Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Home peixe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ohome peixe é un ser damitoloxía galega que cruza a diario as correntes dorío Miño por ondaLugo, montado nunha arca e vestido cun gorro vermello na cabeza. Crese que ten relación cosxacios ou os xenios de auga e comparten con eles algunhas características.[1]

O párroco deVilar de Ortelle (enPantón, Lugo) escribiu en1929 que oshomes peixe eran xacios e xacias do Miño, e recolleu dos vellos deSernande (outro lugar de Pantón) xuraban telos vistos no porto.

Noutras culturas

[editar |editar a fonte]

Os homes peixe teñen parentesco costritóns da mitoloxía clásica, osmer-menbritánicos (que son de mar), osmerrowsirlandeses (de dentes verdes e os brazos curtos como aletas), osneckersneerlandeses, osdaione-maraescoceses, oshavman escandinavos e osnökke nórdicos (de sombreiro verde).

Homes mariños

[editar |editar a fonte]
Furna de Osmo, en Corme

Existen tamén unshomes mariños que son similares ós anteriores pero que viven no mar. De cando en vez suben a terra e violan as mulleres, que dan a luz uns meniños coma humanos pero con escamas e unha evidente tendencia a ir ás augas. Contan os mariñeiros deCorme (enPonteceso, A Coruña) que hai covas ou furnas, como as de Osmo ou a da Anca (esta enSada), nas que se poden escoitar tristes lamentos. Din que ninguén se debe achegar a elas porque podería perder a alma.

Cuba engade que o mesmísimoPadre Feijoo (noséculo XVIII) admitía a existencia desta caste de homes, de río e mariños; e recolle queJerónimo del Hoyo escribira noséculo XVII que nas praias daCoruña se viron estes seres, a modo de peixes con figura humana, espiñas negras e delgadas na cabeza, peito e costas e as mans e os pés un pouco tortos de tanto nadar. Tanto asemellaban ser un home que houbo quen, pensando que se trataba dun afogado ó velo flotando na auga, quixo subilo a bordo, pero o corpo mergullouse ó achegarse a el. Crían os mariñeiros que a súa presenza agoiraba abundancia desardiña. E contaban que algún destes seres intentou subirse a algún barco, aínda que volveu a mergullarse ó ver os xestos de medo que mostraban os tripulantes.Pérez Constanti non creu nesta identificación e aseguraba que se trataba defocas comúns ou algún tipo de peixe.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Cuba, Miranda e Reigosa 2022, p. 135.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Historia mítica de Galicia
Deuses
Reis e heroes
Estatua de Breogán, de Xosé Cid, preto da torre de Hércules.
Razas míticas
Personaxes lendarios
Personaxes
aparentemente humanos
Animais
Alicorno · Balea xigante de San Cibrao · Basilisco · Becerra con cans · Biosbardo · Boi Bruón · Boi de Sandomedio · Boi Louro · Bois de Gures · Boi Vidal · Butre · Cabalo da fiaña · Cabalo da luz · Cabalo do pensamento · Cabalo do vento · Cabalo pantasma · Cabra con pernas de muller · Cabra do aire · Cabra que fala · Cacharreira · Cadela peregrina · Can branco · Cancérbero · Can doente · Caranguexo coa pinza de ouro · Carbunco · Chasco · Cobra con ás · Cobra de sete cabezas · Coca · Cozocha · Cozorello · Dragón · Formigas de Belén · Galiña dos pitos de ouro · Galiña dos ovos de ouro · Galo negro · Gata branca · Gatipedro · Gran besta · Home lagarto · Home vaca · Loberno · Lobo branco · Malvís · Monstro da lagoa · Paxaro do demo · Pega negra · Princesa ra · Princesiña troita · Príncipe carneiro · Raposa do aire · Saavedra · Serpe do bosque de Cons · Serpe mariña · Serpe negra · Serpe xigante do Castelo · Urco · Vákner · Zarrouco
Seres relacionados
coa morte
Lugares
Eventos
Fontes
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Home_peixe&oldid=6925666»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp