Ohaxix (doárabe حشيش [hashish] "herba") é unhadroga psicotrópica derivada docánnabis. De aspecto sólido, faise maleable coa calor. A súa cor pode variar do marrón avermellado ao negro, verdoso e coloración dourada. Adóitase fumar en pipa e mesturado cotabaco ou agromos deCannabis. O seu contido en aceites ricos encannabinoides (Tetra-Hidro-Cannabinol=THC) faino altamente intoxicante, con efectos psicoactivos que clasifican a certas variedades de plantas de cánnabis como droga branda.
Produce un efecto distinto ó damarihuana e máis prexudicial para os pulmóns debido ao contido dealcatrán ó mesturalo co tabaco.
En realidade o haxix pode presentar varias tonalidades, formas e riqueza de THC. distintos (do 4% o 10%), dependendo do país de orixe; verde escuro tirando a marrón enMarrocos, negro doLíbano e Medio Oriente, negro comobrea retorcida onepalí. En ocasións o produto pode ser adulterado conpensos compostos ouesterco.
Ao haxix tamén se lle chamachocolate de maneira informal pola súa similitude. E, popularmente, segundo o seu contido deTHC distínguense varios tipos de haxix, sendo máis activo canto máis tetrahidrocannabinol posúa. Así definimos logo: oapaleado, onde o haxix perde o seu nome; aficha, oucosto, haxix de baixa calidade; opole, diferénciase docosto en que é máis mol e oleoso, como a "barriña" (pola súa forma de elaborar despois, en barriñas que se enrolan cun papel canda o tabaco) e o "oviño" (pois encóntrase en forma de bóla oval), ambos moimaleábeis.
O haxix natural, fabricado tradicionalmente e que non leva aditivos nocivos, é como amarihuana, unha das drogas doOMS con menosdependencia física, mais si crea grandependencia psicolóxica que en persoas psicopáticas leva a problemas de saúde graves.