Oshexápodos (Hexapoda) son unsubfilo[2] (ou unhasuperclase, segundo os autores) deartrópodos, o que máisespecies agrupa, xa que inclúe aosinsectos (1 millón de especies),[3] así como a varios grupos de artrópodos estreitamente relacionados con estes, como osproturos, osdipluros e oscolémbolos (unhas 9.000 especies entre os tres).[3]
O nome do grupo está formado polos elementoshexa- e-poda, tirados dosgregos ἕξα-, dehéx, "seis", e -πoδα,poda, de πούς, ποδόςpoús, podós, "perna", respectivamente, e fai referencia á máis distintiva das súas características, a presenza duntórax consolidado con tres pares depatas, unha cantidade sensibelmente inferior á da maioría dos artrópodos.
Os hexápodos teñen unha rexionalización (tagmose) característica, na que o corpo aparece dividido en tres rexións outagmas:[4] cabeza, tórax e abdome.
Especialmente significativa é a distinción de dúas partes detrás da cabeza, das cales só o tórax, formado por tres segmentos, leva outros tantos pares de apéndices locomotores.
O abdome está formado como máximo de once segmentos. En xeral, o abdome non leva apéndices, aínda que en certos grupos subsisten algúns (estilos dos dipluros, furcas dos colémbolos).
Arespiración faise a través dun sistema detraqueas. Aexcreción realízase mediante ostubos de Malpighi, derivados doectoderma.
(Tirada de Lecointre e Le Guyader)[5]
Afiloxenia e, consecuentemente, a clasificación dos hexápodos foi e segue a ser controvertida. O principal problema radica basicamente na posición dosdipluros, xa que non parece haber dúbidas sobre amonofilia docladoCollembola+Protura (denominado ás vecesEllipura).
De considerarse que os dipluros están máis relacionados concolémbolos eproturos (cladogramaA), aparece o cladoEntognatha, que agruparía os hexápodos con pezas bucais parcialmente ocultas dentro da cápsula cefálica; o seu clado irmán seríaEctognatha, que inclúe só aos insectos, con pezas bucais expostas.[6]
Porén, hai evidencias (cercos filamentosos, ultraestrutura dosespermatozoides) de que os dipluros poden ser ogrupo irmán dos insectos (cladogramaB).[6] O clado denominaouseEuentomata.[7] O cladogramaC sería unha solución de compromiso entre os cladogramas A e B, até que se resolvan as mencionadas incertezas:[6]
Dúas posíbeis clasificacións que se desprenden do cladograma C son as seguintes:
Clasificación 1:
SuperclaseHexapoda
Clasificación 2;
SuperclaseHexapoda
- ↑Gaunt, M. W. e Miles, M. A. (2002): "An Insect Molecular Clock Dates the Origin of the Insects and Accords with Palaeontological and Biogeographic Landmarks".Molecular Biology and Evolution19 (5): 748–761.Resumo.
- ↑Brusca & Brusca (2005).
- ↑3,03,1Chapman, A. D. (2009):Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. (Resumo) Australian Biodiversity Information Services ISBN (online) 9780642568618.
- ↑Do latín científicotagma, e este do grego τάγμαtágma "corpo de tropas", "clase", "orde", derivado de τάσσωtássō, "ordenar", "colocar en orde".
- ↑Guillaume Lecointre, Guillaume e Hervé Le Guyader (2006):Classification phylogénétique du vivant. 3ª ed. Paris: Éditions Belin.ISBN 2-7011-4273-3.
- ↑6,06,16,2Tree of Life,HexapodaArquivado 14 de marzo de 2008 enWayback Machine..
- ↑"Systema Naturae 2000". Arquivado dendeo orixinal o 15 de agosto de 2009. Consultado o 13 de xaneiro de 2013.
- Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005):Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España.ISBN 978-84-486-0246-8.
- Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004):Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole.ISBN 0-03-025982-7.