Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Hipatia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHipatia

(1908)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 360Editar o valor en Wikidata
Alexandría, ExiptoEditar o valor en Wikidata
Mortemarzo de 415Editar o valor en Wikidata (54/55 anos)
Alexandría, ExiptoEditar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio,esfoladuraEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía,matemáticas,mecánica efilosofíaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemática, escritora, astrónoma, filósofa, inventoraEditar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio RomanoEditar o valor en Wikidata
MovementoNeoplatonismoEditar o valor en Wikidata
ProfesoresHiérocles de Alexandria(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
AlumnosSinesio de CireneEditar o valor en Wikidata
Influencias
Familia
PaiTeón de AlexandríaEditar o valor en Wikidata
Cronoloxía
martirioEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гипатия)
Hypatie d’Alexandrie(en)Traducir
Dictionary of African Biography,Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1526003Find a Grave: 89849740Editar o valor en Wikidata

Hipatia (engrego antigo Ὑπατία), nada enAlexandría (Exipto), contra o ano355 e finada na mesma cidade contra415, foi unha mullercientífica,filósofaneoplatónica emestra, que contribuíu ao desenvolvemento dasmatemáticas e aastronomía da época. Foi membro e líder daEscola Neoplatónica de Alexandría.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Alexandría no século IV

[editar |editar a fonte]

Noséculo IVExipto era unha dioceseromana (foino até a chegada doislam noséculo VII).

En312, o emperadorConstantino convertérase aocristianismo. No ano seguinte promulga oEdicto de Milán polo que se estableceu unha especie de paz relixiosa e a liberdade de culto. En330, Constantino traslada a capital imperial aBizancio, que pasou a chamarseConstantinopla.

Nos anos finais do século IV Roma dividiuse en dous territorios: oImperio Romano de Occidente e oImperio Romano de Oriente. Exipto incorporouse ao Imperio de Occidente (era unha diocese dependente directamente de Roma), vivindo o ocaso da súa historia antiga. Ocristianismo tamén chegara ao territorio, téndose na época grandes disputas entre distintas faccións de cristiáns (algúns autores falan mesmo de pelexas na rúa). A igrexa cristiá defendía a súa independencia fronte ao poder imperial, mentres os emperadores do século IV considerábanse autócratas moi por riba da lei.

EnAlexandría predicaba o bispo e patriarcaTeófilo (385-412), inimigo deXoán Crisóstomo, predicador da igrexa deAntioquía (hoxe enTurquía). Hai que ter conta tamén a rivalidade entre Alexandría e Constantinopla, pois afectou moito ás comunidades do resto da cristiandade.

A igrexa exipcia rematou separándose da igrexa de oriente. Naceu entón oalfabeto copto, mestura do exipcio demótico e máis ogrego.

Nestas circunstancias de esquecemento do estudo e da importancia da ciencia, que nalgúns momentos foi perseguida, naceu Hipatia.

Unha muller na Ciencia

[editar |editar a fonte]

Hipatia naceu enAlexandría a mediados doséculo IV, algunhas referencias din no370 e outras no355. O seu pai,Teón de Alexandría, era un famosomatemático eastrónomo, moi prezado, que parece que traballaba e daba clases nabiblioteca, (a que substituíu a lendariaBiblioteca de Alexandría que desaparecera no incendio do48 a.C. Teón foi un sabio que non gardou os coñecementos para si e os seus discípulos, integrando a súa propia filla (caso insólito no século IV).

Hipatia, imaxinada polo pintor inglés Charles William Mitchell (1885).

Hipatia era unha muller aberta ao saber a quen se lle transmitiu a paixón da investigación, educándose ademais nun ambiente académico culto. Hai historiadores que din que a filla superou o pai, de xeito que escritos atribuídos a Teón sono en realidade de Hipatia.

Aprendeu tamén a historia das diferentes relixións que se coñecían naquel entón, oratoria, o pensamento dos filósofos e os principios do ensino. Seguidora dePlotino, cultivou os estudos lóxicos e as ciencias exactas, levando unha vidaascética. Viaxou aAtenas e aRoma co afán de aprender e ensinar, destacando nos campos das matemáticas e a astronomía,[1] Membro e líder daescolaneoplatónica deAlexandría, a casa de Hipatia foi un lugar de ensino onde ían estudantes de todas partes do mundo coñecido, atraídos pola súa fama. Dela dixoSócrates Escolásico:

"Había unha muller en Alexandría que se chamaba Hipatia, filla do filósofo Teón, que logrou tales alcances en literatura e ciencia, que superou en moito a todos os filósofos do seu tempo. Sucesora da escola de Platón e Plotino, explicaba os principios da filosofía aos seus oíntes, moitos dos cales viñan de lonxe para recibir a súa instrución."
Sócrates Escolástico.Historia ecclesiastica, VII, 15[2]

Un dos seus alumnos foiSinesio de Cirene —con quen mantivo abundante correspondencia—, bispo de Ptolemaida (enFenicia), rico e poderoso, que deixou escrita información sobre Hipatia, a súa mestra.[3] Por medio del poden chegar a coñecerse os libros que escribiu para o seu ensino, aínda que non chegaron aos nosos días. Da admiración que sentía Sinesio por Hipatia é mostra o que di dela na súaCarta 16:

"Hipatia é a miña nai, irmá e mestra, benefactora miña en todo, e todo o que para min ten valor en ditos e feitos".
Sinesio de Cirene.Carta 16[4]

Outro alumno foiHesiquio o Hebreo, quen escribiu obras nas que se describen as actividades de Hipatia e a súa fama, como que os maxistrados ían a ela para consultala sobre asuntos da administración. Nas obras, que se conservan, di tamén que foi unha persoa influente en política.

Así mesmo, Hipatia interesouse pola mecánica e a tecnoloxía. Sábese que inventou un aparello para destilar auga, un pinómetro graduado para medir a densidade dos líquidos e un nivelímetro para medir o nivel da auga.

Hipatia erapagá e a súa situación correu perigo nunha cidade cada vez máis cristiá (e cada vez máis fanática e menos tolerante), véndose perseguida como outros neoplatónicos. Algúns convertéronse ao cristianismo, pero Hipatia non, a pesar do medo e os consellos dos seus amigos, comoOrestes (prefecto), prefecto romano de Exipto que fora o seu alumno. Hipatia foi considerada polos seus inimigos como unhameiga perigosa.

Morte de Hipatia

[editar |editar a fonte]
Cirilo de Alexandría.

No412 o bispoCirilo de Alexandría foi nomeadopatriarca en substitución do seu tíoTeófilo, un título de dignidade eclesiástica que só era usado en Alexandría, Constantinopla eXerusalén. Este título era equivalente en certo modo ao dopapa de Roma. Cirilo, que foi nomeado santo séculos máis tarde, non consentía ningunha clase depaganismo ninherexía, loitando toda a súa vida polaortodoxia da igrexa católica e contra onestorianismo, ospagáns e osxudeus. Os historiadores cren que Cirilo foi o principal responsable da morte de Hipatia, aínda que non existe documentación que o acredite de maneira directa.

Dise que Cirilo era inimigo seu, teméndoa e admirándoa ao tempo. Pero en consonancia coa época, nin comprendía nin consentía que unha muller se dedicase á ciencia. Creou un ambiente de odio e fanatismo contra ela asignándolle o papel de meiga.

En marzo de415,[1][5] Hipatia foi asasinada por un grupo de monxes da igrexa de San Cirilo de Xerusalén. Os feitos foron recollidos por un bispo de Exipto doséculo VII, Xoán de Nikio, xustificando asemade o masacre daquel ano contra osxudeus de Alexandría. Conta como un grupo de cristiánsatolondrados,impetuosos eviolentos, seguidores dun lector chamado Pedro foron na súa busca, golpeárona, espírona e arrastrárona pola cidade até o templo Cesáreo, onde a cortaron con buguinas afiadas até a súa morte. Despois, despezárona e queimárona nun lugar chamado Cinaron. Deste xeito estaban a dar morte a algo que consideraban comoidolatría eherexía.

Orestes, o prefecto romano amigo e exalumno de Hipatia informou e pediu a Roma unha investigación. Por "falta de testemuñas" atrasouse até que chegou un momento no que o propio Cirilo asegurou que Hipatia estaba viva e que habitaba enAtenas. Orestes tivo que fuxir, abandonando o seu cargo.[6][7]

Non houbo máis actos violentos contra dos filósofos pagáns de Alexandría, cuxa escola floreceu aínda até oséculo VII (pero abandonando xa o neoplatonismo), sen que a súa actividade se vise interrompida polo peche daAcademia de Atenas en tempos deXustiniano I (529).[8]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Toohey, Sue (2003):The Important Life & Tragic Death of Hypatia(eninglés)
  2. Sócrates Escolástico,Historia ecclesiastica, VII, 15.
  3. Sinesio de Cirene (1993):Himnos. Tratados. Intr., trad. e notas de F. A. García Romero. Madrid: Editorial Gredos.
  4. Sinesio de Cirene (1995): Cartas. Intr., trad. e notas de F. A. García Romero. Madrid: Editorial Gredos.
  5. Segundo Sócrates Escolástico (Historia ecclesiastica, VII, 15) a morte de Hipatia"sucedeu no cuarto ano do episcopado deCirilo, sendocónsulesHonorio por décima vez eTeodosio por sexta, durante o mes de marzo, notempo dos xexúns". O ano dos consulados é 415, pero o cuarto ano do episcopado de Cirilo foi 416, tendo en conta que, segundo o propio Sócrates Escolástico, o seu predecesor Teófilo faleceu o 17 de outubro de 412. Os historiadores non se poñen de acordo en cal das datas é a correcta.
  6. Hipatia de Alejandría. Ed. Siruela
  7. Fernández Hernández, Gonzalo (1985)."La muerte de Hipatia".Erytheia: Revista de estudios bizantinos y neogriegos (6): 269–282.ISSN 0213-1986. 
  8. La escuela filosófica de Alejandría ante la crisis del año 529Arquivado 21 de agosto de 2010 enWayback Machine., por Gonzalo Fernández.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  HipatiaModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Filósofos neoplatónicos
Conceptos básicos
Filósofos influenciados
Matemáticos da Grecia antiga
Matemáticos
Tratados
Problemas
Centros
Influencias de...
Influencias a...
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hipatia&oldid=6892458»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp