Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Lingua hindi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hindi»)
Hindi
हिन्दी
Falado en:India
Rexións:Sueste asiático
Total de falantes:480 millóns nativos, 800 millóns ao todo
Posición: 4
Familia:Indoeuropea
 Indoirania
  Indoaria
   Hindi
Status oficial
Lingua oficial de:India
Regulado por: Central Hindi Directorate[1]
Códigos de lingua
ISO 639-1:hi
ISO 639-2:hin
SIL:HIN
Mapa
Status

O hindi está clasificado como "en estado seguro" poloLibro Vermello das Linguas Ameazadas daUNESCO[1]

Ohindi[2] (हिन्दी) é un idioma falado en moitos estados do Norte e do Centro daIndia. É unhalingua indoeuropea, da familiaIndoirania. Evolucionou a partir dos idiomasprákritos daIdade Media (indoario medio) e, indirectamente, dosánscrito, do cal toma gran parte do vocabulario técnico, relixioso e xurídico. A consecuencia da influenciamusulmá no Norte daIndia, contén tamén un elevado número de empréstitos dopersa, doárabe e doturco.

Características

[editar |editar a fonte]

O hindi é o cuarto idioma máis falado no mundo, despois do inglés. Preto de 500 millóns de persoas falan hindi como primeira lingua e o número total de persoas que o entenden pode superar os 800 millóns.

Por razóns de rivalidade político-relixiosa entre a India ePaquistán, vense considerando como un idioma diferente dourdú (que é o idioma oficial de Paquistán). Mais na súa forma coloquial ambos os dous son mutuamente intelixíbeis, sendo desde un punto de vista lingüístico variedades dun mesmo idioma. As súas diferenzas redúcense basicamente aosistema de escrita, que no caso do hindi usa o alfabetodevanágari, mentres o urdú emprega oalfabeto árabe. Ambos e dous idiomas tamén se diferencian na súa terminoloxía culta, que no hindi se colle xeralmente dosánscrito (xa que os indios que o falan son na súa maioríahindús), mentres que en urdú os cultismos son principalmente de orixepersa-árabe (pois a maior parte dos usuarios sonmusulmáns).

Antes dapartición da India, entre a India e Paquistán, en1948, o hindi e o urdú falados eran considerados o mesmo idioma, ouhindustano. Desde a partición, o "hindi padrón" desenvolveuse substituíndo as palabras de orixe árabe e persa por vocábulos do sánscrito.


Fonoloxía e escrita

[editar |editar a fonte]

A escritadevanágari, de tiposemi-silábico, está constituída de signos consonánticos que comportan unha vogal por defecto, susceptíbel de ser modificada ou suprimida por signos anexos.

Consoantesoclusiva xordaoclusiva xorda aspiradaoclusiva sonoraoclusiva sonora aspiradanasalsemivogalfricativaaspirada
velardeva.
trans.kkhgghh
AFI/k//kʰ//g//gʱ//ŋ//h/, /ɦ/
palataldeva.
trans.cchjjhñyś
AFI/tʃ//tʃʰ//dʒ//dʒʱ//ɲ//j//ç/, /ʃ/
retroflexadeva.
trans.ṭhḍhr
AFI/ʈ//ʈʰ//ɖ//ɖʱ//ɳ//r//ʂ/, /ʃ/
dentaldeva.
trans.tthddhnls
AFI/t̪//t̪ʰ//d̪//d̪ʱ//n//l//s/
labialdeva.
trans.pphbbhmv
AFI/p//pʰ//b//bʱ//m//ʋ/
Vogaisguturalpalatallabialdentalpalatoguturallabiogutural
curtaindependente
diacríticoinherenteि
trans.aiuŕeo
AFI/ə//ɪ//ʊ//r//e//o/
longaindependente
diacrítico
trans.āīūaiau
AFI/a//i//u//ɛ/ o /æ//əʊ/

Breve resumo de Sintaxe

[editar |editar a fonte]

A orde normal de palabras nunhafrase é SOV (Suxeito-Obxecto-Verbo). Mais se asposposicións van unidas connomes, a orde en Hindi-Urdú tórnase máis libre que eninglés, pero non tanto como enlatín ousánscrito. A alteración da orde das palabras serve (xunto co ton da fala) tamén para mudar a énfase da frase. Se o suxeito é un nome, oadxectivo pode ir antes do mesmo (na posiciónatributiva) ou entre o nome e o verbo (na posiciónpredicativa, mais só se o verbo é होना/hoː.naː/ser). Se o suxeito é unpronome o adxectivo vai en posición predicativa. O lugar entre o suxeito e o verbo pode ir ocupado por adverbios, frases instrumentais, frases en dativo, frases en locativo etc. A orde das palabras - ao contrario que en inglés ou francés - non precisa ser reinvertido nasoracións interrogativas. As preguntas poden formularse colocando opronome interrogativo क्या/kjaː/ no inicio mesmo da frase. As oracións interrogativas máis formais poden realizarse colocando a partícula negativa न/nə/ ao final da frase. Isto indica unha pregunta educada (sen necesidade de usar "por favor"). Porén a partícula negativa vai diante do verbo. Certas partículas resaltan a palabra que as segue inmediatamente, p.ex., ही/hiː/ (só, soamente, como partícula enfática), भी/bʱiː/ (tamén), तक/t̪ək/, तो/t̪oː/, भर/bʱəɾ/ etc. As cláusulas nominais están a miúdo unidas pola conxunción कि/ki/ (lit.,que, de orixe persa).

As oracións compostas (aquelas con dous ou máis cláusulas simples de importancia similar) están, polo corrente, unidas por conxuncións como और/ɔːɾ/e, या/jaː/ou, लेकिन/leː.kin/mais, pero, इसलिये/is.li.jeː/por iso, वरना/vəɾ.naː/doutro xeito, outramente etc. Ás veces son utilizadas conxuncións dobres se son precisas, p.ex.: न … न/nə/ … /nə/nen … nen.

Empréstitos do hindi en galego

[editar |editar a fonte]

Hai no galego algunhas palabras hindis, así «bengala», «bungalow», «xungla», «ponche», «pixama», «xampú»,... Na súa maioría entraron no galego modernamente por intermediación do inglés, portugués ou castelán.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre."Atlas of the world's languages in danger".unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Entrada hindi en Digalego". Arquivado dendeo orixinal o 07 de abril de 2017. Consultado o 07 de abril de 2017. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Existe unha versión daWikipedia en  Lingua hindi

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lingua_hindi&oldid=6555760»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp