![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xuño de 1936![]() Lagoa da Canoa, Brasil(pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Música![]() |
Ocupación | compositor, guitarrista, guitarrista de jazz, cantante, pianista, saxofonista, músico de jazz, multiinstrumentista![]() |
Período de actividade | 1950![]() |
Xénero artístico | Jazz![]() |
Instrumento | Saxofón,piano,voz,Frauta eteclado![]() |
Premios | |
| |
Sitio web | allmusic.com…![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Hermeto Pascoal, coñecido comoO Bruxo, nado enArapiraca, estado deAlagoas, o22 de xuño de1936, é un compositor,arranxador e multi-instrumentistabrasileiro de sona internacional asociado á música erudita, ao tonalismo, modalismo, atonalismo, polimodalismo, paisaxe sonora emúsica concreta. Foi agraciado coaOrdem do Mérito Cultural no ano2010 e unGrammy Latino no2019 aoMelhor Álbum de Música de Raízes em Língua Portuguesa.
Hermeto Pascoal nace no rural ao norte do estado de Alagoas, na vila deOlho d`Água das Flores antes de mudarse coa súa familia campesiña a Lagoa da Canoa. Durante a idade escolar iníciase na aprendizaxe dofol de oito baixos. Dada a súa condición dealbino estaba a miúdo impedido de traballar baixo o sol pola súa familia, tempo que adicaba á práctica do instrumento, e segundo Fabiano Araujo, investigador da UFES deVitória, Espírito Santo[1], á familiarización con sons de animais, melodías da fala, obxectos do rural e instrumentos musicais tradicionais. Outra influencia destacada nesta época son as festas do interior da comunidade campesiña en Alagoas, onde era habitual poder asisitir aoforró.
Da infancia á adolescencia,1943-1949, foi un período de práctica instrumental e traballo informal como músico (fole de oito baixos/pandeiro) en Lagoa da Canoa e veciñanza.
No1950 múdase ás grandes cidades do nordeste (Recife,Caruaru,João Pessoa), e alí acada consolidación profesional (zanfona/pandeiro) e comeza unha etapa de experimentación copiano e afrauta.
Nunha étapa posterior, entre o1958-1968 viaxa ao sueste (Rio de Janeiro eSão Paulo), e alí experimenta un cambio profesional, de zanfoneiro a pianista de grupos instrumentais, o seu comezo como compositor e as primeiras experiencias en Festivais da Canção brasileiros. Na fase final deste período, no ano1967 únese ao xa famoso grupoTrio Novo, triunfador no Festival de Música Popular Brasileira da TV Record, o ano anterior de1966, integrado por Theo de Barros en baixo e guitarra, Heraldo do Monte en viola caipira e guitarra e o percusionista Airto Moreira. Con Hermeto como frautista rebautízanse comoCuarteto Novo, asisten de novo á televisión brasileira, acompañan en actuacións aEdu Lobo e publican un disco homónimo no ano da chegada de Hermeto á banda, instrumental e de referencia no MPBMúsica popular brasileira. O grupo deixou a actividade en conxunto no ano1969 despois de gañar oTroféu Imprensa.[2]
Entres os anos1969-1977 viaxa repetidas veces aosEstados Unidos, grava como solista, e recibe boas críticas xornalistas internacionais ao seu traballo como multi-instrumentista e aos seus arranxos e composicións. Durante a súa estancia norteamericana en1970 Pascoal conecta co artistaMiles Davis a través do batería brasileiro Airto Moreira, e tras coñecerse persoalmente Pascoal é invitado a colaborar no disco do trompetistaLive-Evil. Tras a publicación do disco Davis ofrece a Pascoal unirse ao seu grupo durante a súa xira de concertos en vivo, oferta que Pascoal rexeita para volver aSão Paulo, alegando que oBrasil ofertáballe o escenario propicio para seguir avanzando no seu estilo.[3] Á súa volta grava con 34 anos aínda o seu primeiro disco como artista, un disco simplemente co seu nomeHermeto gravado en compañía de contactos que fixo en norteamérica, como Hubert Laws, Thad Jones, Ron Carter eJoe Newman; ademais de compañeiros do país, como a cantante Flora Purim e o propio Airto Moreira. O disco fusiona o jazz americano, a MPB e a experimentación, como explica Moreira na cuberta do disco Hermeto arrisca nese disco empregando 36 botellas de zume de mazá afinados a diferentes niveis para usar de fondo en diversas cancións da obra.[4]
No ano1978 crea o grupo experimental Escola Jabour con Itiberê Zwarg, Jovino Santos Neto e André Marques[5] , no que empregan griñidos de animais salvaxes que engaden a súa música de estudo. E até os 90 estuda e mellora en notación musical e experimenta con gravadoras de pequeno porte.
Entre o1994-2016 compaxina a Escola Jabour, proxectos musicais illados, como a escrita do Calendário do som, e shows nacionais e internacionais con outros solistas e grupos, como as súas actuacións noFestival de Jazz de Montreux enSuíza, o Festival de Jazz deTokio ou a apertura do XIIFestival Imaxinasons, enVigo[6].
No seu traballo ata o presente destaca a súa colaboración con Aline Morena e a formación do dúo multi-instrumentista Chimarrão con Rapadura, a súa sonada marcha das discográficas internacionais, coas que non volveu a traballar, a súa colaboración na dixitalización do seu propio traballo en Internet (partituras, textos, vídeos e gravacións) e actuacións informais con big bands.
Hermeto Pascoal é mundialmente recoñecido como un dos mellores improvisadores musicais contemporáneos e un compositor innovador, destacado orquestrador, fusionando a música tradicional brasileira, o jazz, a experimentación e a Nature Music. No seu álbum Música da Lagoa músicos burbullan auga e tocan frautas inmersos nunha lagoa: unha emisora de televisión brasileira de1999 gravou a actuación de Hermeto cantando coa boca parcialmente somerxida na auga.[7] O músico ten referenciado as súas propias composicións dentro do xénero de etiqueta propia «música universal».
![]() | Este artigo sobreunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre. Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |