Heather Locklear
 |
| Biografía |
|---|
| Nacemento | (en)Heather Deen Locklear 25 de setembro de 1961 (64 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
|---|
| Educación | Universidade de California, Os Ánxeles Newbury Park High School(en)  |
|---|
| Altura | 1,65 m |
|---|
| Peso | 123 lb |
|---|
| Cor dos ollos | Azul |
|---|
| Cor do pelo | Louro |
|---|
| Actividade |
|---|
| Ocupación | actriz, modelo, actriz de cinema, actriz de dobraxe, produtora, actriz de televisión |
|---|
| Período de actividade | 1980 - |
|---|
| Partido político | Partido Republicano |
|---|
| Representante | Brillstein Entertainment Partners(en)  |
|---|
| Patrimonio estimado | 6.000.000 $ |
|---|
| Obra |
|---|
Obras destacables |
| Familia |
|---|
| Cónxuxe | Richie Sambora(1994–2007),divorcio Tommy Lee(1986–1993),divorcio |
|---|
| Parella | Jack Wagner(2007–2011) |
|---|
| Fillos | Ava Sambora ( )Richie Sambora |
|---|
| Parentes | Marla Maples,fourth cousin |
|---|
| Premios |
|---|
|
|
| Descrito pola fonte | Obálky knih,  |
|---|
     
    |
Heather Deen Locklear, nada nosÁnxeles o25 de setembro de1961, é unha actriz estadounidense, coñecida polo papel de Sammy Jo Carrington en Dinasty (1981-1989) e mais o de Amanda Woodward enMelrose Place (1993-99), polo que recibiu catroGlobos de Ouro consecutivos á mellor actriz nunha serie de televisión dramática.
Locklear é filla dunha executiva de produción, Diane, e dun administrador da UCLA, William Locklear[1][2]. Estudou na UCLA, e neses anos principiou a traballar como modelo e en anuncios. En 1980 debutou na televisión con pequenos papeis en episodios das series CHiPs,240-Robert eEight is Enough, antes de iniciar a súa colaboración a longo prazo conAaron Spelling que empezou co papel de Sammy Jo Dean durante a segunda tempada deDinasty en 1981. Logo apareceu como unha das protagonistas, a partir da segunda tempada, de T. J. Hooker xunto a William Shatner, mentres seguía a facer aparicións esporádicas enDinasty e tras o remate de T. J. Hooker en 1986 de novo actuando regularmente ata a súa cancelación en 1989.
En 1989 protagonizou The Return of Swamp Thing coa que gañou o premio satírico Razzie á peor actriz de 1990[3]. E nese ano protagonizou Going Places, unha serie de comedia que se cancelou despois da primeira tempada. En 1993 logrou o que sería o seu papel máis coñecido, o de Amanda Woodward na serie de Aaron SpellingMelrose Place, unha serie derivada de Beverly Hills, 90210. Ao primeiro Locklear asinara tan só para catro episodios, o primeiro emitiuse o 27 de xaneiro de 1993, mais pasou a ser un membro regular do elenco, malia anunciarse como estrela especial convidada nos créditos de apertura, ata a súa cancelación en 1999. Ao longo da súa carreira, Locklear apareceu en oito producións de televisión realizadas por Aaron Spelling:Dinasty,T. J. Hooker,Matt Houston,Fantasy Island,The Love Boat,Hotel,Melrose Place e o telefilme Rich Men, Single Woman.
Locklear apareceu na portada de Rolling Stone o 19 de maio de 1994, época na que Melrose Place estaba no auxe da súa popularidade[4]. A revistaPeople recoñeceuna como unha das 50 persoas máis fermosas dúas veces, primeiro en 1994 e, de novo, en 2001[5] Tamén foi o centro de interese dun especial de Intimate Portrait de Lifetime e de E! True Hollywood Story .
Tras Melrose Place apareceu dende 1999 como actriz regular enSpin City (inicialmente con Michael J. Fox e máis tarde con Charlie Sheen). A serie rematou en 2002 e Locklear gañou dous Globos de Ouro á mellor actriz en series de televisión de comedia. En 2002 tivo un breve papel regular na serie de comediaScrubs. En 2003 estrelou un piloto para a súa propia serie de comedia,Once Around the Park, pero non tivo éxito. O mesmo ano, Locklear apareceu no filme Uptown Girls. En 2004, Locklear fixo a súa aparición na serie de televisiónTwo and a Half Men con Charlie Sheen. Apareceu amais na serie dramática LAX, que se cancelou logo de 11 episodios. En 2005, Locklear apareceu no filme The Perfect Man conHilary Duff. E tamén nese ano tivo un breve papel recorrente enBoston Legal.
En 2007 apareceu no posto 25 da lista das 100 mellores iconas de televisión daTV Guide e Entertainment Weekly[6]. Participou en 2009 na versión actualizada que realizou CW de Melrose Place, repetindo o seu papel como Amanda Woodward en oito episodios. Así e todo a serie tivo baixos índices de audiencia e cancelouse tras a primeira tempada[7].
En 2012, Locklear comezou a aparecer nun papel recorrente na serie de comedia de TV LandHot in Cleveland. En 2013 converteuse en regular na comedia dramáticaFranklin & Bash.
| Ano | Título | Papel | Notas | Episodio(s) | Audiencias (millóns) |
|---|
| 1980 | CHiPs | Teenager | Serie de televisión | "Satan's Angels" | N/A |
| 1981 | 240-Robert | Jean | Serie de televisión | "Hostages" | N/A |
| 1981 | Eight is Enough | Ingrid | Serie de televisión | "Yet Another Seven Days in February" | N/A |
| 1981 | Twirl | Cherie Sanders | Telefilme | N/A |
| 1981–1989 | Dynasty | Sammy Jo Carrington | Serie de televisión | 127 episodios (Recorrente t. 2–5; Regular t. 6–9) | |
| 1982 | The Fall Guy | June Edwards | Serie de televisión | "Scavenger Hunt" | N/A |
| 1982 | Fantasy Island | Lorraine Wentworth | Serie de televisión | "Thank God, I'm a Country Girl" | N/A |
| 1982 | Matt Houston | Cindy McNichol | Serie de televisión | "Stop the Presses" | N/A |
| 1982–1986 | T. J. Hooker | Officer Stacy Sheridan | Serie de televisión | 84 episodios (t. 2–5) | N/A |
| 1983 | Tales of the Unexpected | Pat Ward | Serie de televisión | "Youth from Vienna" | N/A |
| 1983 | Hotel | Miranda Harding | Serie de televisión | "Choices" | N/A |
| 1983 | The Love Boat | Patti Samuels | Serie de televisión | "Youth Takes a Holiday/Don't Leave Home Without It/Prisoner of Love" | N/A |
| 1983 | The Fall Guy | Paige Connally | Serie de televisión | "Just a Small Circle of Friends" | N/A |
| 1984 | City Killer | Andrea McKnight | Telefilme |
| 1988 | Rock 'n' Roll Mom | Darcy X | Telefilme |
| 1990 | Jury Duty: The Comedy | Rita Burwald | Telefilme |
| 1990 | Rich Men, Single Women | Tori | Telefilme |
| 1990–1991 | Going Places | Alexandra "Alex" Burton | Serie de televisión | 19 episodios | N/A |
| 1991 | Dynasty: The Reunion | Sammy Jo Carrington | Miniserie | | 16.8 (Parte 1) ; 15.3 (Parte 2) |
| 1991 | Her Wicked Ways | Melody Shepherd | Telefilme | | 24.5[8] |
| 1992 | Batman: The Animated Series | Lisa Clark (voice) | Serie de televisión | "Prophecy of Doom" |
| 1992 | Body Language | Betsy | Telefilme |
| 1992 | Highway Heartbreaker | Alex | Telefilme | | 22.5[9] |
| 1992 | Illusions | Jan Sanderson | Telefilme |
| 1993–1999 | Melrose Place | Amanda Woodward | Serie de televisión | 199 episodios (Recorrente t. 1; Regular t. 2–7) | |
| 1993 | Fade to Black | Victoria | Telefilme |
| 1995 | Texas Justice | Priscilla Davis | Miniserie | | 24.7 (Parte 1) ; 21.4 (Parte 2)[10] |
| 1996 | Shattered Mind | Suzy / Bonnie / Ginger / Victoria / D.J. | Telefilme | | 17.4[11] |
| 1997 | Muppets Tonight | Herself | Serie de televisión | Estrela convidada |
| 1999–2002 | Spin City | Caitlin Moore | Serie de televisión | 71 episodios (Tempadas 4–6) |
| 2000 | King of the Hill | Peggy Donovan (voice) | Serie de televisión | "Old Glory" |
| 2002 | Ally McBeal | Nicole Naples | Serie de televisión | "Tom Dooley" | 8.1[12] |
| 2002 | Scrubs | Julie Keaton | Serie de televisión | "My First Step" ; "My Fruit Cups" | 17.5 ; 19.9[13] |
| 2003 | Once Around the Park | Alex Wingfield | Serie de televisión | Piloto |
| 2004 | Two and a Half Men | Laura Lang | Serie de televisión | "No Sniffing, No Wowing" | 16.2[14] |
| 2004–2005 | LAX | Harley Random | Serie de televisión | 11 episodios |
| 2005 | Boston Legal | Kelly Nolan | Serie de televisión | "The Black Widow" ; "Shadenfreude" | 12.4 ; 11.8 |
| 2006 | Women of a Certain Age | Barb | Serie de televisión | Piloto |
| 2007 | Angels Fall | Reese Gilmore | Telefilme | | 5.0[15] |
| 2007 | Hannah Montana | Heather Truscott | Serie de televisión | "Lilly's Mom Has Got It Goin' On" |
| 2007 | Rules of Engagement | Barbara | Serie de televisión | "Audrey's Sister" ; "Engagement Party" | 10.1 ; 10.8[16] |
| 2007 | See Jayne Run | Jayne Doherty | Serie de televisión | Piloto |
| 2008 | Flirting with Forty | Jackie Laurens | Telefilme | | 4.0[17] |
| 2009–2010 | Melrose Place | Amanda Woodward | Serie de televisión | 8 episodios |
| 2011 | He Loves Me | Laura | Telefilme | N/A |
| 2012–2013 | Hot in Cleveland | Chloe | Serie de televisión | "That Changes Everything" ; "A Midwinter Night's Sex Comedy" ; "Cleveland Fantasy Con" | N/A |
| 2013 | Franklin & Bash | Rachel King | Serie de televisión | 10 episodios (t.3) | |
| 2016 | The Game of Love | Frankie | Telefilme |
| 2016–2017 | Too Close to Home | The First Lady | Serie de televisión | 8 episodios (T. 1-2) | Here |
| 2017 | Fresh Off the Boat | Sarah | Serie de televisión | "The Gloves Are Off" | 3.85[18] |
| Ano | Título | Papel | Estudio | Recadación nos Estados Unidos [19] | Recadación mundial |
|---|
| 1984 | Firestarter | Victoria 'Vicky' Tomlinson McGee | Universal | $17.080.167 |
| 1989 | The Return of Swamp Thing | Abigail "Abby" Arcane | Lightyear Entertainment | $192.816 |
| 1991 | The Big Slice | Tanya | SC Entertainment International | N/A |
| 1993 | Wayne's World 2 | Herself (cameo) | Paramount | $48.197.805 |
| 1996 | The First Wives Club | Sharon Griffin (cameo) | Paramount | $105.489.203 | $181.489.203 |
| 1997 | Double Tap | Agent Katherine Hanson | HBO | N/A |
| 1997 | Money Talks | Grace Cipriani | New Line | $40.922.619 | $48.407.611 |
| 2003 | Looney Tunes: Back in Action | Dusty Tails | WB | $20,991,364 | $68,514,844 |
| 2003 | Uptown Girls | Roma Schleine | MGM | $37.182.494 | $44.617.342 |
| 2005 | The Perfect Man | Jean Hamilton | Universal | $16.535.005 | $19.770.475 |
| 2006 | Game of Life | Irene | Mesquite Entertainment Group | N/A |
| 2009 | Flying By | Pamela | ARTE & Encore Partners | N/A |
| 2013 | Scary Movie 5 | Barbara | Dimension Films & DZE and Brad Grey Pictures | $32.015.787 | $78.378.744 |