Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Horus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde marzo de 2016.)
Horus no seu templo deEdfu

Horus "o elevado", deus celeste e deus curador namitoloxía exipcia. Consideróuselle iniciador da civilización exipcia.

Nome exipcio:Hor. Nome grego:Horos. Deidade grega:Apolo Febo. Nome latino:Horus.

Iconografía

[editar |editar a fonte]

É representado comofalcón, ou home con cabeza de falcón, coacoroa Dobre. Tamén como un Sol con ás de falcón sobre portas e nas salas dos templos; e con forma leonina como Harmajis. O símbolo xeroglífico do falcón sobre unha percha empregouse desde épocas predinásticas para representar a idea de deus.

Historia

[editar |editar a fonte]

Horus é un deus moi antigo, xa coñecido naépoca predinástica. Era un deus vinculado á realeza que tutelaba aos monarcas tinitas, cuxo centro de culto eraHieracómpolis. Dende oImperio Antigo, o rei é a manifestación de Horus na terra, aínda que ao morrer converterase nunOsiris, e formará parte do deus creadorRa. Durante oImperio Novo asocióuselle ao deus Ra, como Ra-Horajti.

Mitoloxía

[editar |editar a fonte]

Horus, fillo deOsiris, ao chegar á maioría de idade, axudado polosShemsu Hor loitou contraSeth para recuperar o trono do seu pai, asasinado por Seth. Seth quedou como o deus doAlto Exipto e Horus doBaixo Exipto. Posteriormente Horus foi deus de todo Exipto, mentres que Seth era deus do deserto e dos pobos estranxeiros. Representa a loita entre a fertilidade do val doNilo (Osiris) e a aridez do deserto (Seth).

Máis adiante deixou o goberno aos reis míticos, denominadosShemsu Hor, segundo a tradición.

Comodeus solar, Horus defende a barca de Ra, coa axuda de Seth, contra a gran serpeApofis. Ademais é o protector de Osiris no inframundo exipcio, ouDuat. Durante oxuízo de Osiris, segundo oLibro dos Mortos, é o mediador entre o morto e Osiris.

Sincretismo

[editar |editar a fonte]

O seu culto adaptouse ao mito deOsiris nun intento de sincretismo relixioso, sendo moitos os deuses que se encarnaron e fusionaron con Horus en diversas localidades exipcias.

Horus aparecía en moitas formas, sendo representado como:

Símbolo solar:

  • Harmajis,Hor em ajet "Horus no horizonte", Sol nacente asociado conJepri.
  • Hor jenti jet, Sol da mañá.
  • Haractes,Horajti "Horus do horizonte", fusionado con Ra.
    • Hor Iabti, "Horus de oriente", semellante a Haractes.

Horus neno:

  • Harsiese,Heru sa Ast, novo, o fillo deIsis eOsiris.
  • Harsomtus,Hor Samtauy, renacido de Hator, como fillo deHator e Horus enEdfú.
  • Harpa,Har pa Ra, deus solar deCoptos.
  • Ihy, asimilado a Harsomtus e Harpócrates.
  • Panebtauy, como fillo de Haroeris.
  • Harpócrates,Hor pa jard, que asimilou a Harsiese e Harsomtus.
Imaxe de Horus neno. Período tardío

Horus maior:

  • Haroeris,Her Ur, "Horus o vello", irmán de Osiris eSeth. Supremo deus doAlto Exipto. Os seus diversos aspectos eran:
    • Horus Behedety,Hor Behutet, venerado en Edfu.
    • Horjenti-Irti,Hor ur jent ar ti, o "Señor dos seus ollos".
    • Hor Semsu, fillo deNut, ou de Osiris e Isis.
    • Hor Marti.
  • Harendotes,Hor Nedy Her Atef, "o vengador do seu pai".
    • Hartomes,Hor tema a, outra forma de Harendotes.
  • Hor nejeny, venerado en Nejen.
  • Horpanebtauy, "Horus, Señor das dúas Terras".

Tamén como:

  • Hor duat, Horus daDuat, "Señor das estrelas circumpolares".
  • Hor imy shenut, "O que está en Shenuet".
  • Hor hery uadyef, o "Señor dos espíritos de Pe (Buto)".
  • Horus Iunmutef, sacerdote nos ritos funerarios.

Ademais foi asociado a dous planetas, como:

Culto

[editar |editar a fonte]
Templo de Horus en Edfu

Coñecido desde aépoca predinástica, é probable que o seu culto tivese orixe nodelta do Nilo aínda que foi venerado en todo Exipto con importantes templos enEdfu,Hieracómpolis eLetópolis. EnBubastis eMenfis, adorado comoHor Hekenu, identificado conNefertum. EnButo e Mesén, comoHor neb mesen, similar aHor Behedety. Nas zonas limítrofes con Libia, comoHor Tehenu. EnLetópolis, comoHor menu.

O seu culto estendeuse poloMediterráneo, comoHarpócrates, vinculado á súa nai a deusaIsis.

Epítetos

[editar |editar a fonte]

Tivo os títulos de "o afastado", "o elevado", o "Señor das estrelas circumpolares".

Nomes teóforos

[editar |editar a fonte]

Desde a época predinástica incluíron o seu nome a maioría dos faraóns, formando parte do seu titulatura comonome de Horus enome de Hor-Nub.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Horus&oldid=6982707»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp