Hassan Nasrallah (enárabe: حسن نصر الله, romanizado: Ḥasan Naṣr-Allāh) nado enBourj Hammoud, un barrio deBeirut o31 de agosto de1960[1] e finado tamén en Beirut o27 de setembro de2024,[2] foi un cregoxiíta e político libanés.
Dende 1992, foi o secretario xeral e guía espiritual do partido político e miliciaHezbolá, dende o asasinato en 1992 do anterior dirixente,Abbàs al-Musawí, por parte dasForzas de Defensa de Israel, e era considerado como unha das figuras máis influentes de Oriente Medio[3] que espallou a influencia de Hezbolá,[4] e tamén, é definido como un dos dirixentesde facto deLíbano.[5][6]
No Líbano, é visto como a principal cara da resistencia a Israel. Coa liberación do sur do Líbano da ocupación israelí en 2000, logo a guerra de xullo de 2006, foi considerado un heroe por algúns libaneses pero como un inimigo mortal por Israel.
Hezbolá cultivou a imaxe nos medios de Nasralah como unha autoridade carismática e en medios comoAl Jazeera foi comparado xunto con outros líderes árabes comoYasser Arafat eGamal Abdel Nasser, e con revolucionarios de esquerdas comoChe Guevara eFidel Castro, e destacou a súa popularidade enPalestina.[7] Porén, esa imaxe foise debilitando posteriormente.[8]
O 28 de setembro de 2024, o exército israelí afirmou que o matou nun ataque aéreo en Beirut, como parte dunha intensificación dos bombardeos contra Hezbolá no Líbano, na denominada "Operación Espadas de Ferro",[9] e no que tamén morreron seis persoas, houbo 91 feridos e arrasou seis edificios de vivendas.[10][11] Aos poucos, o grupo libanés confirmou a morte do seu líder.[12][13][14]
Nasrallah foi o noveno dunha familia de dez fillos dunha familia xíi en Bourj Hammoud, distrito de Matn, un dos barrios pobres do leste de Beirut.[15] Proviña dunha familia humilde, seu pai era vendedor de froitas e verduras[16] e, cando apenas tiña 15 anos, o comezo daGuerra civil no Líbano, en 1975, obrigou a Nasrallah e á súa familia a volver ao sur do Líbano á casa orixinaria dos pais, onde viviran antes do nacemento do seu primoxénito Nasrallah, enAl Bazuriyah.[17]
Nese contexto, e aínda que a súa familia non era considerada relixiosa, segundo os estándares libaneses, asistiu á escola al-Najah e máis tarde a unha escola pública no barrio predominantemente cristián de Sin el Fil;[1][18] mais el estaba interesado nos estudos teolóxicos e, aos quince anos, comezou a estudar teoloxía e literatura islámicas e fíxose membro doMovemento Amal.[15]
- ↑1,01,1Tucker & Roberts 2008, p. 727
- ↑Pita, Antonio (28 de setembro de 2024)."Israel mata a Hasan Nasralá, máximo líder de Hezbolá, en un bombardeo en Beirut".elpais.com(encastelán). Consultado o 30 de setembro de 2024.
- ↑Daher, Aurélie (2019). "The Hassan Nasrallah Phenomenon: Leadership and Mobilization"._Mobilization and Power(eninglés). Oxford: Oxford University Press. pp. 151–172.ISBN 9780190495893.doi:10.1093/oso/9780190495893.003.0007.
- ↑Ferguson, Jane (13 de xuño de 2017)."What the rising power of Hezbollah means for the Middle East".pbs.org(eninglés). Consultado o 1 de outubro de 2024.
- ↑Bar'el, Zvi (19 de setembro de 2022)."Nasrallah Reminds Lebanon Who Calls the Shots".haaretz.com(eninglés). Archived from the original on 01 de outubro de 2024. Consultado o 1 de outubro de 2024.
- ↑Svetlova, Ksenia (xaneiro 2022)."Hassan Nasrallah, Master of Lebanon".jstribune.com(eninglés). Consultado o 1 de outubro de 2024.
- ↑Shabi, Rachel (29 de marzo de 2008)."Palestinians see Nasrallah as new hero".aljazeera.com(eninglés). Consultado o 1 de outubro de 2024.
- ↑Matar, Dina (1 de setembro de 2015). "Hassan Nasrallah: The Cultivation of Image and Language in the Making of a Charismatic Leader".Communication, Culture & Critique(eninglés)8 (3): 433–447.ISSN 1753-9137.doi:10.1111/cccr.12089.
- ↑Calatayud, Ketty (28 de setembro de 2024)."L’exèrcit d’Israel confirma la mort del líder de Hezbollah mentre continua bombardejant Beirut".elnacional.cat(encatalán). Consultado o 1 de outubro de 2024.
- ↑Mccready, Alastair , Urooba Jamal, Federica Marsi and Usaid Siddiqui; Jamal, Urooba; Marsi, Federica; Siddiqui, Usaid (28 de setembro de 2024)."Israel attacks Lebanon updates: Hezbollah leader’s killing raises war fears".aljazeera.com(eninglés). Consultado o 1 de outubro de 2024.
- ↑Redacción (28 de setembro de 2024)."Israel kills Hezbollah leader Hassan Nasrallah in air strike on Beirut".aljazeera.com(eninglés). Consultado o 1 de outubro de 2024.
- ↑Europa Press (28 de setembro de 2024)."Hezbolá confirma la muerte de Nasralá y promete seguir con la "yihad" contra Israel".europapress.es(encastelán). Consultado o 1 de outubro de 2024.
- ↑Redacción (29 de setembro de 2024)."Ataque de Israel en Líbano, resumen del 29 de septiembre: Israel ataca objetivos de los hutíes en Yemen".rtve.es(encastelán). Consultado o 1 de outubro de 2024.
- ↑Redacción (28 de setembro de 2024)."Hezbolá confirma la muerte de su líder Hassan Nasrallah en un ataque de Israel".bbc.com(encastelán). Consultado o 1 de outubro de 2024.
- ↑15,015,1BBC (8 de novembro de 2023)."Hassan Nasrallah: o líder do Hezbollah afiliado ao Irã que consolidou seu domínio sobre o Líbano".g1.globo.com(enportugués). Consultado o 1 de outubro de 2024.
- ↑Young 2010, p. 98
- ↑Al-Bawaba (10 de novembro de 2003)."Biographical sketch of Sayyed Hassan Nasrallah: “The Nasrallah Enigma”"(PDF).indybay.org(eninglés). Consultado o 1 de outubro de 2024.
- ↑Redacción (10 de abril de 2006)."Profile: Sayed Hassan Nasrallah".aljazeera.com(eninglés). Consultado o 15 de outubro de 2024.