Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Heinz-Harald Frentzen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde abril de 2020.)
Modelo:BiografíaHeinz-Harald Frentzen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de maio de 1967Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Mönchengladbach (Alemaña)Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula UnEditar o valor en Wikidata
DeporteautomobilismoEditar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le MansEditar o valor en Wikidata

Sitio webfrentzen.deEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm1571055Musicbrainz: 5c68d855-3d98-4265-95e0-dd85e22ffa25Editar o valor en Wikidata

Heinz-Harald Frentzen, nado enMönchengladbach (Renania do Norte-Westfalia) o18 de maio de1967, tamén coñecido como 'HHF', é un expiloto de carreirasalemán. Foi subcampión no campionato do mundo de pilotos da fórmula un de1997, pilotando paraWilliams.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Frentzen naceu o 18 de maio de 1967 na cidade de Alemaña Occidental deMönchengladbach fillo de Heinrich-Harald Frentzen, un empresario de pompas fúnebres alemán, e a súa esposaespañola Angela. Ten dúas irmás, Sylvia, teóloga, Sonia, mestra e dúas medias irmás Samantha e Nicole-Nadine. A súa familia estaba conectada co automobilismo; o seu pai correu entre 1950 e 1957. Os pais de Frentzen divorciáronse cando tiña oito anos e o seu pai casou posteriormente cunha mexicana Araceli, mentres Angela regresou a España.[1]

Frentzen comezou nos kart aos doce anos de idade, despois de que o seu pai lle regalase o seu primeiro kart, e fixo uns inicios extraordinariamente acertados.[2] En 1981, con catorce anos, Frentzen gañou o Campionato Alemán Júnior Kart. Dous anos máis tarde, Frentzen participou no CIK Asia Pacific Championships en Australia pilotando un Dino aínda que non terminou.[3] En 1984, terminou en segundo lugar na clase 100cc.[4] Financiado e apoiado polo seu pai, propietario dunha funeraria, quen tamén actuou tanto como xefe de equipo como de xefe mecánico.

En 1986, Frentzen pasou a competir nas seriesFórmula Ford 2000 alemá. Logo de dúas tempadas na Fórmula Ford foi subcampión na serie en 1987, malia non participar en todas as carreiras. Frentzen progresou á Fórmula alemá Opel Lotus en 1988 no Equipo Júnior do expiloto de Fórmula UnJochen Mass, quen quedara impresionado polas actuacións de Frentzen na Fórmula Ford. Frentzen foi campión da serie alemá no seu primeiro ano e o seu compañeiro de equipo Marco Werner terminou terceiro no campionato. Tamén participou na Fórmula Opel Lotus Euroseries, onde terminou 6º no campionato, con 56 puntos.

O seguinte paso foi o Campionato Alemán de Fórmula 3 en 1989, onde Frentzen competiu contra moitas futuras estrelas, incluíndoMichael Schumacher eKarl Wendlinger. Nese momento, houbo un grande apoio deBernie Ecclestone para ter un piloto alemán no Campionato do Mundo de Fórmula Un, polo que o ONS (Oberste Nationale Sportkommission, comité nacional do automobilismo alemán) decidiu apoiar a Frentzen e Schumacher. O ONS ofertou unha recompensa dunha proba na Fórmula Un para o primeiro piloto que lograra unha vitoria nunha carreira de Fórmula 3. Gañou Schumacher, nunha polémica carreira enZeltweg, Austria, na que Frentzen afirmou que Schumacher obrigouno a abandonar a pista. Con todo, Schumacher non obtivo a proba na Fórmula Un de todos os xeitos;Karl Wendlinger gañou o campionato alemán de Fórmula 3 e Frentzen converteuse en subcampión conxunto con Schumacher (os dous terminaron empatados a puntos).

En 1990, Frentzen incorporouse a serie fórmula 3000 Internacional pilotando paraEddie Jordan Racing xunto conEddie Irvine. Frentzen terminou a tempada 16º no campionato, anotando 3 puntos. No mesmo ano, tamén participou no World Sports Prototype Championship pilotando un Mercedes-Benz C11 cun podio e seis puntos. En 1991, Frentzen continuou pilotando na Fórmula 3000 International para Vortex Motorsport e anotou cinco puntos.

Fórmula Un

[editar |editar a fonte]

Sauber (1994-1996)

[editar |editar a fonte]
Frentzen noGP de Francia de 2003

Na tempada1994 de Fórmula 1,Peter Sauber ofreceulle ao alemán unha proba para aFórmula 1 nun coche Sauber C13 con motorMercedes-Benz, para ser compañeiro de equipo de Wendlinger. A súa actuación impresionou aFrank Williams, tanto que este lle ofreceu substituír o falecidoAyrton Senna enWilliams trala morte do brasileiro, pero Frentzen decidiu seguir conSauber, e as súas actuacións mantiveron o nivel do equipo despois de que Wendlinger sufrise varias feridas enMónaco.

Na tempada1995 de Fórmula 1, cos novos motoresFord, Frentzen conseguiu o seu primeiro podio e acabou noveno no Campionato de Pilotos. Con todo, na tempada1996, a falta de fiabilidade do Sauber fixo que se retirase en moitas carreiras. Das súas actuacións naquel ano destaca que foi un dos catro pilotos que logrou acabar oGran Premio de Mónaco de 1996, no que as fortes choivas fixeran acto de presenza.

Williams (1997-1998)

[editar |editar a fonte]

A tempada1997 debería ser a da explosión de Frentzen, dado que asinou co equipoWilliams-Renault, que dominara a tempada anterior. Logrou a súa primeira vitoria noGran Premio de San Marino, pero a tempada foi desalentadora para o piloto alemán, xa que pasou dunha atmosfera de equipo casefamiliar enSauber a ter problemas conPatrick Head. Malia que se clasificaba ben, adoitaba perder posicións durante a carreira e quedar detrás do seu compañeiro de equipoJacques Villeneuve. Na seguinte tempada, xa sen o motor Renault, Williams perdeu posicións con respecto aFerrari eMcLaren, sendo o mellor resultado de Frentzen un terceiro posto noGran Premio de Australia, a primeira carreira da tempada.

Jordan (1999-2001) e Prost (2001)

[editar |editar a fonte]

Na tempada de Fórmula 1 de1999, Frentzen pasouse aJordan-Honda, gozando da que probablemente sería a súa mellor tempada na Fórmula 1, con dúas vitorias nos Grandes Premios deFrancia eItalia, acabando terceiro no mundial de pilotos. Co seu triunfo en Monza na décimo terceira cita pasou a ser o terceiro en discordia na loita polo mundial, colocándose a só dez puntos deMika Häkkinen e a nove deEddie Irvine. Na sesión de cualificación doGran Premio de Europa de 1999, o alemán lograba a súa primeira pole do ano. Con todo, a metade da carreira viuse obrigado a abandonar debido a un problema eléctrico cando lideraba comodamente a proba, feito que sumado aos problemas clasificatorios enMalaisia quitáronlle calquera opción de alzarse co campionato. Sumou seis podios aquel ano. As tempadas2000 e2001 foron os escenarios dunha batalla co equipoBritish American Racing, ao que Honda comezou tamén a fornecer motores. Frentzen conseguiu dous podios no 2000, pero Jordan acabou igualmente por baixo de BAR no Campionato de Construtores. Frentzen abandonaría o equipo na tempada2001, tras varias carreiras sen puntos, lesións e unha serie de retiradas, sendo substitudo porJean Alesi. O alemán ocupou o lugar de Alesi na escuderíaProst durante o resto da tempada.

Arrows (2002) e Sauber (2002-2003)

[editar |editar a fonte]

Na tempada2002, Frentzen participou en varias carreiras conArrows ata a creba da escudaría. Puido participar conSauber noGran Premio dos Estados Unidos de 2002 substituíndo aFelipe Massa, acabando en décimo terceira posición. En2003, foi piloto titular de Sauber xunto aNick Heidfeld, logrando un terceiro posto noGran Premio dos Estados Unidos.

Rexistro de carreiras

[editar |editar a fonte]

Traxectoria profesional

[editar |editar a fonte]

Resultados completos na Fórmula 3000 International

[editar |editar a fonte]

(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras enitálica indican volta rápida)

AnoEquipoChasisMotor1234567891011DCPuntos
1990Eddie Jordan RacingReynard 90DMugenDON
Ret
SIL
Ret
PAU
Ret
JER
17
MNZ
Ret
PER
5
HOC
6
BRH
7
BIR
Ret
BUG
Ret
NOG
NSC
18º3
1991Vortex MotorsportLola T91/50MugenVAL
Ret
PAU
Ret
JER
12
MUG
6
PER
5
HOC
NSC
BRH
12
SPA
5
BUG
Ret
NOG
Ret
14º5

Resultados completos na Fórmula 3000 xaponesa

[editar |editar a fonte]

(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (carreiras enitálica indican volta rápida)

AnorEquipoChasisMotor1234567891011DCPuntos
1992Team NovaLola T92/50MugenSUZFUJMINSUZAUTSUGFUJFUJSUZ
6
FUJ
7
SUZ
3
14º5
1993Team NovaLola T93/50MugenSUZ
Ret
FUJ
Ret
MIN
Ret
SUZ
8
SUG
14
FUJ
2
SUZ
10
FUJ
12
SUZ
5
8

Resultados Completos na Fórmula Un

[editar |editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indicanpole position; as carreiras encursiva indicanvolta rápida.

AnorEquipoChasisMotor1234567891011121314151617Pos.Pts.
1994SauberMercedesSauberC13Mercedes 2175B 3.5V10BRA
Ret
PAC
5
SMR
7
MON
NTS
ESP
Ret
CAN
Ret
FRA
4
GBR
7
ALE
Ret
HUN
Ret
BEL
Ret
ITA
Ret
POR
Ret
EUR
6
XPN
6
AUS
7
13º7
1995Red BullSauberFordSauberC14Ford ECA Zetec-R 3.0V8BRA
Ret
ARX
5
SMR
6
ESP
8
MON
6
CAN
Ret
FRA
10
GBR
6
ALE
Ret
HUN
5
BEL
4
ITA
3
POR
6
EUR
Ret
PAC
7
XPN
8
AUS
Ret
15
1996Red BullSauberFordSauberC15Ford JD Zetec-R 3.0V10AUS
8
BRA
Ret
ARX
Ret
EUR
Ret
SMR
Ret
MON
4
ESP
4
CAN
Ret
FRA
Ret
GBR
8
ALE
8
HUN
Ret
BEL
Ret
ITA
Ret
POR
7
XPN
6
12º7
1997RothmansWilliamsRenaultWilliamsFW19Renault RS9 3.0V10AUS
8
BRA
9
ARX
Ret
SMR
1
MON
Ret
ESP
8
CAN
4
FRA
2
GBR
Ret
ALE
Ret
HUN
Ret
BEL
3
ITA
3
AUT
3
LUX
3
XPN
2
EUR
6
42
1998WinfieldWilliamsWilliamsFW20Mecachrome GC37-01V10AUS
3
BRA
5
ARx
9
SMR
5
ESP
8
MON
Ret
CAN
Ret
FRA
15
GBR
Ret
AUT
Ret
ALE
9
HUN
5
BEL
4
ITA
7
LUX
5
XPN
5
17
1999Benson & HedgesJordanJordan199Mugen Honda MF-301 HD 3.0V10AUS
2
BRA
3
SMR
Ret
MON
4
ESP
Ret
CAN
11
FRA
1
GBR
4
AUT
4
ALE
3
HUN
4
BEL
3
ITA
1
EUR
Ret
MAL
6
XPN
4
54
2000Benson & HedgesJordanJordanEJ10Mugen Honda MF-301 HD 3.0V10AUS
Ret
BRA
3
SMR
Ret
GBR
17
ESP
6
EUR
Ret
MON
10
CAN
Ret
FRA
7
AUT
Ret
11
JordanEJ10BMugen Honda MF-301 HE 3.0V10ALE
Ret
HUN
6
BEL
6
ITA
Ret
USA
3
XPN
Ret
MAL
Ret
2001Benson & HedgesJordanHondaJordanEJ11Honda RA001E 3.0V10AUS
5
MAL
4
BRA
11
SMR
6
ESP
Ret
AUT
Ret
MON
Ret
CANEUR
Ret
FRA
8
GBR
7
ALE13º6
ProstAcerProstAP04Acer 3.0V10HUN
Ret
BEL
9
ITA
Ret
USA
10
XPN
12
2002OrangeArrowsArrowsA23Cosworth CR-3 3.0V10AUS
DSC
MAL
11
BRA
Ret
SMR
Ret
ESP
6
AUT
11
MON
6
CAN
13
EUR
13
GBR
Ret
FRA
NSC
ALE
Ret
HUNBELITA18º2
SauberPetronasSauberC21Petronas 02A 3.0V10USA
13
XPN
2003SauberPetronasSauberC22Petronas 03A 3.0V10AUS
6
MAL
9
BRA
5
SMR
11
ESP
Ret
AUT
NTS
MON
Ret
CAN
Ret
EUR
9
FRA
12
GBR
12
ALE
Ret
HUN
Ret
ITA
13
USA
3
XPN
Ret
11º13

Resultados completos no DTM

[editar |editar a fonte]

(clave)

anoEquipoCoche1234567891011PosPuntos
2004OPC Team HolzerOpel Vectra GTS V8 2004HOC
11
EST
12
ADR
12
LAU
Ret
NOR
Ret
SHA
7
NÜR
Ret
OSC
14
ZAN
Ret
BRN
6
HOC
12
14º3
2005OPC Team HolzerOpel Vectra GTS V8 2005HOC
Ret
LAU
14
SPA
15
BRN
3
OSC
14
NOR
6
NÜR
12
ZAN
3
LAU
7
IST
Ret
HOC
18
17
2006Abt SportslineAudi A4 DTM 2006HOC
3
LAU
13
OSC
4
BRA
17
NOR
11
NÜR
6
ZAN
5
CAT
3
BUG
10
HOC
14
24

Unha carreira fóra de campionato disputouse en 2004 nas rúas de Shanghai, China.

Resultados Completos nas 24 Horas de Le Mans

[editar |editar a fonte]
AnoEquipoCo-PilotosCocheClasevoltasPos. xeralPos. clase
1992Países Baixos Euro RacingPaíses BaixosCharles Zwolsman, Sr.
Shunji Kasuya
Lola T92/10-JuddC127113º
2008Aston Martin RacingItaliaAndrea Piccini
AustriaKarl Wendlinger
Aston Martin DBR9GT133916º

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. von Lorentz, Frank (4 de abril de 2004)."Ein Mädchen gibt Vollgas" [A girl goes full throttle](en German). Die Welt. Consultado o 22 de outubro de 2014. 
  2. "Frentzen: The man behind the wheel".BBC Sport. British Broadcasting Corporation. 25 de xullo de 2001. Consultado o 22 de outubro de 2014. 
  3. Phillips, Sean (10 de decembro de 2013)."The 1983 CIK Asia Pacific Championships". KartSportNews.com. Consultado o 22 de outubro de 2014. 
  4. Вице Чемпионы формулы 1: Хайнц-Харальд Френтцен [Vice champion of Formula 1: Heinz-Harald Frentzen](en Russian). avtosport.com. Arquivado dendeo orixinal o 02 de abril de 2014. Consultado o 23 de outubro de 2014. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Heinz-Harald FrentzenModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Heinz-Harald_Frentzen&oldid=6962298»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp