| Hole | |||||
|---|---|---|---|---|---|
Instancia de | |||||
Xénero | |||||
Composto por Leslie Hardybaixista(1992 - 1993) Eric Erlandson(1989 - 2002) Jill Emerybaixista(1989 - 1992) Courtney Love | |||||
Selo discográfico | |||||
| Obra | |||||
Discografía | |||||
| Datas | |||||
Inicio de actividade | |||||
Fin de actividade | |||||
Data de fundación | |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
Páxina WEB | |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
Hole foi unha banda derock alternativoestadounidense liderada porCourtney Love (a viúva do líder deNirvana,Kurt Cobain), formada nosÁnxeles por Love e o guitarristaEric Erlandson en1989. O grupo desfíxose no ano2002, pero en2009 Love reformou a banda sen ningún dos membros anteriores, editando no2010 o seu último álbum ata a data,Nobody's Daughter. En2012 Hole volvería a disolverse e Love actúa dende entón como artista en solitario.
Hole formouna nos ÁnxelesCourtney Love, que decidiu formar a súa propia banda despois de estar por pouco tempo noutras bandas comoFaith No More eSugar Doll (ao lado deKat Bjelland, que formaríaBabes in Toyland). Courntey puxo un anuncio nos clasificados do xornal de músicaFlipside and The Recycler dos Ánxeles, que dicía sinxelamente: "Quero formar unha banda. As miñas influencias sonBig Black,Sonic Youth eFleetwood Mac".[1]
Courtney estaba impaciente, e mentres agardaba respostas ao seu anuncio, ela mercou obaixo da súa veciña Lisa e as dúas comezaron a practicar xuntas. A primeira persoa en responder ao anuncio foiEric Erlandson, guitarrista de 27 anos que traballaba na Capitol Records.
Lisa saíu da banda e máis tarde foi substituída por Jill Emery no baixo. Eles finalmente atoparon unha batería, Caroline Rue e a partir de entón pasaron a ensaiar con percusión. O único que faltaba era un nome para a banda.
Nun principio, Courtney tivo a idea de chamar á súa bandaSweet Baby Crystal Powered By God, pero desistiu xa que o nome Hole veu á súa cabeza.
O acabado de nacer Hole fixo o seu primeiro concerto enHollywood, e posteriormente comezou a tocar en bares e clubs nos Ánxeles. O primeiro sinxelo independente foiRetard Girl, lanzado en marzo de1990 e non pasou moito para que a banda asinase un contrato co selo independente Caroline Records.
Despois do lanzamento do seu primeiro sinxelo, Hole fixo unha pequena xira polosEstados Unidos, tocando en bares e pequenos clubs, antes de volver ao estudio para gravar o seu primeiro álbum.Pretty on the Inside foi lanzado en setembro de1991, co seu son punk pouco convencional e moi barullento.
O álbum recibiu críticas moi positivas nos Estados Unidos, e o tema "Teenage Whore" foi escollido sinxelo da semana pola revistaSpin.Pretty on the Inside tamén estivo presente na lista dos 20 mellores álbums da influente revista británica Melody Maker e "Teenage Whore" entrou no top 20 da lista de sinxelos inglesa.
En outubro de 1991 Courtney iniciou a súa polémica relación con Kurt Cobain, e en novembro Hole iniciou unha xira porEuropa. Nesa época Courtney comezou a escribir letras para ser usadas no segundo álbum da banda. Nese tempo a banda múdase aSeattle.
Despois de casar con Kurt, en febreiro de1992, Courtney volveu a concentrarse na súa banda e a escribir máis letras. Emery e Caroline deciden deixar Hole e son substituídas porPatty Schemel nabatería e, por un curto período, Leslie Hardy no baixo, que só estivo nuns poucos concertos. Eles chegaron a convidar á baixistaKristen Pfaff que na época non estaba disposta a deixar a súa banda, Janitor Joe.
Hole chamou a atención de moitasdiscográficas grandes e acabaron asinando coa Geffen. Nesa época, a revistaVanity Fair escribiu un escandaloso artigo, literalmente culpando a Courtney do uso de heroína por parte de Kurt Cobain, e de que ela a consumise estando embarazada, algo que Courntey e o propio Kurt negaron. A filla de ambos, Frances Bean Cobain naceu o8 de agosto de 1992 coa saúde perfecta. O xulgado de menores dos Ánxeles quitoulles a custodia da nena, para despois recuperala en setembro do mesmo ano. Ese incidente xerou a letra "Who took my baby? .. It's not yours... FUCK YOU!" que aparecerá no seguinte álbum de Hole.
En marzo de1993, Hole tocou nun festival especial enLondres, só para mulleres. Nese momento a banda estaba lista para retornar ao estudio para gravar o seu segundo álbum, e novamente convidaron a Kristen Pfaff para integrar a banda e, desa vez, ela aceptou a invitación. As gravacións comezaron en xullo, na cidade deAtlanta.
Os meses entre as gravacións deLive Through This e o seu lanzamento foron extremadamente difíciles para Courtney. Kurt Cobain estaba sumido nunha fonda depresión, o seu problema de estómago deixábao aínda máis debilitado, ao mesmo tempo no que a súa adicción á heroína era cada vez máis serio. Á parte diso, el mercara varias armas de fogo.
A principios de febreiro de1994, o álbum oportunamente tituladoLive Through This estaba finalizado e con data de lanzamento prevista para abril. Antes do seu lanzamento, o álbum foi aclamado polos críticos das revistasSpin eRolling Stone, que recibiran copias promocionais. Nese intre, Kurt Cobain estaba enRoma, de xira conNirvana e Courtney estaba alí acompañándoo. Kurt tivo unha sobredose de champaña mesturado con tranquilizantes e durante o traxecto da ambulancia, Courtney agrediu a un paparazzi.
De volta aSeattle, o estado de saúde de Kurt continuaba deteriorándose e o8 de abril de 1994 foi atopado morto dun disparo na cabeza no soto da súa casa en Seattle. Dúas semanas despoisLive Through This foi lanzado.
Live Through This recibiu críticas positivas de revistas musicais de todo o mundo, pero a xira que a banda tiña preparada polos Estados Unidos foi cancelada. O13 de xuño Hole reuniuse para decidir que facer. Os integrantes deciden non acabar coa banda, pero acordan tomarse un tempo. Kristen Pfaff volveu aMinneapolis (Minnesota) para tocar coa súa antiga banda e morreu o día15 de xuño de 1994 por sobredose de heroína, sendo atopada porEric Erlandson no día seguinte.
Despois da morte de Kristen, Courtney, Eric e Patty deciden buscar unha nova baixista e acaban decidíndose porMelissa Auf der Maur, unha canadense que tocaba nunha banda chamada Tinker. Melissa foi recomendada porBilly Corgan deThe Smashing Pumpkins.
Hole retomou a súa carreira en agosto, tocando no Reading Festival enInglaterra. En setembro, a banda tocou de abreconcertos nalgúns concertos deNine Inch Nails, que estaba na xira do álbumDownward Spiral.
A finais de 1994, a banda participa na banda sonora da películaTank Girl, que incluía cancións deVeruca Salt e deBjörk. Hole contrubuíu co tema "Drown Soda", gravada en directo na radio BBC. En xaneiro de1995, a banda viaxou aAustralia para tocar no festival Big Day Out.
Aínda en 1995, Courtney participou nalgunhas películas, incluíndo pequenos papeis enFelling Minnesota eBasquiat. No mesmo ano, Hole fixo unha pequena xira por Europa e participou no festival Lollaplooza. Durante este festival, Courtney agrediu aKathleen Hanna, da bandaBikini Kill, que fixera comentarios sobre Frances. Courtney conseguiu un novo papel na películaThe People Vs. Larry Flynt, desta vez era un papel importante como Althea Flynt, esposa de Larry Flynt, da revistaHustler. En setembro, a antiga discográfica de Hole, Caroline Records, lanzou un EP chamadoAsk For It que contiña cancións antigas e presentacións na BBC. No mesmo mes, a banda tocou "Violet" no MTV Video Music Awards. Nesa época o álbumLive Through This chega a un millón de copias vendidas nos Estados Unidos.
A banda pasou un tempo enNova Orleáns en decembro de 1995 para comezar a compoñer material para o seu terceiro álbum e deixou a cidade pouco antes do Nadal.The People Vs. Larry Flynt estreouse en1996 e Courtney foi aclamada pola crítica pola súa actuación, gañando un Globo de Ouro.
En1996 a banda gravou e publicou unha versión do tema deFleetwood Mac "Gold Dust Woman" para a banda sonora da películaThe Crow: City of Angels (1996),[2] sendo a primeira canción de estudio en contar conMelissa Auf der Maur no baixo.
En1997 a banda reuniuse conBilly Corgan para compoñer material para o seu terceiro álbum,Celebrity Skin. Mentres o novo álbum non era lanzado, Caroline Records lanzou un novo recompilatorio de caras-b e rarezas,My Body The Hand Grenade. En1998, Courtney participou nunha nova película,200 Cigarettes, e o lanzamento deCelebrity Skin acabou atrasándose varias veces, sendo editado en setembro. O son do álbum é máis virado ao pop, un pouco máis traballado en oposición ás melodías furiosas e crúas deLive Through This. O lanzamento do álbum estivo cheo de controversias ao estar o nome da bateríaPatty Schemel nos créditos do álbum, pero ausente nas fotos promocionais, nas entrevistas e nos vídeos de "Celebrity Skin" e "Malibu". Algúns meses máis tarde foi confirmado quePatty Schemel oficialmente estaba fóra da banda, aínda que as razóns nunca foron especificadas.
Hole fixo unha xira porAustralia eNova Zelandia en1999, contando cunha nova batería,Samantha Maloney, e participou do festival Big Day Out. En febreiro a banda inicia unha nova xira polos Estados Unidos ao lado de Marylin Manson, pero acaba saíndose da xira meses despois, alegando "diferenzas de produción".
A finais de 1999, Courtney Love participou na películaMan On The Moon ao lado deJim Carrey e a banda anunciou que xa estaba comezando a compoñer material para o novo álbum, sen a presenza da baixista Melissa Auf der Maur, que deixou a banda para ingresar en The Smashing Pumpkins.
Pero o futuro de Hole tornouse incerto un ano despois cando, descontenta co trato recibido pola Geffen despois da súa fusión coa Universal, Courtney Love decidiu abandonar a discográfica. O resultado foi unha batalla xurídica que dura ata hoxe, debido a que Hole tiña un contrato coa Geffen para lanzar cinco álbums. O argumento de Courtney era que unha lei doEstado de California garante a calquera traballador o dereito de romper un contrato despois dun prazo de sete anos (Hole asinara coa Geffen en1992).
Mentres non se ditase sentenza, Courtney Love eEric Erlandson estaban impedidos de lanzar calquera material novo baixo o nome de Hole. A partir de aí, Courtney partiu cara a unha cruzada polos dereitos dos artistas, organizando conferencias e defendendo a idea en discursos e entrevistas. Hole tamén puxo varios MP3s de material raro gratuitamente na súa páxina web.
Coa imposibilidade de seguir adiante con Hole, Courtney comezou a traballar noutros proxectos. En2001 anunciou a formación dunha nova banda de punk rock, Bastard. Segundo Courtney, o son de Bastard sería unha mestura entreLed Zeppelin eAC/DC. Definida a formación,Louise Post (Veruca Salt) naguitarra, a ex-baixista de Rockit Girl Gina Crosley ePatty Schemel (vella compañeira de Courtney en Hole) na batería, a banda comezou a ensaiar para un futuro álbum que sería lanzado pola Epitaph. En apenas algúns ensaios Bastard disolveuse. Discusións internas levaron a Louise Post e Gina Crosley a desistir do proxecto.

O17 de xuño do2009 a revistaNME editou unhas entrevistas con Courtney Love anunciando a reunión de Hole. Principalmente o artigo centrábase no próximo traballo en solitario de Love,Nobody's Daughter, aínda que reivindicaba que esa música só podía saír cun nome, co de Hole. Finalmente Love reformou a banda sen ningún dos membros anteriores, que foron substituídos porMicko Larkin na guitarra, Stu Fisher na batería e Shawn Dailey no baixo.
Hole lanzou unha nova páxina web e perfís en varias redes sociais o1 de xaneiro de 2010, e actuou no programaFriday Night with Jonathan Ross no mes de febreiro. O 17 de febreiro tocou no O2 Shepherds Bush Empire, conLittle Fish como abreconcertos. O16 de marzo publicouse o primeiro sinxelo de Hole en 10 anos, titulado "Skinny Little Bitch"; que chegou ao número 29 na listaBillboard Rock Chart e ao 21 daAlternative Singleschart.[3]
Nobody's Daughter foi editado o26 de abril de 2010 a través do seloMercury Records, e foi recibido moderadamente ben polos críticos musicais.[4]Rolling Stone deulle ao álbum tres estrelas de cinco, pero destacou "[mentres que Love] foi un absoluto monstro das voces nos anos 90, a mellor época para os cantantes de rock ... ela non ten xa esa potencia nos seus pulmóns, apenas un rastro. Pero polo menos o recorda, e iso xa significa algo". A revista tamén se refería ao álbum como "non un verdadeiro éxito", pero un "esforzo nobre".[5] A voz de Love, que se volvera notablemente máis rasposa (debido a anos de cantar berrando, o abuso das drogas e ao tabaco) comparouse coa deBob Dylan.[6]NME puntou ao disco cun 6 sobre 10, eRobert Christgau cualificouno como un "A-".[7] Para promocionar o lanzamento Hole xirou extensamente entre 2010 e 2012, tocando enAmérica do Norte eEuropa,[8] ademais de tocar enRusia[9] e oBrasil.[10]
O 28 de marzo de 2011 Love,Erlandson,Patty Schemel eAuf der Maur apareceron na proxección enNova York do documental de SchemelHit So Hard: The Life and Near-Death Story of Patty Schemel noMuseo de Arte Moderna.[11] Foi a primeira vez en trece anos na que os catro membros aparecían xuntos en público. Schemel expresara o seu desexo de gravar con Love, Erlandson e Auf der Maur dicindo "non se discutiu nada, pero teño un presentimento".[11] Tras a proxección os catro estiveron nunha sesión de preguntas e respostas onde Love dixo: "Para min, así como adoro tocar con Patty e gustaríame tocar con ela agora mesmo, e con todos no escenario: se non avanza, non quero facelo. Esa é a miña posición. Hai rumores, sempre hai rumores. Pero só se non é miserable e vai cara adiante e estou contenta con iso".[12]
En maio de 2011 filmouse un vídeo musical para "Samantha" enIstanbul, aínda que non se lanzou oficialmente.[13] No mes de setembro dese ano Scott Lipps uniuse á banda, substituíndo ao batería Stu Fisher. En abril de 2012, Love, Erlandson, Auf der Maur e Schemel reuníronse no Public Assembly de Nova York para tocar dúas cancións, "Miss World" e "Over the Edge" deWipers, nunha festa polo documentalHit So Hard.[14] A actuación marcou a primeira vez que os catro membros tocaban xuntos dende 1998.[15]
O29 de decembro de 2012 Love realizou un concerto acústico en solitario en Nova York, e en xaneiro de 2013 actuou noFestival de Cinema de Sundance baixo o seu propio nome.[16] Love reservou actuacións por América do Norte como artista en solitario, con Larkin, o baixista Shawn Dailey, e Lipps como banda de apoio.[17]
| Álbum | Ano | Selo | Observacións |
|---|---|---|---|
| Pretty on the Inside | 1991 | Caroline | |
| Live Through This | 1994 | Geffen | |
| My Body, the Hand Grenade | 1997 | Caroline | Recompilatorio |
| Celebrity Skin | 1998 | Geffen | |
| Nobody's Daughter | 2010 | Universal |
| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Ask for It | 1995 | Caroline Records |
| The First Session | 1997 | Sympathy for the Record Industry |
| Awful: Australian Tour EP | 1999 | Geffen Records |