Helsinqui[1] (enfinés:Helsinki (axuda·info), ensueco:Helsingfors (axuda·info)) cuns 628.000 habitantes[2], é a capital da República deFinlandia e a maior cidade. Está situada na costa sur do mesmo país, á beira do Golfo de Finlandia. Foi fundada no1550 polos suecos. En1809 pasou a mans rusas, ata1917, data da independencia do país.
En1952 foi sede olímpica dos Xogos de verán, dos que saíu reforzada no panorama deportivo mundial. No agosto de2005 acolleu o Campionato Mundial de Atletismo. Como atracción turística atópase acatedral de Uspenski (1868), deseñada porAlexander Gornostayev, de grande valor artístico. Tamén é digna de ver o conxunto neoclásico da Praza do Senado, na parte antiga da cidade.
En2000 foi elixida Cidade Europea da Cultura, e celebrou o seu 450º aniversario.