O termo provén de «historiógrafo», e este dogrego ἱστοριογράφος(historiográfos), de ἱστορία(historía) e -γράφος(gráfos), da raíz de γράφειν (gráfein: ‘escribir’). Significa ‘o que escribe (ou describe) a Historia’.
Manuel Murguía, un dos renovadores da historiografía galega.
Se a historia é unhaciencia cuxo obxecto de estudo é o pasado da humanidade, cuestión en que a maioría, pero non todos os historiadores concordan (VéxaseHistoria#Historia como ciencia); tense que someter aométodo científico, que aínda que non poida aplicárselle en todos os extremos dasciencias experimentais, si pode facelo a un nivel equiparable ás chamadasciencias sociais.
Un terceiro concepto confluente á hora de definir a historia como fonte decoñecemento é a «teoría da historia», que pode chamarse tamén «historioloxía» (termo acuñado porJosé Ortega y Gasset).[1]
O seu papel é estudar «a estrutura, leis e condicións da realidade histórica», mentres que a «historiografía» é orelato mesmo da historia, aarte de escribila
É imposible acabar coapolisemia e a superposición destes tres termos, pero simplificando ao máximo pódese definir:
Afilosofía da historia é a rama dafilosofía que concirne ao significado da historia humana, se é que o ten. Especula un posible finteleolóxico do seu desenvolvemento, ou sexa, pregunta se hai un deseño, propósito, principio director ou finalidade no proceso da historia humana. Non debe confundirse cos tres conceptos anteriores, dos que se separa claramente. Se o seu obxecto é averdade ou odeber ser, se a historia écíclica ou lineal, ou existe a idea deprogreso nela, son materias alleas á historia e a historiografía propiamente ditas, que trata esta disciplina.
Un enfoque intelectual que tampouco contribúe moito a entender a ciencia histórica como tal é a subordinación do punto de vista filosófico á historicidade, considerando toda a realidade como o produto dun devir histórico: ese sería o lugar dohistoricismo, corrente filosófica que pode estenderse a outras ciencias, como aXeografía.
Unha vez despexada a cuestión só nominal, queda para a historiografía, xa que logo, aanálise da historia escrita, as descricións do pasado; especificamente dos enfoques nanarración,interpretacións, visións de mundo, uso dasevidencias oudocumentación e métodos de presentación poloshistoriadores; e tamén o estudo destes mesmos, á vezmateria eobxectos da ciencia.
A historiografía, máis sinxelamente, é o xeito en que a historia se escribiu. Nun sentido amplo, a historiografía refírese ámetodoloxía e ás prácticas da escritura da historia. Nun sentido máis específico, refírese a escribir sobre a historia en si.
É importante distinguir a materia prima do traballo dos historiadores (fonte primaria) dos produtos semielaborados ou terminados (fonte secundaria e atafonte terciaria). Igualmente denotar a diferenza entre fonte e documento e o estudo dasfontes documentais: a súa clasificación, prelación e tipoloxía (escritas, orais, arqueolóxicas); o seu tratamento (reunión, crítica, contraste), e o manter o respecto debido ás fontes, fundamentalmente coa súacita fiel. Aorixinalidade do traballo dos historiadores é un asunto delicado.
Historiografía é equivalente a cada parte da produción historiográfica, ou sexa: ao conxunto de escritos doshistoriadores acerca dun tema ou período histórico concreto. Por exemplo, a frase «é moi escasa a historiografía sobre avida cotiá noXapón naera Meiji» quere dicir que hai poucos libros escritos sobre tal cuestión porque ata o momento non recibiu atención por parte dos historiadores, non porque o seu obxecto de estudo sexa pouco relevante ou porque haxa poucasfontes documentais que proporcionen documentación histórica para facelo.[2]Con respecto á difusión e publicidade da produción historiográfica, sería bo que cumprise os mesmos requisitos a que se someten as demais publicacións científicas (verpublicación).
Tamén utilizase o vocábulo historiografía para falar do conxunto dehistoriadores dunha nación, por exemplo, en frases semellantes a esta: «A historiografía española abriu os seus brazos e os seus arquivos desde os anos 1930 aoshispanistas franceses e anglosaxóns, que renovaron a súa metodoloxía».
É necesario diferenciar os dous termos usados máis arriba: «produción historiográfica» e «documentación histórica», aínda que en moitos casos coincida que os historiadores utilizan como documentación histórica precisamente a produción historiográfica anterior.
Por exemplo: ademais dun conxunto dedocumentosarquivísticos daCasa de Contratación deSevilla que se produciron quizais só para levar unhacontabilidade,[3] ou dalgún materialarqueolóxico que se ache nunha escavación noPerú (e que se depositou sen intención de que ninguén o atopase), un historiadoramericanista terá que utilizar aBrevísima relación de la destrución de las Indias, que foi escrita porBartolomé de las Casas cun afán histórico indubidable, ademais de cun propósito da defensa duninterese ou o seu propio punto de vista.[4]Con iso último vese outra característica da historia que é pecularizada como ciencia: ningún historiador, por moiobxectivo que pretenda ser, é alleo aos seus propios intereses,ideoloxía oumentalidade nin pode subtraerse ao seu punto de vista particular. Como moito pode intentar aintersubxetividade, é dicir, ter en conta a existencia de múltiples puntos de vista. Para o caso que nos serve de exemplo, contrastar as fontes de Bartolomé de las Casas coas demais voces que se oíron naXunta de Valladolid, entre as que destacou a do seu rivalJuan Ginés de Sepúlveda, ou ata coa chamada «visión dos vencidos»,[5] que raramente se conserva, pero ás veces si, como ocorre coaNova Crónica e Bo Goberno do incaGuaman Poma de Ayala[6]
A reflexión sobre a posibilidade ou imposibilidade dun enfoque obxectivo leva á necesidade de superar a oposición entreobxectividade (a dunha inexistente ciencia "pura" que non se contamine co científico) esubxectividade (implicada nos intereses, ideoloxía e limitacións deste) co concepto deintersubxectividade, que obriga a considerar a tarefa do historiador, como a de calquera científico, como un produto social, inseparable do resto dacultura humana, en diálogo cos demais historiadores e coa sociedade enteira.
Historiografía e perspectiva: o obxecto da historia
A historia non ten máis remedio que seguir a tendencia áespecialización que ten calquera disciplina científica. O coñecemento de toda arealidade é epistemoloxicamente imposible, aínda que o esforzo dun coñecementotransversal,humanístico, de todas as partes da historia, é exixible a quen verdadeiramente queira ter unha visión correcta do pasado.
Así pois a historia debe segmentarse non só porque o punto de vista do historiador estea contaminado de subxectividade e ideoloxía, como viramos, senón porque necesariamente debe optar por un punto de vista, do mesmo xeito que uncientífico, se quere observar o seuobxecto, debe optar por utilizar un telescopio ou un microscopio (ou, de forma menos groseira, que tipo de lente vai aplicar). Co punto de vista determínase a selección da parte da realidade histórica que se toma como obxecto, e que sen dúbida dará tanta información sobre o obxecto estudado como sobre as motivacións do historiador que estuda. Esa visión tendenciosa pode ser inconsciente ou consciente, asumida con máis ou menos cinismo polo historiador, e é distinta para cada época, para cada nacionalidade, relixión, clase ou ámbito no que o historiador queira situarse.
A inevitable perda que supón a segmentación, compénsase coa confianza en que outros historiadores farán outras seleccións, sempre tendenciosas, que deben complementarse. A pretensión de conseguir unha perspectivaholística, como pretende ahistoria total ou ahistoria das civilizacións, non substitúe a necesidade de todas e cada unha das perspectivas parciais.
Os cortes temporais van desde as periodizacións clásicasPrehistoria,Historia,Idade Antiga,Idade Media,Idade Moderna ouIdade Contemporánea, ata as historias por séculos, reinados etc. A periodización clásica (ver a súa xustificación en «División do tempo histórico») é discutible tanto pola necesidade de períodos de transición e solapamentos, como por non representar períodos coincidentes para todos os países do mundo (polo que foi acusada deeurocéntrica).
O punto de vista eurocéntrico: pertúrbanos un mapa «boca abaixo»?
Osanais foron unha das orixes da fixación damemoria dos feitos históricos en moitas culturas (véxase no seu artigo e máis abaixo enHistoriografía de Roma). Ascrónicas (que xa no seu nome indican a intención da tendencia temporal) son usadas como reflexo dos acontecementos notables dun período, habitualmente un reinado (véxase no seu artigo e máis abaixo enHistoriografía da Idade Media eHistoriografía española medieval e moderna). Aarcontoloxía sería a limitación do rexistro histórico á lista de nomes que ocupaban determinados cargos de importancia ordenados cronoloxicamente. De feito, a mesmacronoloxía,disciplina auxiliar da historia, nace en moitas civilizacións asociada ao cómputo do tempo pasado que se fixa na memoria escrita polos nomes dos maxistrados, como ocorría enRoma, onde era máis corrente citar unano por ser o doscónsuis tal e cal. NoAntigo Exipto, a datación do tempo fíxose por anos (Pedra de Palermo), anos, meses e días de reinado dofaraón (Canon Real de Turín), oudinastías (Manetón). É moi significativo que nas culturas non históricas, que non fixan mediante a escritura a memoria do seu pasado, é moi frecuente non exporse a duración concreta do tempo pasado máis aló duns poucos anos, que poden ser ata menos que os que dura unha vida humana.[7]Todo o que ocorre fóra diso sería «fai moito tempo», ou en «tempo dosantepasados», que pasa a ser un tempomítico, ahistórico.[8]
O tratamento cronolóxico é o máis usado pola maior parte dos historiadores, pois é o que corresponde á narración convencional, e o que permite enlazar as causas pasadas cos efectos no presente ou futuro. No entanto, emprégase de distinto xeito: por exemplo, o historiador sempre ten que optar por un tratamentosincrónico oudiacrónico do seu estudo dos feitos, aínda que moitas veces fan sucesivamente un e outro.
O tratamentodiacrónico estuda a evolución temporal dun feito, por exemplo: estudaría a formación da clase obreira en Inglaterra ao longo dos séculos XVIII e XIX
O tratamentosincrónico fíxase nas diferenzas que o feito histórico estudado ten ao mesmo tempo pero en diferentes planos, por exemplo: compararía a situación da clase obreira en Francia e Inglaterra na conxuntura da revolución de 1848 (ambos os exemplos están tomados deE. P. Thompson)[9]
Períodos ou momentos especialmente atractivos para os historiadores terminan converténdose, pola intensidade do debate e o volume da produción, en verdadeiras especialidades, como a historia daguerra civil española, a historia daRevolución francesa, asoviética ou aamericana.
Para o caso do período prehistórico, a radical diferenza defontes e método (así como a división burocrática dascátedras universitarias) fana ser unha ciencia moi distante da que fan os historiadores, sobre todo cando tales fontes e método se prolongan, dando primacía ao uso dasfontes arqueolóxicas e o estudo da cultura material en períodos para os que xa haifontes escritas, falándose entón non daPrehistoria, senón propiamente daarqueoloxía coas súas propias periodizaciónsarqueoloxía clásica,arqueoloxía medieval, ataarqueoloxía industrial. Menor diferenza pode acharse co uso dasfontes orais no que se coñece co nome dehistoria oral. No entanto, hai que recordar o xa devandito corte temporais sobre a primacía das fontes escritas e o que estas determinan a ciencia historiográfica e a propia conciencia da historia no seu protagonista -que é toda a humanidade-.
Como ahistoria continental,historia nacional,historia rexional. O papel da historia nacional na definición das propias nacións é innegable. Pode tamén verse, neste mesmo artigo (historia da historia), como se agrupan separadamente os historiadores por nacionalidade, ademais de por época ou tendencia.
Axeografía dispón de conceptos non máis potentes pero si menos arbitrarios, que permitiron edificar a prestixiosa rama daxeografía rexional. Ahistoria local é sen dúbida a de máis fácil xustificación e validez universal, sempre que supere o nivel da simpleerudición (que polo menos sempre servirá comofonte primaria para obras de maior ambición explicativa).
Un xeito de preguntarse cal é oobxecto da historia é elixir que merece ser conservado namemoria, cales son os feitos memorables. O son todos, ou o son só os que cada historiador considera transcendentais? Na lista anterior temos as respostas que cada un pode dar.
Algunhas destas denominacións encerran non unha simple parcelación, senón visións metodolóxicas opostas ou diverxentes, que se multiplicaron no último medio século. A historia é hoxe máis plural que nunca antes, escindida en multitude de especialidades, tan fragmentada que moitas das súas ramas non se comunican entre elas, sen versuxeito ninobxecto común:
amicrohistoria, que se interesa na especificidade dos fenómenos sociais desde unha perspectiva que foi comparada coa lupa de aumento;
ahistoria da vida cotiá, que desde unha selección similar do obxecto, abre despois o campo de visión buscando a xeneralización;
A fragmentación do obxecto histórico pode inducir, nalgunhas ocasións, a unha limitación moi forzada da perspectiva historiográfica. Levada a un extremo, pódese reducir a historia á ciencia auxiliar da que se serve para atopar explicación aos feitos do pasado, como aeconomía, ademografía, asocioloxía, aantropoloxía, aecoloxía.
Noutras ocasións, a limitación do campo de estudo produce realmente unxénero historiográfico:
Pode sinalarse que haixéneros historiográficos que participan da historia pero poden chegar a afastarse máis ou menos dela: un extremo ocuparíano os terreos daficción que ocupa anovela histórica, cuxo valor desigual non lle resta importancia. Outro extremo ocuparíano aBiografía e un xénero anexo, sistemático e extraordinariamente útil para a historia xeral como é aProsopografía. Vinculada coa historia desde o comezo do rexistro escrito, unha das principais preocupacións á hora de fixar os datos foi o que hoxe chamamosArcontoloxía (listas de reis e dirixentes).
Dun xeito máis declarado, ascorrentes historiográficas adoitan explicitar a súa metodoloxía de forma combativa, como oProvidencialismo de orixecristián (non hai que esquecer, que ademais da tradición historiográfica grega deHeródoto ouTucídides, a orixe da nosa historiografía é ahistoria sacra), ou oMaterialismo histórico de orixemarxista (que triunfou nos ambientes intelectuais e universitarios europeo e americano a mediados doséculo XX, quedando adormentado polo menos desde a caída domuro de Berlín).[10]
Ás veces o etiquetado das correntes é obra dos seus detractores, co que os historiadores nelas encasillados poden ou non estar conformes co xeito en que quedan definidos. Tal cousa podería dicirse do mesmo providencialismo, pero sería máis propio para correntes máis modernas, como opositivismo burgués, ahistoria evenemencial (dos acontecementos) etc.
Interpretar a historiografía como parte do ambiente intelectual da época en que xorde é sempre necesario. Toda produción cultural é dependente do modelo cultural existente, chámese a isto a moda, do estilo ou o paradigma dominante en arte ou filosofía; e é evidente que o rexistro da historia é unha produción cultural. Adeconstrución, opensamento débil ou aposmodernidade, conceptos de finais do século XX, foron a incubadora da presente deconstrución da historia, que para algúns só é unha narración.[11]Un bo xeito de distinguir a interpretación da historia que ten unha corrente historiográfica é preguntarse a que se considera suxeito histórico ou quen é o protagonista verdadeiro da historia.
Grupos de historiadores que comparten metodoloxía (e se autopromocionan conxuntamente co potente mecanismopublicación-cita) xorden ás veces ao redor de revistas, como a francesa Escola deAnnales (ver neste mesmo artigo), a inglesaPast and Present ou a italianaQuaderni Storici; grupos de investigación ou as propias cátedras universitarias, que son a cúspide da reprodución daselites historiográficas, a través doclientelismo e o recoñecemento entrepares (peer review).
A aparición da historia é equivalente á da escritura, pero a conciencia de estudar o pasado ou de deixar para o futuro un rexistro da memoria é unha elaboración máis complexa que as anotacións dos templossumerios.[12]Os ronseis e relevos conmemorativos das batallas enMesopotamia eExipto xa son algo máis aproximado.
O resto das civilizacións asiáticas alcanzan a escritura e a historia ao seu propio ritmo, compilan as súasfontes teolóxicas en forma de libros sacros -en ocasións con partes históricas (aBiblia hebrea) ou sofisticacións cronolóxicas (osVedas hindús)-, rexistran os seus propiosAnnales e finalmente a súa propia historiografía, particularmente a chinesa,[13] que ten o seuHeródoto enSima Qian (Memorias históricas,109 a.C. -91 a.C.) e alcanzou unha definición clásica de historia tipificada, oficial, coLibro dosHan deBan Gu (século I), que fixou un modelo repetido sucesivamente polos historiadores dos períodos seguintes en vinte e cinco "historias tipificadas", ata 1928, en que apareceu a última de tan monumental serie.[14]NaAmérica precolombiana, fóra dacivilización maia non hai textos de ningún modo comparables. Tanto nese caso como no daÁfrica subsahariana, as fontes orais foron tradicionalmente prioritarias. Son moi recentes (segunda metade do século XX) os intentos de construír unhahistoriografía africana.[15] Aínda así hai algúns casos excepcionais, como as bibliotecas de manuscritos deTombuctu, conectadas con viaxeiros e conquistadoresmagrebíes, algúns de orixeandalusí comoLeón o Africano, coñecido autor deHistoria e descrición de África e das extraordinarias cousas que contén (1526).[16]
No entanto, o desenvolvemento e variedade que alcanzou a historiografía naCivilización Occidental é dun nivel distinto a todas elas.
Os primeiros cronistas gregos, que se interesaron sobre todo nosmitos de orixe (oslogógrafos), practicaban xa o recitado de acontecementos. A súa narración podía apoiarse en escritos, como era o caso deHecateo de Mileto (segunda metade do século VI a.C.). No século V a.C.,Heródoto de Halicarnaso diferénciase deles pola súa vontade de distinguir o verdadeiro do falso; por iso realiza a súa "investigación" (etimoloxicamente: "historia"). Unha xeración despois, conTucídides, esta preocupación transfórmase en espírito crítico, fundado sobre a confrontación de diversas fontes orais e escritas. A súaHistoria da guerra do Peloponeso pode ser vista como a primeira verdadeira obra historiográfica.
No século II a.C.,Polibio, no seuPragmateia (traducido tamén como "Historia"), tratando quizais de escribir unha obra de xeografía, aborda a cuestión da sucesión dos réximes políticos para explicar como o seu mundo entrou na órbita romana. É o primeiro en buscar causas intrínsecas ao desenvolvemento da historia máis que evocar principios externos. Nesas alturas doperíodo helenístico, aBiblioteca e oMuseo de Alexandría representaban o cume do afán grego por preservar a memoria do pasado, o que implica a súa valoración como ferramenta útil para o presente e o futuro.
Acivilización romana dispón, a semellanza dos gregosHomero eHesiodo, demitos de orixe que recolleuVirxilio poetizados naEneida como un elemento do programa ideolóxico deseñado porAugusto. Tamén polo menos desde aRepública, mantivo un coidado especial pola recompilación de feitos enAnnales, alexislación escrita e os arquivos vinculados ao sagrado dos templos. Ata asguerras púnicas a recompilación dos principais sucesos acaecidos estaba a cargo dos pontífices, en forma de crónicas anuais.
A primeira obra histórica completa latina éAs Orixes deCatón (século III a. C.).
O contacto de Roma comundo mediterráneo, primeiroCartago, e sobre todoGrecia,Exipto eOriente foi fundamental para ampliar a visión e utilidade do seu xénero histórico. Os historiadores (sexan romanos ou gregos) acompañarán nas campañas militares aos exércitos, co declarado fin de preservar a súa memoria á posteridade, recompilar información de utilidade e xustificar as súas accións. A lingua culta, ogrego, utilizarase para este xénero á vez que a máis sobrialatina.
Salustio, o Tucídides romano, escribeDe Coniuratione Catilinae (a Conxuración deCatilina, da que é contemporáneo, 63 a.C.). Realiza un relato extenso das causas afastadas da conxuración, así como da ambicións de Catilina, retratado como un nobre dexenerado e sen escrúpulos. EnBellum Ingurthinum (guerra deIugurta rei dos númidas, 111 a.C. a 105 a.C.), denuncia un escándalo colonial.Historiae era a súa obra máis ambiciosa e madura, conservada parcialmente, que abarcaba en cinco libros os doce anos transcorridos desde a morte deSila no 78 a.C. ata o 67 a.C. Non é a precisión histórica o que lle interesa, senón a narración duns feitos coas súas causas e consecuencias, así como a posibilidade de esclarecer o desenvolvemento do proceso da dexeneración en que a República se viu inmersa. Á parte do individuo, o obxecto da súa observación céntrase nasclases sociais e as faccións políticas: idealiza un pasado virtuoso, e detecta un proceso de decadencia que atribúe aos vicios morais, á discordia social e ao abuso do poder por parte das distintas faccións políticas.
Xulio César co seuCommentarii Rerum Gestarum, acerca de dúas das máis grandes accións bélicas que levou a cabo: aguerra das Galias (58 a.C.-52 a.C.)(De Bello Gallico) e a guerra civil (49 a.C.-48 a.C.)(De Belo Civili).
Tito Livio (59 a.C. -17 d.C.), cos 142 libros deAb Urbe Condita, divididos en grupos de dez libros que se coñecen co nome de "décadas", que se perderon na súa maior parte, escribe unha gran historia nacional, cuxo único tema é Roma ("fortuna populi romani") e cuxos únicos actores son oSenado e o pobo de Roma ("senatus populusque romanus" ouSPQR). O seu propósito xeral é ético e didáctico; os seus métodos foron os do gregoIsócrates do século IV a.C.: é o deber da historia dicir a verdade e ser imparcial, pero a verdade debe presentarse cunha forma elaborada e literaria. Utiliza como fonte aos primeiros analistas e aPolibio, pero o seu patriotismo lévalle a deformar a realidade en detrimento do exterior e a un escaso espírito crítico. É historiador de gabinete, non viaxa nin coñece persoalmente os escenarios dos feitos que describe.
Publio Cornelio Tácito (55 -120.), o gran historiador do Imperio baixo os Flavios, é sobre todo un investigador das causas.
A historiografía medieval escríbese principalmente porhagiógrafos,cronistas, membros doclero episcopal próximos ao poder, ou por monxes. Escríbensexenealoxías,annales áridos, listas cronolóxicas de acontecementos sucedidos nos reinos dos seus soberanos (annales reais) ou sucesión deabades (annales monásticos);vidas (biografías de carácter edificante, como as dos santosmerovinxios, ou máis tarde dos reis de Francia), eHistorias que contan o nacemento dunha nación cristiá, exaltan unha dinastía ou, ao contrario, fustrigan aos malvados desde unha perspectiva relixiosa. Esta historia, da que son mostraBeda o Venerable (Historia eclesiástica do pobo inglés, século VIII) ouIsidoro de Sevilla (Etimologías eHistoria Gothorum), éprovidencialista, de inspiraciónagustinista, e inscribe as accións dos homes nos designios de Deus. Hai que esperar ao século XIV para que os cronistas se interesasen polopobo, gran ausente da produción deste período, por exemplo a do francésFroissart ou o florentinoMatteo Villani.
Durante oRenacemento, ohumanismo achega un gusto renovado polo estudo dos textos antigos, gregos ou latinos, pero tamén polo estudo de novos soportes: as inscricións (epigrafía), as moedas (numismática) ou as cartas, diplomas e outros documentos (diplomática). Estas novas ciencias auxiliares da época moderna contribúen a enriquecer os métodos dos historiadores: en 1681Dom Mabillon indica os criterios que permiten determinar a autenticidade dun acta pola comparación de fontes diferentes enDe Re Diplomática. EnNápoles, máis de douscentos anos antes,Lorenzo Valo ao servizo deAfonso V de Aragón conseguira demostrar a falsidade dapseudo-Doazón de Constantino.Giorgio Vasari coas súasVidas de artistas ofrécenos á vez unha fonte e unmétodo historiográfico para a historia da arte.
Nesta época a historia non se diferenza da xeografía nin sequera das ciencias naturais. Dividíase en dous partes: a historia xeral (a que hoxe chamariamos historia) e a historia natural (ciencias naturais e xeografía). Este sentido amplo de historia explícase pola etimoloxía do termo (verHistoria#Etimoloxía).
A cuestión da unidade do reino que expón asguerras de relixión de Francia no século XVI dan orixe a traballos de historiadores que pertencen á corrente chamadahistoria perfecta, que mostra que a unidade política e relixiosa da Francia moderna é necesaria, ao derivarse das súas orixes galas (Etienne Pasquier,Recherches de La France). Oprovidencialismo de autores comoBossuet (Discurso sobre a historia universal, 1681), tende a desvalorizar a significación de calquera cambio histórico.
↑José Ortega y Gasset (1928):La «Filosofía de la historia» de Hegel y la historiología. EnObras completas (volume IV). Madrid: Taurus, 2005.ISBN 84-306-0592-4.
↑O tempo totémico e o tempo do soño ou dos antepasados dos aborixes australianos: «Ao xeito dos primitivos, transcender o real», consultable na Universidade Pompeu Fabra.
↑E. P. THOMPSON:A formación da clase obreira en Inglaterra. Barcelona: Crítica, 1963-1989.
↑Hai un grupo internacional de historiadores interesados pola renovación do paradigma materialista, moi activo ao redor de Carlos Barros, daUniversidade de Santiago de Compostela (coa presenza de Bartolomeu Clavero e moitos outros) que organiza congresos e a páxina webHistoria a Debate:[3]
↑No entanto, son moi sofisticados desde moi antigo, como se encargou de divulgar o clásico de Samuel Noah KRAMER (1965-1974)La historia empieza en Sumer. Valencia: Círculo de Lectores.ISBN 84-226-0555-4, unha magnífica introdución á historia para todos os públicos, como tamén o é, para Exipto, a equivalente obra de CERAMDeuses, Tumbas e Sabios
↑No artigoInterpretacións da Historia de China fálase da particular filosofía da historia da historiografía chinesa tradicional, que inclúe o concepto de ciclo dinástico, e foi substituída pola interpretación materialista na moderna República Popular. Outros intelectuais chineses non marxistas, comoHu Shih eRay Huang, desenvolveron teorías de integración da civilización chinesa e a occidental nunha moderna e única civilización mundial.
↑NAVIA (maio de 2006):Timbuctú, a nostalxia dun soño, National Geographic, pgs. 44-71
↑María del Carmen PÉREZ ROYO; e María Luisa RAMOS MORELL: «Historiografía romana», enLatín: lingua e literatura. COU. Sevilla: Edicións A Ñ, 1996. Ed. electrónica accesible en:[4]