Herrerasaurus foi un dos primeirosdinosauros. O seu nome científico enlatín quere dicir "lagarto de Herrera", na honra do gandeiro que descubriu o primeiro exemplar. Tódolosfósiles coñecidos deste carnívoro foron descubertos naFormación de Ischigualasto do períodoCarniano (Triásico serodio segundo aComisión Internacional sobre Estratigrafía, datado de hai 231,4 millóns de anos) no noroeste da Arxentina.[1] Aespecie tipo,Herrerasaurus ischigualastensis, foi descrita porOsvaldo Reig en 1963[2] e é a únicaespecie asignada noxénero.Ischisaurus eFrenguellisaurus sonsinónimos.
Durante moitos anos, a clasificación deHerrerasaurus era incerta debido a que só era coñecido por restos moi fragmentados. Xurdironhipóteses sobre se era unterópodobasal, unsauropodomorfo basal, unsaurisquio basal ou se non era un dinosauro senón un tipo dearcosauro. Porén, co descubrimento dun esqueleto case completo e unha caveira en 1988,[3][4]Herrerasaurus foi clasificado tanto como un terápodo antigo como un saurisquio antigo en cando menos cinco estudos sobre a evolución dos terópodos, con moitos investigadores tratándoo, cando menos de xeito tentativo, como o membro máis primitivo dos terópodos.[5]
É membro dosHerrerasauridae, unha familia de xéneros semellantes que se atopan entre os primeiros membros daradiación evolutiva dosdinosauros.[6][7]
- ↑Alcober, Oscar A.; Martinez, Ricardo N. (2010)."A new herrerasaurid (Dinosauria, Saurischia) from the Upper Triassic Ischigualasto Formation of northwestern Argentina".ZooKeys (63): 55–81.PMC 3088398.PMID 21594020.doi:10.3897/zookeys.63.550.
- ↑Reig, O.A. (1963). "La presencia de dinosaurios saurisquios en los "Estratos de Ischigualasto" (Mesotriásico Superior) de las provincias de San Juan y La Rioja (República Argentina)".Ameghiniana(en castelán)3 (1): 3–20.
- ↑Sereno, P.C.; Novas, F.E.; Arcucci, A.B.; C. Yu (1988). "New evidence on dinosaur and mammal origins from the Ischigualasto Formation (Upper Triassic, Argentina)".Journal of Vertebrate Paleontology8 (3, supplement): 26A.doi:10.1080/02724634.1988.10011734.
- ↑Sereno, P.C.; Novas, F.E. (1992). "The complete skull and skeleton of an early dinosaur".Science258 (5085): 1137–1140.Bibcode:1992Sci...258.1137S.PMID 17789086.doi:10.1126/science.258.5085.1137.
- ↑Holtz, Thomas R. Jr. (2011)Dinosaurs: The Most Complete, Up-to-Date Encyclopedia for Dinosaur Lovers of All Ages,Winter 2010 Appendix.
- ↑Nesbitt, S. J.; Smith, N. D.; Irmis, R. B.; Turner, A. H.; Downs, A. & Norell, M. A. (2009). "A complete skeleton of a Late Triassic saurischian and the early evolution of dinosaurs".Science326 (5959): 1530–1533.Bibcode:2009Sci...326.1530N.PMID 20007898.doi:10.1126/science.1180350. .
- ↑Airhart, Marc (10 de decembro de 2009). Jackson School of Geosciences, ed."New Meat-Eating Dinosaur Alters Evolutionary Tree". Arquivado dendeo orixinal o 10 de marzo de 2010. Consultado o 05 de maio de 2020.