Baseándose na etimoloxía grega da palabra, que provén de"hairesis", que significa unha elección ou un grupo de crentes, é unha escola do pensamento. A herexía é a expresión dunha visión desde algo preestablecido, uncredo. Por exemplo, os católicos cren herexes aos protestantes, mentres que para algúns non católicos o catolicismo é considerado como a "Grande Apostasía". Naantigüidade non tiña un significado pexorativo. Os herexes non definen a súa crenza como herética. A tradución latina éseita.
A herexía cualifica unha situación complexa de conflito e ruptura, que comprende a herexía propiamente dita, de carácter doutrinal por ser unha desviación sobre o contido da fe, e ocisma, de carácter disciplinario pola insubmisión á autoridadeeclesiástica considerada lexítima.
A herexía nace dunha diverxencia entre escolas sobre o significado da verdade (formulada polodogma). Desenvólvese á vez no plano intelectual, pola oposición irreducible das teses e no plano comunitario, pola imposibilidade práctica de vivir en irmandade cos pertencentes á outra escola.
A partir do edicto deConstantino no ano313 e máis particularmente a partir doconcilio de Nicomedia no ano317, erixido en tribunal destinado a impor aArio unha primeira confesión de fe baixo pena deexcomuñón, o dogma defínese como norma da «fe verdadeira» como reacción ás «desviacións heréticas».
A herexía (case sinónimo deheterodoxia) é a ocasión de crear unha nova forma deortodoxia. No contexto do desenvolvemento das heterodoxias dosséculos II e III, unha heterodoxia convértese en herexía a partir do momento da súa condena por medio dun concilio.
AbulaGratia Divina (1656) define a herexía como «a crenza, o ensino ou a defensa de opinións, dogmas, propostas ou ideas contrarias á ensinanza da SantaBiblia, os SantosEvanxeos, a Tradición e o maxisterio».
AInquisición, o tribunal de excepción encargado de combater a herexía é a obra do papaGregorio IX (1231).
A palabra heterodoxia é grega e significa diversos ensinos no sentido dosGálatas 1.6. É un presunto erro no ensino que diverge da ortodoxia, e é a miúdo unha posición honesta e corrixible que proviría dunha educación incompleta.