreiro de2020,[1][2] foi un políticoexipcio. Foi presidente do seu país desde o14 de outubro de1981, 8 días despois do asasinato deAnwar el-Sadat,[3] ata o 11 de febreiro de2011 momento no que se viu obrigado a deixar o poder logo que dende o25 de xaneiro de 2011 se sucederan protestas populares para esixir un cambio no país doNilo.[4][5] Mubarak foi internado o12 de abril tras sufrir unha crise cardíaca durante un interrogatorio.[6] O día13 de abril de2011 foi ordenada a súa detención canda a dos seus fillos Alaa e Gamal, co fin de indagar nos posibles delitos que se lles imputan.[7] O día2 de xuño de2012 foi condenado acadea perpetua pola represión das protestas durante aPrimavera árabe, na que morreron máis de 800 persoas.[8]
Era tamén Secretario Xeral doMovemento de Países Non Aliñados desde o 16 de xullo de 2009 substituíndo aRaúl Castro.
Terminados os seus estudos de secundaria, ingresou na Academia Militar Exipcia obtendo o título en Ciencias Militares aos 20 anos de idade. En 1950 ingresou na academia da Forza Aérea, recibindo instrución tamén en Frunze, a actualBixkek, capital deKirguizistán, entón república daUnión Soviética, obtendo o título de piloto de combate. Ascendeu rapidamente e en 1964 foi nomeado representante da delegación militar exipcia na Unión Soviética.
En 1967 convértese en Xefe da Forza Aérea Exipcia, sendo responsable dalgúns dos combates que se suceden no permanente conflito conIsrael. En 1973 participa activamente nos preparativos e desenvolvemento daGuerra do Yom Kippur.
Gobernou enExipto durante 30 anos con man férrea baixo ungoberno corrupto. Celebrou durante o seu mandato catro procesos electorais, fortemente manipulados. Así mesmo, privou o pobo exipcio de liberdades básicas. Este e outros feitos precipitou o inicio das protestas na súa contra. Foron necesarias máis de 300 mortes violentas nun intento do goberno de Mubarak de conter as revoltas. A saída do poder de Mubarak propiciou que o exército tomase as rendas. En 18 días de protestas pacíficas, salpicadas de violencia por parte das forzas represivas, Mubarak foi derrocado do poder políticoexipcio.