Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Hicham El Guerrouj

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHicham El Guerrouj

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1974Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Birkani, MarrocosEditar o valor en Wikidata
Altura181 cmEditar o valor en Wikidata
Peso58 kgEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfondista, corredor, mediofondista, atletaEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1992Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Nacionalidade deportivaMarrocosEditar o valor en Wikidata
DeporteatletismoEditar o valor en Wikidata
Disciplina deportivacorrida de meia-distância(pt)Traducir
carreira de longa distanciaEditar o valor en Wikidata
Participou en
2004Xogos Olímpicos de 2004
2000Xogos Olímpicos de 2000
1996Xogos Olímpicos de 1996Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,Editar o valor en Wikidata
Facebook: ElguerroujhichamInstagram: elguerroujhichamIAAF: 14212038Olympics.com: hicham-el-guerroujEditar o valor en Wikidata
Cadro de medallas
Atletismo
Xogos Olímpicos
PrataSydney 20001.500 m
OuroAtenas 20041.500 m
OuroAtenas 20045.000 m
Campionato do Mundo de Atletismo
PrataGotemburgo 19951.500 m
OuroAtenas 19971.500 m
OuroSevilla 19991.500 m
OuroEdmonton 20011.500 m
OuroParís 20031.500 m
PrataParís 20035.000 m

Hicham El Guerrouj (Árabe: هشام الكروج), nado o14 de setembro de1974 enBerkane (Marrocos) é unatletamediofondista xa retirado.[1] Posúe o récord dos1500 metros (3:26.00), damilla (3:43.13) e dos 2.000 metros (4:44.79), e foi alcumado no seu momento coma o "Rei da Milla". Anunciou a súa retirada o22 de maio de2006, logo de que un virus primeiro e máis tarde unha lesión nas costas o tivesen practicamente apartado das pistas durante dous anos.

A súa carreira deportiva foi merecente de varios recoñecementos, coma o premio ao esforzo humanitario daAsociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF), que recibiu en 1996. Tamén é embaixador de boa vontade daUNICEF. El Guerrouj foi designado mellor atleta do ano pola IAAF en2001 e en2002, logo de quedar invicto en máis de vinte probas, co que se converteu no primeiro home en obter o galardón de atleta do ano por dúas veces consecutivas desde que se creou en1988. Tamén no2002 foi designado mellor atleta do ano, a canda abritánicaPaula Radcliffe, pola revista especializada Track and Field News. En2003 escollérono membro do Comité de Atletas da IAAF. O7 de setembro de2004, Hicham El Guerrouj foi condecorado co "Cordon de Commandeur" polo reiMohamed VI de Marrocos. Tamén nese ano 2004 recibiu oPríncipe de Asturias dos Deportes polo seu "firme compromiso co deporte e coa sociedade e especialmente coa mocidade e cos máis necesitados".

Historia

[editar |editar a fonte]

A primeira actuación internacional destacada de Hicham El Guerrouj produciuse en1992, cando quedou terceiro nos 5000 do Mundial júnior deSeúl. Acadou relevo internacional a mediados dos anos noventa cando rozou os récords dos 1500 metros e da milla. Cando tiña só vinte anos conseguiu a medalla de prata nos 1500 m do Mundial de atletismo de 1995, enGotemburgo. En1996, logo de facer a súa plusmarca en 1500 enEstocolmo cun tempo de 3:29:51, era un dos grandes favoritos para apañar o ouro olímpico. Pero nosXogos de Atlanta quedou no posto 12º, levando a vitoriaNoureddine Morceli. Contra a fin daquela tempada, no mitin deMilán El Guerrouj conseguiu ser o primeiro en derrotar a Morceli nos 1500, logo de catro anos de invenciblilidade do alxeriano.

Nos anos que seguiron, El Guerrouj converteuse no único mediofondista en obter catrotítulos mundiais consecutivos en1997,1999,2001 e2003. No mitin de Roma de1998, El Guerrouj fendeu o récord mundial de Morceli sobre os 1500 m, que era de 3:27.37, ao rebaixalo en máis dun segundo (3:26.00).[2] A plusmarca mundial da milla de Morceli caeu ao ano seguinte, tamén enRoma, ao fixar El Guerrouj a marca en 3:43.13. Nesa mesma tempada bateu o récord mundial de 2000, desta volta enBerlín, deixándoo en 4:44.79. En1999 conseguiu enBruxelas a segunda mellor marca de todos os tempos no 3000 m (7:23.09). O mellor tempo persoal na distancia seguinte, os 5000, obtívoo en Ostrava en 2003, con 12:50.24.

Logo da prata deSydney, onde rematara segundo, as súas esperanzas de subir ao máis alto do podio olímpico pasaban porAtenas. Na capital grega El Guerrouj conseguiu a maior das súas proezas, ao obter o ouro tanto nos 1500 coma nos 5000, algo que non acontecía dende os tempos do finlandésPaavo Nurmi, que o acadara en1924, oitenta anos antes. Nos 1500 deu corrido os últimos 800 nuns trepidantes 1:46 para imporse sobre o quenianoBernard Lagat. Na longa distancia superou o gran favorito, o etíopeKenenisa Bekele.

Hicham El Guerrouj gañou por tres veces consecutivas aGolden League da IAAF, en2001,2002 e2003, o único home que puido facelo.

Mellores marcas persoais

[editar |editar a fonte]
DistanciaTempoDataLugar
800 m1:47.1802-06-1995Adestrando
1000 m2:16.8512-07-1999Niza
1500 m3:26.00[3]14-07-1998Roma
Milla3:43.13[3]07-07-1999Roma
2000 m4:44.79[3]07-09-1999Berlín
3000 m7:23.0903-09-1999Bruxelas
5000 m12:50.2412-03-2003Ostrava

Títulos

[editar |editar a fonte]
1.500 metrosPosiciónTempoLugarDataTítulo
Xogos Olímpicos13:34.18Atenas24-08-2004Ouro
Mundial13:31.77París27-07-2003Campión do mundo
Mundial13:30.68Édmonton05-08-2001Campión do mundo
Xogos Olímpicos23:32.32Sydney29-09-2000Prata
Mundial13:27.65Sevilla24-08-1999Campión do mundo
Grand Prix13:26.00[3]Roma14-07-1998Recordman mundial
Mundial13:35.83Atenas06-08-1997Campión do mundo
Mundial de pista cuberta13:35.31París08-03-1997Campión do mundo
Grand Prix13:31.18Stuttgart02-02-1997Recordman mundial
Mundial23:35.28Gotemburgo13-08-1995Prata
Mundial de pista cuberta13:44.54Barcelona11-03-1995Campión do mundo


MillaPostoTempoLugarDataTítulo
Grand Prix13:43.13[3]Roma07-07-1999Recordman mundial
Grand Prix13:48.45Gent12-02-1997Recordman mundial


2.000 metrosPostoTempoLugarDataTítulo
Final do Grand Prix14:44.79[3]Berlín07-09-1999Recordman mundial


3.000 metrosPostoTempoLugarDataTítulo
Mundial de pista cuberta17:37.74Lisboa11-03-2001Campión do mundo


5.000 metrosPostoTempoLugarDataTítulo
Xogos Olímpicos113:14.39Atenas28-08-2004Ouro
Mundial212:52.83París31-08-2003Prata

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. El Guerrouj, Hicham.Encyclopædia Britannica 2009 Student and Home Edition. Chicago(eninglés).
  2. Hicham el Guerrouj,Microsoft Encarta 2009 Biblioteca Premium DVD(encastelán).
  3. 3,03,13,23,33,43,5Actual récord do mundo.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Década de 1980
Década de 1990
Década de 2000
Década de 2010
Década de 2020
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hicham_El_Guerrouj&oldid=5846550»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp