Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Herba salgueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Herba salgueira

herba salgueira (Lonicera periclymenum)
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Orde:Dipsacales
Familia:Caprifoliaceae
Xénero:Lonicera
Especie:L. periclymenum
Nome binomial
'Lonicera periclymenum'
L.
Vexa a entrada doGalizionario acerca de  Herba salgueira

Aherba salgueira ouchuchamel (Lonicera periclymenum) é unha especie derubideira pertencente á familia dascaprifoliáceas que gabea e sobe polossalgueiros e outras árbores (de aí o nome vulgar galego). É común en toda Galiza.

Descrición

[editar |editar a fonte]

É unhaplanta rubideira que chega aos 6 m de altura. Ten follas ovais, de 3 a 7 cm, máis ou menos oblongas ou elípticas, e son máis claras pola cara posterior.

Asflores están dispostas en grupos. Son tubulares, duns 4 ou 5 cm de longo, de cor branca ou amarela e ás veces están lixeiramente tinxidas de vermello. Osfroitos sonbagas vermellas con varias sementes e son tóxicos.

Florea de maio a agosto e na mesma planta poden verse flores e froitos maduros ao mesmo tempo.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O termoLonicera foi empregado por primeira vez porLinneo no1753 adaptando ao latín o apelido "Lonitzer", en honor do botánicoAdam Lonitzer (1528-1586), médico que exerceu enFrankfurt.

En galego recibe outros nomes vulgares coma: madreselva (var.madresilva), chuchamel (var. zugamel, zugameles, zugos),bigorda, cabrifollo. O nome dechuchamel (nome co que tamén se coñece a planta en inglés) vénlle de que os rapaces arríncanlle a corola e chuchan o seu néctar de sabor a mel, con todo outras especies vexetais reciben este mesmo nome en galego. Non confundir, por exemplo, conLamium maculatum.

Hábitat e distribución

[editar |editar a fonte]

É orixinaria deEuropa, espallándose polo norte dende o sur deNoruega eSuecia. Atópase con bastante frecuencia enbosques efragas.

Flores do chuchamel

Usos

[editar |editar a fonte]

ALonicera periclymenum emprégase coma remedio homeopático non moi corrente, usado para a irritabilidade con violencia.Cultívase tamén comoplanta ornamental.

Subespecies

[editar |editar a fonte]

Existen dúas subespecies. ALonicera periclymenum subsp.periclymenun, con follas case sen peluxe; e aLonicera periclymenum subsp.hispanica, máis abundante e con follas con peluxes evidentes na face anversa.

Notas

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Herba_salgueira&oldid=4483724»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp