Henrique Harguindey naceu o 4 de xaneiro de 1946 en Lugo, onde seu pai, Gerardo Harguindey, desempeñaba coma dentista, mais tras a morte deste o 11 de maio de 1960[2], mudouse á Coruña, a casa do seu avó materno,Manuel Banet, histórico nacionalista; xunto co seu irmán Xosé Miguel, posteriormente primeiro presidente daAgrupación Cultural O Facho[3] tivo acceso á biblioteca privada do avó, que incluía volumes como aBiblioteca Gallega deAndrés Martínez Salazar, as coleccións deCéltiga eLar ou as publicacións daeditorial Nós[4], alí comezou a beber da cultura galega e desenrolarse o seu galeguismo.[4]Foi espallando este galeguismo entre os seus amigos, e en agosto de 1963 fixo un chamamento na prensa xunto con Andrés Salgueiro solicitando a participación de todos os interesados na creación dunha asociación cultural co obxectivo de promover e alentar o coñecemento e a difusión da cultura galega.[5] En novembro formouse unha comisión organizadora para acometer a fundación da agrupación, e o 23 de decembro de 1963 foi a primeira xunta, que deu pé áAgrupación Cultural O Facho.[3] Neste espazo de resistencia cultural coincidiu con persoeiros comoLeandro Carré Alvarellos, quen dirixiu os cursos de lingua galega da asociación,Manuel Lourenzo,Miguel Anxo Fernán-Vello ouManuel Beiras.[6][7]. En 1964 naceu oGrupo de teatro O Facho, no que participou como actor nalgunhas obras e adaptou textos para a súa representación comoO señor Bonhome e os incendiarios, deMax Frisch, en colaboración con Manuel Lourenzo, estreado no II Certamen de Teatro Nuevo organizado polo Concello da Coruña o 23 de agosto de 1966[8].
Xa na universidade, onde estudou Filoloxía francesa, foi parte do Seminario da Cultura Galega doClub de Amigos da Unesco de Madrid.[1] Neses anos comezou a militar politicamente na esquerda galega, ao considerala unha vía renovadora dentro do nacionalismo galego.[9] Foi parte da célula Ché Guevara daUnión do Povo Galego xunto a persoeiros comoRamón Muñiz[10] e membro fundador da UPG de Coruña. Froito desta militancia, durante a súa estancia en París en 1969 traduciu ao galego a letra do himno "A Internacional", versión que aínda hoxe seguen a utilizar colectivos de esquerda como aCIG.[11][12] En 1973 desvinculouse da UPG por desacordo coa súa liña política.[13].[1]
En 1976 acadou praza de mestre de Francés no IES de Rodeira deCangas,[4][14], onde coincidiría con outros persoeiros da cultura e a política galega comaCarlos Casares eFrancisco Rodríguez[9]. Nasprimeiras eleccións locais democráticas presentouse como cabeza de lista en Cangas porUnidade Galega,[15], que obtivo 3 concelleiros dun total de 21 (vexaseEleccións municipais en Cangas) pero por mor dun pacto entre todas as forzas de esquerda presentes nesa corporación (PCG,PSdeG-PSOE,BN-PG e UG) para investir alcalde aJosé Chapela González (PCG), que fora a segunda forza máis votada tras aUCD, Harguindey entrou no goberno local como concelleiro de cultura, ademais de 3º tenente de alcalde e mais presidente da Comisión de Educación, Cultura, Deportes, Protocolo e Prensa.[16][14] Durante esta primeira lexislatura democrática fixo unha defensa do uso do galego nos actos públicos e internos da corporación[16] impulsou a posta en valor dos petrógrifos de Laxe da Chan[17] e perseguiu a creación dunha casa da cultura en Cangas que servise para articular a vida cultural en Cangas.[18]