Células das hifas dun fungo 1- Parede da hifa. 2-Septo. 3- Mitocondria. 4- Vacúolos. 5- Cristal. 6- Ribosomas. 7- Núcleos. 8- Retículo endoplasmático. 9- Corpo lipídico. 10- Membrana plasmática. 11- Vesículas. 12- Aparato de Golgi.Hifas dePenicilliumAspergillus niger.Conidios nosconidióforos.
Unhahifa é unha estrutura filamentosa longa e ramificada propia dosfungos, e tamén das bacterias do grupo dasActinobacteria (non relacionadas cos fungos).[1] Na maioría dos fungos as hifas son o modo principal de crecemento vexetativo. O conxunto de hifas que non forma parte do corpo frutífero (formador de esporas) forma o chamadomicelio, pero o propio corpo frutífero está formado tamén por hifas. Oslévedos son fungos unicelulares e non forman hifas propiamente ditas, senón pseudohifas (véxase máis abaixo).
As hifas constan dunha ou máis células rodeadas por unhaparede celular de forma tubular. Na maioría dos fungos as hifas están divididas en células por paredes celulares transversais chamadas "septos". Os septos están normalmente perforados por poros que son grandes dabondo como para que pasen por eles dunha célula a outraribosomas,mitocondrias e ás vecesnúcleos. O principal polímero estrutural nas paredes celulares fúnxicas é aquitina. Algúns fungos teñen hifas aseptadas, que non están divididas por septos.
As hifas medran polos seus extremos. Durante o crecemento apical da hifa, as paredes celulares esténdense pola ensamblaxe externa epolimerización dos compoñentes da parede celular, e a produción interna de nova membrana celular. Oorgánulospitzenkörper está asociado co crecemento apical da hifa. Este orgánulo está composto por un agregado devesículas membranosas que contéñen os compoñentes da parede celular. O spitzenkörper é parte dosistema de endomembranas dos fungos, que retén e libera as vesículas que recibe procedentes doaparato de Golgi. Estas vesículas viaxan á membrana celular seguindo os elementos docitoesqueleto e liberan o seu contido fóra da célula polo proceso daexocitose. As membranas da vesícula contribúen ao crecemento da membrana plasmática e o seu contido forma a nova parede celular da hifa en crecemento. O spitzenkörper móvese ao longo do ápice da hifa e xera o crecemento apical e as ramificacións. O grao de crecemento apical dunha hifa está regulado polo spitzenkörper.[2]
A medida que a hifa se estende, poden formarse os septos detrás do extremo en crecemento, dividindo a hifa en células individuais. As hifas poden ramificarse pola bifurcación do extremo da hifa ou pola emerxencia dun novo extremo nunha hifa xa formada.
As hifas poden ser modificadas de moi diferentes formas para desempeñar diversas funcións. Algúns fungosparasitos formanhaustorios que funcionan como elementos absorbentes dentro das células hóspede. As chamadasarbúsculas dasmicorrizas dos fungosmutualistas serven para unha función similar no intercambio de nutrientes, e son importantes para axudaren ás plantas á absorción de auga. As hifas poden envolver osgonidios dosliques, constituíndo gran parte da súa estrutura. Nos fungos que atrapannematodos, as hifas poden ser modificadas en estruturas que funcionan como trampas para os vermes, con forma de aneis constritores e redes adhesivas. Poden formarse tamén agregados paralelos de hifas chamadosrizomorfos para transferir nutrientes a grandes distancias.
Aspergillus[3] e moitas outras especies teñen este tipo de hifas. A maioría dosAscomicetos teñen un micelio moi ramificado de hifas septadas con tabiques transversais perforados por un poro simple.
Hifas aseptadas oucenocíticas ou sifonais (sen septos)
Hifas non septadas asociadas conMucor,[4] algúnsZygomycota, e outros fungos.
"Pseudohifas", que se distinguen das hifas verdadeiras polo seu modo de crecemento, relativa fraxilidade e falta de conexións citoplasmáticas entre as células. Os lévedos poden formar pseudohifas,[5] que son o resultado do seu modo de división porxemación, no cal as células quedan unidas durante un tempo despois da división formando curtas cadeas.
Clasificación segundo o tipo de parede e forma xeral
As características das hifas poden ser importantes na clasificación dos fungos. Nataxonomía dosbasidiomicetos, as hifas que comprenden oesporocarpo ou corpo frutífero (ocogomelo) poden ser identificadas como xenerativas, esqueléticas, ou hifas de unión.[6]
Xenerativas. Son hifas relativamente indiferenciadas e poden desenvolver estruturas reprodutivas. Son tipicamente de paredes finas, desenvolven ocasionalmente paredes lixeiramente máis grosas, xeralmente teñen septos frecuentes, e poden ou non ter conexións con forma de abrazadeira (fíbulas). Poden estar imnersas nunhamucilaxe ou en materiais xelatinizados.
Esqueléticas. Son hifas que poden ser de dous tipos básicos. A forma clásica é de paredes grosas e moi longa en comparación coas hifas xenerativas frecuentemente septadas, as cales non son ramificadas e ou moi pouco, e teñen pouco contido celular. Teñen poucos septos e ausencia de conexións tipo fíbula. As hifas esqueléticas fusiformes son a segunda forma de hifas esqueléticas. A diferenza das típicas hifas esqueléticas estas están inchadas na parte central, o que lle dá á hifa unha forma de fuso.
Hifas de unión. Son de paredes grosas e frecuentemente ramificadas. A miúdo parecen cornos de cervo ou árbores sen follas debido ás moitas ramas de grosor decrecente cara aos extremos.
Baseándose nos tipos de hifas xenerativas, esqueléticas e de unión, en 1932E. J. H. Corner utilizou os termos monomítico, dimítico, e trimítico para describir os sistemas de hifas, para mellorar a clasificación dos fungospoliporos.[7][8]
Monomíticos. Todo fungo debe conter hifas xenerativas. Un fungo que só contén hifas deste tipo, como os cogomelos carnosos (agáricos) denomínase monomítico.
Dimíticos. Se un fungo contén hifas xenerativas e só un dos outros tipos de hifas denomínase dimítico. De feito, os fungos dimíticos case sempre conteñen hifas xenerativas e esqueléticas; pero hai un xénero, oLaetiporus, que ten hifas xenerativas e de unión.
Trimíticos. Se un fungo contén os tres tipos de hifas, como, por exemplo,Trametes, denomínase trimítico. As hifas esqueléticas e de unión danlles aos fungos coriáceos e duros como ospoliporos a súa consistencia resistente..
Un refinamento posterior a esta clasificación introducido por Cornell en 1966 incluíu os termos sarcodimítico e sarcotrimítico. Os fungos que forman hifas esqueléticas fusiformes unidas por hifas xenerativas forman sistemas de hifas que se denominansarcodimíticos. Uns poucos fungos forman hifas equeléticas fusiformes, hifas xenerativas e hifas de unión e dise que teñen sistemas de hifassarcotrimíticos.[9]