Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Aparato circulatorio

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hemocele»)

Aparato circulatorio
Sistema circulatorio humano. O vermello indica sangue arterial, o azul sinala o sangue venoso
Esquema dosistema cardiovascular, mostrando as principaisarterias (en vermello) eveas (en azul) para a circulaciónsanguínea
Latínsystema cardiovasculare

Oaparello circulatorio é aestrutura anatómica que comprende conxuntamente tanto ósistema cardiovascular que conduce e fai circular osangue (torrente sanguíneo), como ósistema linfático que conduce alinfa.

Tipos de sistemas circulatorios

[editar |editar a fonte]

Existen dous tipos de sistemas circulatorios:

Sistema circulatorio pechado: consiste nunha serie de vasos sanguíneos polos que, sen saír deles, viaxa osangue. O material transportado polo sangue chega ós tecidos a través de difusión. É característico deanélidos,moluscos cefalópodos evertebrados.

Sistema circulatorio aberto: o sangue bombeado polocorazón viaxa a través de vasos sanguíneos, co que o sangue irriga directamente ascélulas, regresando logo por distintos mecanismos. Este tipo de sistema preséntase nosartrópodos e nos moluscos non cefalópodos. Estes animais teñen un ou varios corazóns, unha rede de vasos sanguíneos e un espazo aberto grande no corpo chamadohemocele.[1]

A circulación do sangue ou circulación sanguínea describe o percorrido que fai o sangue dende que sae ata que volve ao corazón. A circulación pode ser simple ou dobre:

  • Circulación simple: ocorre cando o sangue forma un só ciclo e no seu percorrido pasa unha soa vez polo corazón. O sangue pasa unha vez polo corazón en cada volta.
  • Circulación sanguínea dobre: o sangue pasa dúas veces polo corazón en cada volta.

A circulación sanguínea tamén se clasifica en:

  • Circulación sanguínea completa: non hai mestura de sangue oxixenado e desoxixenado.
  • Circulación sanguínea incompleta: hai mestura de sangue oxixenado e desoxixenado.

O corazón dos seres humanos e da maioría dos vertebrados máis evolucionados divídese en catro cámaras (tetracameral). Noutros animais só teñen dúas ou tres cámaras, ou mesmo unha soa en forma tubular. Ademais hai animais que teñen máis dun corazón.

Sistema cardiovascular nos humanos

[editar |editar a fonte]

División en circuítos

[editar |editar a fonte]

No organismo humano hai dous tipos de circulación:

  • Circulación maior,somática ouxeral: o percorrido do sangue comeza noventrículo esquerdo do corazón, cargado deosíxeno, e esténdese pola arteriaaorta e as súas ramasarteriais ata osistema capilar, onde se forman asveas que conteñen sangue pobre en osíxeno. Desembocan nunha das dúasveas cavas (superior e inferior) que drenan naaurícula dereita do corazón.
  • Circulación menor,pulmonar oucentral: o sangue pobre en osíxeno parte desde o ventrículo dereito do corazón polaarteria pulmonar que se bifurca en cadanseu tronco para cada un de ambospulmóns. Nos capilares alveolares pulmonares o sangue osixénase a través dun proceso coñecido comohematose e recondúcese polas catro veas pulmonares que drenan o sangue rico en osíxeno, na aurícula esquerda do corazón.
  • Circulación portal: é un subtipo da circulación xeral orixinado de veas procedentes dun sistema capilar, que volve formar capilares nofígado, ó final do seu traxecto. Existen dous sistemas porta no corpo humano:
  1. Sistema porta hepático: as veas orixinadas nos capilares dotracto dixestivo desde oestómago ata orecto que transportan os produtos dadixestión, transfórmanse de novo en capilares nos sinusoides hepáticos dofígado, para formar de novo veas que desembocan na circulación sistémica a través das veas suprahepáticas ávea cava inferior.
  2. Sistema porta hipofisario: a arteria hipofisaria superior, procedente dacarótide interna, remifícase nunha primeira rede de capilares situados na eminencia media. Destes capilares fórmanse as veas hipofisarias que descenden polo talohipofisario e orixinan unha segunda rede de capilares naadenohipófise que drenan navea xugular interna.

Circulación nos invertebrados

[editar |editar a fonte]
  • Insectos: o sistema circulatorio é de tipo aberto ou lagunar. O seu cometido principal é o transporte de nutrientes, xa que o osíxeno se difunde por outras vías. O líquido circulante non é sangue senónhemolinfa, o corazón ten forma tubular, atópase en posición dorsal e conta con varios orificios laterais que se chamanostiolos. O corazón bombea a hemolinfa cara ás arterias que desembocan nos espazos lagunares, o camiño de volta cara ao corazón do insecto realízase a través dos ostiolos.[2]
Sección do corpo dun anélido en que é visible o vaso dorsal e ventral que se atopan conectados en cada segmento do animal.
  • Anélidos: dispoñen dun sistema circulatorio pechado que serve tanto para a distribución de osíxeno como de nutrientes. Teñen sangue que contén hemoglobina ou outras moléculas emparentadas comohemeritrina (rosada) ouclorocruorina (verdosa). Existe un vaso principal dorsal que leva o sangue en dirección á parte anterior do animal e outro ventral que segue o camiño inverso. Amiñoca por exemplo conta con cinco pares de pequenos corazóns que non son máis que curtos segmentos de vasos sanguíneos que teñen a capacidade de contraerse periodicamente para impulsar o sangue.[2]
  • Cefalópodos: tanto os polbos como as luras contan cun sistema circulatorio pechado. O líquido circulante é hemolinfa que se bombea a través dos vasos por un conxunto de tres corazóns, un principal ou sistémico e dous auxiliares, un en cada branquia. A hemolinfa transporta osíxeno grazas ao pigmentohemocianina.[2]

Circulación sanguínea nos vertebrados

[editar |editar a fonte]

Todos os animaisvertebrados disponen dun sistema circulatorio pechado especializado que trasporta o sangue dende o corazón aos tecidos e unsistema linfático que desemboca no anterior e transporta alinfa. O sistema circulatorio dos vertebrados está sempre formado por un corazón dotado dun potente músculo que se contrae e relaxa ritmicamente cunha frecuencia variable dependendo da especie e o grao de actividade. Os vasos poden serveas que transportan o sangue dende os tecidos ao corazón,arterias que conducen o sangue en sentido inverso, é dicir, dende o corazón aos tecidos, ecapilares que son uns pequenos vasos en que se une o sistema arterial co venoso.

Nos peixes a circulación é simple, existe un só circuíto e o corazón só conta con dúas cámaras: unha aurícula e un ventrículo. Os anfibios presentan un só ventrículo e dúas aurículas, por iso o sangue das dúas aurículas se mestura no ventrículo único (circulación incompleta). Nos réptiles existe un tabique que separa parcialmente o ventrículo en dúas partes, mais que non impide a mestura entre os dous sangues, por iso presentan tamén circulación incompleta. Nas aves e nos mamíferos o corazón conta con catro cámaras (tetracameral) e a circulación é dobre e completa, existe un tabique que separa totalmente o ventrículo dereito do esquerdo sen que se mesturen os dous sangues.[3]

Circulación en peixes

[editar |editar a fonte]
Sistema circulatorio nos peixes.

Nospeixes, ocorazón atópase en posición ventral, por baixo dafarinxe e preto das branquias. A súa disposición é lineal e consta de catro cámaras (seo venoso,aurícula,ventrículo e cono arterial ou aórtico) comunicadas por válvulas que impiden o retroceso do sangue.

A arteria branquial leva o sangue ás branquias para a súa oxigenación. Xa que logo, a circulación nestes animais ésimple ecompleta; é dicir, só existe un circuíto e non haberá mestura de sangues.

Circulación en anfibios

[editar |editar a fonte]
Sistema circulatorio dos anfibios.

Nos primeiros vertebrados pulmonados (anfibios eréptiles non crocodilianos) ocorazón está en posición torácica e aparece unha circulacióndobre, xa que existe un circuíto menor ou pulmonar, que leva o sangue venosa ós pulmóns e trae de volta ó corazón o sangue arterial desde aqueles, e o circuíto maior ou xeral, que leva o sangue arterial ó resto do corpo e trae de volta o sangue venoso ó corazón.

Nestes animais o corazón tentres cavidades: dúas aurículas (dereita e esquerda) e un único ventrículo moi musculoso. A aurícula dereita recibe o sangue venoso procedente do resto do corpo, e mándaa ó ventrículo para que este a bombee ós pulmóns a través da arteria pulmonar. A aurícula esquerda recibe o sangue arterial procedente dos pulmóns, mándaa ó ventrículo e este bombéaa ó resto do corpo a través da aorta. Entre as dúas arterias existe un pequeno tubo chamadoconduto de Botal. As aurículas contráense de forma sucesiva, polo que a mestura de sangues no ventrículo é escasa. De todos os xeitos, a circulación dobre seráincompleta.

Circulación en réptiles

[editar |editar a fonte]
Sistema circulatorio dos réptiles.

Nos réptilescrocodilianos xa existe unha división completa do ventrículo en dous compartimentos (dereito e esquerdo). Xa que logo, o corazón xa é tetracameral e ten dous caxatos aórticos: o esquerdo que sae do ventrículo dereito e leva sangue venoso, e o dereito que sae do ventrículo esquerdo e leva sangue arterial. Prodúcese unha pequenísima mestura de sangue na aorta descendente. Deste xeito, considérase que a circulación é dobre e completa (aínda que non totalmente).

Circulación en aves

[editar |editar a fonte]
Glóbulos vermellos dunha ave.

O sistema circulatorio dasaves é pechado, dobre e completo. O corazón consta de catro cavidades, dúas aurículas e dous ventrículos e o seu funcionamento é similar ao dos mamíferos. Unha diferenza con estes é que os glóbulos vermellos do sangue son elípticos e contan con núcleo.

Circulación en mamíferos

[editar |editar a fonte]

Osmamíferos dispoñen dun sistema circulatorio pechado, dobre e completo. O corazón conta con catro cavidades, dúas aurículas e dous ventrículos. Non se mestura o sangue osixenado co non osixenado como ocorre nos réptiles. O modelo de sistema circulatorio humano pode aplicarse a todos os mamíferos.

Ciclo cardíaco

[editar |editar a fonte]

Os capilares son os vasos sanguíneos máis numerosos do corpo. Todas as células do organismo atópanse preto dun vaso capilar de onde tomarán alimentos e oxíxeno e deixarán o dióxido de carbono. Os vasos capilares están conectados a veas pequenas, que se xuntan para formar veas máis grandes. As que devolven o sangue da cabeza e os brazos xúntanse para formar avea cava superior. O sangue da parte inferior do corpo lévase cara ao corazón polavea cava inferior.

Ambas asveas cavas, superior e inferior, levan osangue áaurícula dereita, unha das catro cavidades do corazón. De alí pasa ao ventrículo dereito a través daválvula tricuspide. O ventrículo dereito contráese e empuxa o sangue, a través daválvula pulmonar, cara á arteria pulmonar.

Aarteria pulmonar divídese en dúas ramas que levan o sangue cara aos vasos capilares de cadapulmón, onde o oxíxeno entra no sangue e o dióxido de carbono sae dela. Despois, o sangue regresa polas veas pulmonares ata aaurícula esquerda e de alí, pasando pola válvula mitral, chega aoventrículo esquerdo. Este empuxa o sangue a través daválvula aórtica cara á arteria aorta, que leva o sangue de novo oxixenada a todos os capilares do noso corpo e así complétase o ciclo.[4]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. [1] Google libros:Biología: la vida en la tierra Escrito por Gerald Audesirk, Teresa Audesirk, Bruce E. Byerspag, p. 550.
  2. 2,02,12,2Biología: la vida en la tierra. Teresa Audesirk, 2008
  3. Ciencias naturales y su didáctica Julia Morros Sardá, pp. 121-122.
  4. Pascuzzi, Dr. Javier."Ciclo cardiaco". Arquivado dendeo orixinal o 18-11-2016. Consultado o 12-11-2016. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Aparato circulatorioModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
TA 2-4:
Músculo-esquelético
TA 5-11:
espláncnico/
vísceras
principalmente
Torácica
Tracto respiratorio superior (nariz,farinxe,larinxe· Tracto respiratorio inferior (traquea,bronquio,pulmón)
principalmente
Abdominopélvica
Aparato dixestivo+
glándulas anexas
Boca (glándula salivar,lingua· Tubo dixestivo superior (farinxe,esófago,estómago· Tubo dixestivo inferior (intestino delgado,apéndice,colon,recto,ano· Glándulas accesorias (fígado,vesícula biliar,páncreas)
Ril · Uréter · Vexiga · Uretra
TA 12-16
periférico (arteria,vea· Corazón
primario (medula ósea,timo· secundario (bazo,ganglio linfático)
N/S
Non-TA
Circulación sistémica
(Corazón, lado esquerdo) →Aorta →Arterias →Arteríolas →Capilares →Vénulas →Veas →Vea cava → (Corazón, lado dereito)
Circulación pulmonar
(Corazón, lado dereito) →Arterias pulmonares → (Pulmóns) →Vea pulmonar → (Corazón, lado esquerdo)
Vasos sanguíneos
Arterias
Veas
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aparato_circulatorio&oldid=6472847#Tipos_de_sistemas_circulatorios»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp