A cidade é un importante porto pesqueiro e conta cunhaestación de ferrocarril internacional. Entre os atractivos da localidade, destaca un balneario, famoso en toda a rexión.
Situada no medio doBidasoa, preto de Hendaia, ailla dos Faisáns é un lugar cargado de historia: en 1463,Lois XI tivo un encontro conHenrique IV,rei de Castela; en 1526,Francisco I, prisioneiro dos españois desde abatalla de Pavia, foi liberado nesta illa a cambio dos seus dous fillos, quen permaneceron baixo arresto durante catro anos; en 1615, desenvolveuse un intercambio de infantas reais: Isabel, irmá do rei francésLois XIII, prometida do fillo do monarca españolFilipe III, eAna de Austria, irmá daquel, prometida á súa vez do rei Lois XIII. En 1659, asinouse na illa aPaz dos Pireneos e o acordo nupcial entreLois XIV e María Tareixa, filla do rei españolFilipe IV. A partir do tratado de 1856, a illa dos Faisáns pasou a pertencer tanto aFrancia como aEspaña, e desde1901 ambos os países manteñen por quenda (seis meses cada un) o dereito á súa soberanía.
En1923, o novelista francésPierre Loti morreu en Hendaia, onde pasou gran parte da súa vida.
O23 de outubro de1940 produciuse unha entrevista histórica entre o ditador españolFrancisco Franco e o seu homólogo alemánAdolf Hitler. O obxecto do encontro, que se produciu no interior dun tren blindado estacionado naterminal de ferrocarril da localidade, era negociar a participación deEspaña nasegunda guerra mundial xunto ás potencias doEixe Roma-Berlín-Toquio. O réxime franquista solicitara previamente a obtención deXibraltar e todo o territorio deMarrocos, a cambio da súa belixerancia. Con todo, Franco argüiu durante a reunión as dificultades económicas que impedían a intervención española no conflito, razón pola cal ambas as partes non chegaron a acordos de importancia.