Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Hemorraxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hemorraxia
Clasificación e recursos externos
Sangrado dun dedo debido a unha ferida
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedianon dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Ahemorraxia ousangrado[1] consiste na perda desangue producida pola rotura dun ou varios vasos sanguíneos, ben sexan vasoscapilares (feridas leves),venosos ouarteriais. Nestes dous últimos casos, o sangue sae a presión e é preciso actuar rapidamente.

Clasificación

[editar |editar a fonte]
  • Hemorraxias internas: rompe un vaso no interior do corpo sen que o sangue saia do mesmo
  • Hemorraxias externas: diferénciase do anterior por mor de se producir unha ferida que rache ou corte a pel e que permita que mane ó exterior do corpo un fluxo sangíneo.
  • Hemorraxias agudas: vértese velozmente o sangue facendo temer unha inminente desaparición dasconstantes vitais.
  • Hemorraxias crónicas: Adoitan ser consecuencia dalgunhaenfermidade que produce unha perda sanguínea paulatina.

Actuación ante a hemorraxia interna

[editar |editar a fonte]

Se a hemorraxia interna é producida por unha rotura capilar estaremos ante unhamazadura á cal convirá aplicarlle xeo para, ó contraer mediante o frío os vasos sanguíneos, evitar que onegrón se estenda.

Ante unha hemorraxia interna arterial ou venosa é preciso pedir urxente axuda sanitaria, pois hai perigo deshock. Ossíntomas que pode presentar unha hemorraxia interna arterial son

Investigación

[editar |editar a fonte]

O día12 de outubro de2006 anunciouse que un equipo mixto de científicos da Universidade de Hong Kong (dirixidos polo Dr. Xo Kwok-Fai, xefe do Departamento deanatomía) e doMIT (EEUU) anunciou que descubrirapor casualidade un composto capaz de frear as hemorraxias en 15 segundos. A investigación inicial pretendía traballar na rexeneración dascélulas cerebrais e centrábase nosroedores, polo que faltaría a súa posible aplicación nacirurxía para humanos (onde o control de hemorraxias consome ata a metade do tempo dasoperacións). Os resultados publicáronse na revistaNature e, a pesar de non coñecer exactamente a natureza do novo material, supónse que se debe a que os seuspéptidos actúan ananoescala coma unxel protector sobre a ferida. Inicialmente o produto experimentouse para hemorraxias encerebro,fígado,pel e tecido damedula espiñal, para as cales faría innecesario o uso dos habituais sistemas de presión con pinzas, esponxas e aplicación decalor. Cun prazo de inicio de cinco anos para as probas clínicas, non se prevía que o seu uso se xeneralizase ata o2016.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "bUSCatermos; hemorraxia, sangrado".aplicacions.usc.es. Consultado o2022-04-04. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  HemorraxiaModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hemorraxia&oldid=6469615»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp