Dende que o 26 de xuño de 1997 se publicou en inglés a primeira novela,Harry Potter e a pedra filosofal, os libros acadaron unha gran popularidade, eloxios por parte da crítica e un éxito comercial en todo o mundo.[1] Por outra banda, a serie tamén recibiu críticas polo crecente ton escuro que foi adoptando segundo avanzaba a historia, así como a violencia macabra e gráfica descrita. Ata xullo de 2013, os sete libros que compoñen a saga venderon, no seu conxunto, máis de 450 millóns de copias entre todas as traducións a 67 linguas diferentes,[2][3] incluíndo traducións do primeiro e segundo volumes aolatín[4][5] e do primeiro aogrego antigo.[6] Os catro últimos libros da saga bateron marcas como os libros que se venderon máis rapidamente en toda a historia, co último vendendo case 11 millóns de copias nos Estados Unidos nas primeiras vinte e catro horas.
Os sete libros da serie foron adaptados nunhaversión cinematográfica composta por oito filmes producidos porWarner Bros. Pictures e que a agosto de 2015 se converteu na segunda saga cinematográfica con máis recadación en toda a historia. A franquía xerou tamén unha ampla mercadoría, de xeito que a marcaHarry Potter teña un valor superior aos 25 mil millóns de dólares.[7] A editorialLittle, Brown publicou tamén o guión dunha obra de teatro tituladaHarry Potter and the Cursed Child, baseada nunha historia de Rowling e estreada en Londres o 30 de xullo de 2016 noPalace Theatre.[8]
A serie aborda moitos xéneros, entre os que se atopan afantasía, odrama,Bildungsroman (o paso da infancia á madurez) e un xénero denominado "historia da escola británica" que inclúe elementos demisterio,suspense,aventura,terror eromance. Deste xeito, a saga inclúe e explora moitos significados e referencias culturais.[9] Segundo Rowling, otema principal é amorte.[10] Outros temas importantes na serie son oprexuízo, acorrupción e atolemia.[11]
O éxito dos libros e filmes propiciou que a franquíaHarry Potter continúe a se expandir, con numerosas obras derivadas, unha exhibición itinerante, visitas aos estudios de rodaxe, parques de atraccións temáticos, unha plataforma dixital na que Rowling actualiza a serie con nova información e revelacións e unha pentaloxía cinematográfica procedente dunha das obras complementarias, entre outras cousas.
As novelas tratan sobreHarry Potter, un neno orfo inglés que aos 11 anos descobre que é meigo, malia vivir no mundo ordinario de xente non-máxica coñecida comomuggles.[12] Omundo máxico existe en paralelo ao mundo muggle, agochado e en segredo. As capacidades máxicas son innatas e os cativos con tales habilidades son invitados a acudir a unha escola de maxia para aprender a desenvolver as habilidades máxicas necesarias para ter éxito no mundo máxico.[13] Harry recibe o convite para asistir como estudante áEscola Hogwarts de Maxia e Feiticería, unha academia situada en Escocia e que é a principal localización dos acontecementos da serie. A medida que pasa pola etapa da adolescencia, Harry aprende a superar moitos retos máxicos e obstáculos sociais e emocionais, incluíndo os desafíos ordinarios dun adolescente como a amizade, as relacións amorosas, o traballo da escola e os exames, a ansiedade, a depresión e o estrés.[14]
Cada libro narra un ano na vida de Harry,[15] durante un período de tempo que vai do ano 1991 ao 1998.[16][17] Con todo, a miúdo aparecenanalepses para mostrar os recordos doutros personaxes e, finalmente, unhaprolepse conforma o epílogo do último libro.
O universo creado por Rowling está intimamente conectado coa realidade. A comunidade máxica británica dos libros está inspirada pola cultura británica da década de 1990, o folclore europeo, a mitoloxía clásica e aalquimia, incorporando obxectos e vida salvaxe como as variñas máxicas, as plantas máxicas, as apócemas, os esconxuros, asvasoiras voantes, oscentauros e outras criaturas máxicas, as Reliquias da Morte e apedra filosofal, entre outras inventadas por Rowling. Namentres que omundo de fantasía deNarnia é ununiverso paralelo alternativo e aTerra Media d’O Señor dos Aneis é un pasado mítico, o mundo máxico deHarry Potter coexiste en paralelo co mundo real, coa acción das novelas situada principalmente enEscocia,West Country,Devon,Londres eSurrey no sueste de Inglaterra.[18] O mundo máxico comprende unha colección fragmentada de rúas e canellas agochadas, pubs antigos, leiras solitarias e castelos con séculos de historia que son invisibles para a poboación non-máxica.[13]
Harry Potter e a pedra filosofal, é a primeira novela da serie, comeza de xeito que é evidente que sucedeu algo importante no mundo máxico; este acontecemento é tan salientable que os muggles perciben sinais del. O relato completo deste evento e do pasado de Harry Potter revélase gradualmente ao longo dos libros. Tras este capítulo introdutorio, a historia salta no tempo ata datas próximas ao undécimo aniversario de Harry.
O primeiro contacto de Harry co mundo máxico é a través dun medio-xigante,Rubeus Hagrid, gardián dos terreos e chaves de Hogwarts. Hagrid revela parte da historia de Harry.[19] Harry descobre que cando era un cativo de tan só un ano foi testemuña do asasinato de seus pais porLord Voldemort, un meigo escuro obsesionado co poder e apureza de sangue no mundo máxico.[19] Por razóns non citadas ata o quinto libro, o esconxuro lanzado por Voldemort para matar tamén a Harry rebota.[19] Harry sobrevive con tan só unha cicatriz en forma de raio na súa fronte como recordo do ataque, mentres que Voldemort desaparece.[19] Debido a este feito involuntario, considerado unha proeza por parte da comunidade máxica, e que acaba co reinado do terror de Voldemort, Harry convértese nunha lenda viva no mundo máxico. Con todo, segundo ordes do recoñecido meigoAlbus Dumbledore, levan a Harry á casa dos seus parentes muggles, a familia Dursley, os cales manteñen ao neno a salvo, mais maltratado, e apartado da súa historia real.[19] Petunia Dursley estaba celosa das habilidades máxicas de súa irmá e, finalmente, acabara por catalogar a todos os meigos como aberracións. Por este motivo, os Dursley odiaban aos meigos e agocharon a Harry a súa procedencia e dixéronlle que seus pais morreran nun accidente co coche coa esperanza de que medrase "normal".[19]
Coa axuda de Hagrid, Harry prepárase para o seu primeiro ano de estudos en Hogwarts. Asemade que Harry comeza a explorar o mundo máxico, o lector coñece moitas das localizacións principais usadas ao longo dos demais libros. Harry coñece tamén á meirande parte dos personaxes principais e fai os seus dous mellores amigos:Ron Weasley, un alegre membro dunha antiga, grande e pobre familia meiga, eHermione Granger, unha meiga estudosa obsesiva con pais non-máxicos.[19][20] Harry tamén se encontra do profesor de Apócemas,Severus Snape, que semella terlle un odio profundo e irracional, e o profesor deDefensa contra a Maxia Negra,Quirinus Quirrell, que á fin resulta estar aliado con Voldemort. O primeiro libro conclúe coa segunda confrontación de Harry con Lord Voldemort, quen na súa busca da inmortalidade, anhela facerse co poder dapedra filosofal.[19]
Harry Potter e a Cámara dos Segredos, a continuación da saga, que describe o segundo ano de Harry en Hogwarts. El e mais os seus amigos investigan un misterio de hai 50 anos que parece gardar relación con recentes eventos sinistros na escola. A irmá máis nova de Ron,Ginny Weasley, inicia os seus estudos de primeiro ano en Hogwarts e encontra un caderno que acaba por ser un vello diario pertencente a Voldemort durante os seus anos de estudo na escola. Ginny acaba posuída por Voldemort a través do diario e inconscientemente abre aCámara dos Segredos, liberando un monstro antigo, unbasilisco, que ataca os estudantes de Hogwarts. A novela afonda na historia de Hogwarts e nunha lenda arredor da Cámara dos Segredos que asusta a todos na escola. O libro presenta tamén un novo profesor de Defensa contra a Maxia Negra,Gilderoy Lockhart, un meigo moi alegre e fachendoso que acaba por ser unha fraude. Por vez primeira Harry descobre que existen prexuízos raciais no mundo máxico. Harry sorpréndese tamén ao saber que a súa habilidade de falar alingua pársel, a lingua das serpes, é moi estraña e a miúdo está relacionada coaMaxia Negra. A novela finaliza despois de que Harry salve a vida de Ginny, destruíndo o basilisco e o diario encantado.
Harry Potter e o preso de Azkaban, a terceira novela, segue a Harry no seu terceiro ano de educación máxica. Trátase do único libro da saga no que Voldemort non intervén directamente como personaxe dalgún xeito. No canto diso, Harry debe lidar co coñecemento de que é o obxectivo deSirius Black, o mellor amigo de seu pai e fuxido do cárcere máxico deAzkaban, onde estaba preso por axudar nos asasinatos dos pais de Harry. Mentres Harry loita coa súa reacción fronte aosdementores (criaturas escuras co poder de devorar as almas dos humanos para alimentárense da súa desesperación), os cales están aparentemente protexendo a escola, recibe a axuda deRemus Lupin, o novo profesor de Defensa contra a Maxia Negra, que é unlobishome. Lupin ensínalle a Harry medidas defensivas de niveis superiores aos dados á idade de Harry. Harry descobre máis adiante que Lupin e Black eran grandes amigos de seu pai e que Black fora incriminado polo seu cuarto amigo,Peter Pettigrew.[21]
"The Elephant House", un dos cafés deEdimburgo onde Rowling escribiu a primeira parte deHarry Potter.
Harry Potter e o Cáliz de fogo, durante o cuarto ano de Harry na escola, Harry participa de mala gana no Torneo Tres Meigos, un concurso máxico moi perigoso no que tres estudantes das escolas participantes (unha persoa por cada escola) deben competir entre si en tres probas para gañaren o título.[22] O novo profesor de Defensa contra a Maxia Negra,Alastor "Ollotolo" Moody, guía a Harry durante o torneo. Ao final, Ollotolo resulta ser un impostor: é Barty Crouch, Jr, seguidor de Voldemort, disfrazado. O punto no que se desenguedella o misterio marca o cambio da saga do presentimento e a incerteza ao conflito aberto. O plan de Voldemort para que Crouch utilizase o Torneo Tres Meigos para levar a Harry ata Voldemort é un éxito. Malia que Harry consegue escapar, Peter Pettigrew mata ao estudanteCedric Diggory e Voldemort acada o seu rexurdimento cun corpo físico.
Harry Potter e a Orde do Fénix, no quinto libro, Harry debe enfrontarse ao novo Voldemort reencarnado. En resposta á reaparición de Voldemort, Dumbledore reactiva aOrde do Fénix, unha sociedade secreta que traballa dende a mansión da familia de Sirius Black para derrotar os aliados de Voldemort e protexer os seus obxectivos, especialmente Harry. Malia a descrición de Harry das actividades recentes de Voldemort, oMinisterio de Maxia e moitas outras persoas do mundo máxico rexeitan crer o regreso de Voldemort.[23] Nun intento de atacar e desacreditar a Dumbledore, que canda Harry é a máis prominente voz no mundo máxico que intenta advertir do regreso de Voldemort, o Ministerio designa aDolores Umbridge como máxima autoridade de Hogwarts e nova profesora de Defensa contra a Maxia Negra. Umbridge transforma a escola nun réxime ditatorial e rexeita que os alumnos aprendan xeitos de defenderse da Maxia Negra.[23]
Asemade, seguindo a suxestión de Ron e Hermione, Harry forma o "Exército de Dumbledore", un grupo de estudos secreto para ensinar aos seus compañeiros as habilidades de alto nivel que el aprendera para combater a Maxia Negra. Ademais, revélase unha profecía que concirne a Harry e Voldemort,[24] e Harry descobre que el e mais Voldemort teñen unha conexión dolorosa que permite a Harry vertelepaticamente algunhas das accións de Voldemort. No clímax da novela, Harry e os seus amigos enfróntanse aosDevoradores da Morte de Voldemort no Ministerio de Maxia. A chegada a tempo dos membros da Orde do Fénix salva as vidas dos mozos, mais resulta na morte de Sirius Black durante o conflito.
Harry Potter e o misterio do príncipe, no sexto ano, Voldemort comeza a librar unha guerra aberta. Malia isto, Harry e os seus amigos están relativamente protexidos dese perigo en Hogwarts. Entrementres, todos eles desenvolven atraccións amorosas: Harry empeza a saír con Ginny, Ron namórase doutra estudante de Hogwarts chamadaLavender Brown e, pola súa banda, Hermione empeza a ter sentimentos amorosos por Ron. No comezo da novela, Harry tópase cun vello libro de texto de Apócemas cheo de anotacións e recomendacións escritas á man e asinadas por un misterioso individuo: o Príncipe Mestizo. Os consellos escritos no libro axudan a Harry a sobresaír na materia de Apócemas e a gañarse un gran recoñecemento por parte do novo profesor,Horace Slughorn, pero a potencia dos meigallos escritos nel finalmente fan do libro unha fonte de desconfianza. Ademais, Harry acode a clases particulares con Dumbledore, que lle mostra varios recordos ligados cos primeiros anos de vida de Voldemort nun dispositivo chamadopensadoiro. Nestas sesións revélase que Voldemort dividiu a súa alma en varios anacos, nunha serie deHorcrux, elementos encantados por Maxia Negra e agochados en diversas localizacións, un dos cales era o diario destruído no segundo libro.[25] Máis adiante,Draco Malfoy intenta atacar a Dumbledore e o libro culmina co asasinato de Dumbledore por parte do profesor Snape, que é o Príncipe Mestizo.
Harry Potter e as reliquias da morte, o último libro da saga, comeza directamente despois dos acontecementos do sexto libro. Lord Voldemort completou a súa ascensión ao poder e logrou gañar o control do Ministerio de Maxia. Harry, Ron e Hermione deciden non asistir á escola para atopar e destruír os Horcrux restantes de Voldemort. Para asegurar a súa propia seguridade así como a das súas familias e amigos, vense na obriga de se illaren por completo. Durante a busca dos Horcrux, o trío vai coñecendo máis detalles sobre o pasado de Dumbledore e os verdadeiros motivos de Snape para matalo (traballara ás ordes de Dumbledore desde a morte da nai de Harry). Voldemort asasina a Snape por paranoia.
O libro remata coa Batalla de Hogwarts. Harry, Ron e Hermione, en conxunción cos membros da Orde do Fénix e moitos outros profesores e estudantes da escola, defenden Hogwarts de Voldemort, os seus Devoradores da Morte e variascriaturas máxicas. Varios dos personaxes máis importantes morren na primeira onda da batalla, incluíndo aRemus Lupin eFred Weasley. Tras descubrir que el mesmo é un Horcrux, Harry réndese e entrégase a Voldemort naFraga Prohibida, onde este último lanza o esconxuro asasino (Avada Kedavra) contra Harry. Os defensores de Hogwarts non se renden despois de coñecer a presunta morte de Harry e continúan a loitar. Harry acorda e enfróntase a Voldemort, cuxos Horcrux foran xa destruídos. Na batalla final, o esconxuro asasino de Voldemort rebota no esconxuro defensivo de desarmamento de Harry (Expelliarmus) e mata a Voldemort.
Finalmente, unepílogo describe as vidas dos personaxes que sobreviviron e os efectos da morte de Voldemort no mundo máxico dezanove anos despois.
Harry Potter and the Cursed Child é unha obra de teatro en dúas partes estreada en verán de 2016 e representada no West End de Londres; amais, é oficialmente a oitava historia deHarry Potter.[26] A obra escribiunaJack Thorne en base a unha historia de J. K. Rowling, o propio Thorne e o directorJohn Tiffany. A súa estrea foi o 30 de xullo de 2016 noPalace Theatre de Londres e o guión foi publicado o 31 de xullo de 2016. A historia transcorre dezanove anos despois do final deHarry Potter e as reliquias da morte e relata o que lles acontece a Harry Potter, agora empregado do Ministerio de Maxia, e mais ao seu fillo máis novo,Albus Severus Potter.
Rowling expandiu o universo deHarry Potter con varios libros curtos producidos para diversas entidades benéficas.[27][28] En 2001, puxéronse á vendaFantastic Beasts and Where to Find Them (un suposto libro de texto de Hogwarts) eQuidditch Through the Ages (un libro que Harry le por lecer). As recadacións obtidas pola venda destes dous libros foron paraComic Relief.[29] En 2007, Rowling realizou sete copias manuscritas e ilustradas por ela mesma deThe Tales of Beedle the Bard, unha colección de contos de fadas que aparece na última novela, unha das cales foi poxada enAmazon.com para gañar diñeiro para o Children's High Level Group, un fondo para nenos con discapacidades mentais nos países pobres. O libro foi publicado internacionalmente o 4 de decembro de 2008.[30][31] Rowling tamén escribiu unhaprecuela de 800 palabras en 2008 como parte dunha recadación de fondos organizada pola editorialWaterstones.[32]. Os tres libros anteriores conteñen información adicional sobre o mundo máxico que non estaba incluída nas novelas orixinais.
En 2011, Rowling lanzou un novo sitio web anunciando un futuro proxecto chamadoPottermore.[34] Pottermore abriu ao público xeral o 14 de abril de 2012.[35] Pottermore permite aos usuarios seren seleccionados polo Sombreiro Escolledor para unha dascasas de Hogwarts, elixir a súa variña máxica e xogar a diversos minixogos. O principal obxectivo do sitio web é posibilitar que os usuarios viaxen a través da historia con acceso a numerosos contidos adicionais non revelados pola autora previamente.[36]
En setembro de 2015 o sitio web foi remodelado por completo e moitas das características foron eliminadas. O redeseñado sitio céntrase principalmente na información que xa estaba dispoñible na versión anterior, deixando máis apartada a exploración.[37]
As novelas deHarry Potter están dirixidas principalmente a unha audiencia moza adulta e poden catalogarse dentro do xénero daliteratura fantástica, onde se subclasifican en varios tipos de fantasía denominados "fantasía urbana", "fantasía contemporánea" e "fantasía baixa". Maiormente sondramas e manteñen un ton bastante serio e escuro, aínda que conteñen algunhas pasaxes detraxicomedia ehumor negro. En moitos aspectos, son tamén exemplos de novelasBildungsroman (ou novelas do paso da infancia á madurez), amais de conteren elementos demisterio,aventura,terror,suspense eromance. Por outra banda, acaen tamén dentro dun xénero denominado "historia da escola británica", na que se inclúen novelas comoStalky & Co. deRudyard Kipling, as seriesMalory Towers,St. Clare's eThe Naughtiest Girl deEnid Blyton, e as historias protagonizadas porBilly Bunter deFrank Richards.[38] Neste senso, segundo moitos expertos, as novelas están "nunha directa liña descendente deTom Brown's School Days deThomas Hughes e outras novelas vitorianas e eduardianas de vida escolar pública británica" malia seren máis contemporáneas, areentas, escuras e maduras que as típicas novelas de internados, dado que tratan temas serios como a morte, o amor, a perda, os prexuízos, a chagada á madurez e a perda da inocencia nun escenario británico da década de 1990.[39][40]
O nó dos libros adoita involucrar a Harry afrontando problemas cos que topa, o que a miúdo implica a necesidade de incumprir algunhas das normas da escola. As historias acadan o seu clímax preto das vacacións de verán ou dos exames finais, cando os acontecementos van máis aló das liortas e disputas propiamente escolares e Harry debe enfrontarse alord Voldemort ou algún dos seus seguidores, osDevoradores da Morte, en batallas nas que el e outros personaxes arriscan a vida. De feito, a medida que a saga progresa, varios personaxes morren ao final dos libros.[42][43] As repercusións dos feitos ocorridos provocan que Harry vaia aprendendo leccións mediante conversas e debates co director da escola,Albus Dumbledore, que actúa como o seu mentor. Na última novela, Harry e mailos seus amigos atópanse a meirande parte do tempo fóra da escola, e unicamente regresan a ela para enfrontárense a Voldemort no último acto.[42]
J. K. Rowling tras recibir un título honorario da Universidade de Aberdeen.
No ano 1990, Rowling viaxaba nun tren ateigado de xente dendeManchester a Londres cando a idea de Harry de súpeto "pasou pola súa cabeza". Rowling dá conta da experiencia no seu sitio web, dicindo:[44]
Eu escribía moi a miúdo des que tiña seis anos, pero nunca antes estivera tan emocionada cunha idea. Sinxelamente sentei e cavilei durante catro horas (o tren atrasárase) e tódolos detalles viñeron á miña cabeza. E este rapaz escuálido, de pelo negro e con anteollos que non sabía que era meigo comezou a ser cada vez máis e máis real para min.[45]
Rowling completouHarry Potter e a pedra filosofal en 1995 e omanuscrito foi enviado a diversos axentes literarios.[46] O segundo axente co que probou, Christopher Little, ofreceuse a representala e enviou o manuscrito a Bloomsbury. Despois de que outras oito editoriais rexeitarana pedra filosofal, Bloomsbury ofreceulle a Rowling un adianto de 2.500 libras esterlinas pola súa publicación.[47][48] Malia a declaración de Rowling de que non tiña en mente ningún grupo de idade particular no que se atoparían os seus principais lectores cando comezou a escribir os libros deHarry Potter, os editores apuntaron inicialmente a unha franxa de nenos entre nove e once anos.[49] Na véspera do día de publicación, os editores pedíronlle a Rowling que adoptase un nome de autor cunxénero gramatical máisneutral co obxectivo de facelo atractivo aos nenos varóns dese grupo de idade, temendo que non estarían interesados en ler unha novela escrita por unha muller. Ela elixiu utilizar J. K. Rowling (Joanne Kathleen Rowling), usando o nome da súa avoa como o seu segundo nome dado que ela non ten.[48][50]
Harry Potter e a pedra filosofal foi publicado porBloomsbury, a editorial de todos os libros deHarry Potter no Reino Unido, o 26 de xuño de 1997[51][52] e en Galicia no mes de xaneiro de 2003 polaEditorial Galaxia e grazas á tradución deMarilar Aleixandre.[53]Scholastic, a editorial norteamericana da saga, puxo o primeiro libro á venda nos Estados Unidos o 1 de setembro de 1998 baixo o títuloHarry Potter and the Sorcerer's Stone (Harry Potter e a pedra do feiticeiro),[54] cando a versión orixinal do título no Reino Unido eraHarry Potter and the Philosopher's Stone, despois de que Rowling recibira 105.000 dólares americanos polos dereitos norteamericanos, unha suma sen precedentes por un libro para nenos escrito por unha escritora daquela descoñecida.[55] Temendo que os lectores norteamericanos non asociaran a palabra "philosopher" ("filosofal") a un termo máxico (aínda que apedra filosofal está relacionado coaalquimia), Scholastic insistiu en que se lle trocase o título ao libro aHarry Potter and the Sorcerer's Stone para o mercado estadounidense.
O segundo libro,Harry Potter e a Cámara dos Segredos foi publicado orixinalmente no Reino Unido o 2 de xullo de 1998[52] e en Galicia en novembro de 2002 coa tradución deEva Almazán.[56]Harry Potter e o preso de Azkaban foi publicada un ano despois no Reino Unido o 8 de xullo de 1999[52] e en Galicia en xuño de 2004 tamén coa tradución de Eva Almazán.[57]Harry Potter e o Cáliz de fogo publicouse o 8 de xullo de 2000 á vez por Bloomsbury e Scholastic,[58] mentres que Galaxia o fixo o propio en novembro de 2005 trala tradución feita novamente por Eva Almazán.[59]Harry Potter e a Orde do Fénix é o libro máis longo da saga con 766 páxinas na versión británica[60] e 892 páxinas na versión galega de Laura Sáez.[61] Publicouse en todo o mundo en inglés o 21 de xuño de 2003[62] e en galego en decembro de 2008.[61]Harry Potter e o misterio do príncipe publicouse o 16 de xullo de 2005 e vendeu 9 millóns de copias nas primeiras 24 horas tralo seu lanzamento.[63][64] A Galicia chegou en novembro de 2008 da man de Carlos Acevedo.[65] A sétima e derradeira novela,Harry Potter e as reliquias da morte, foi publicada en inglés o 21 de xullo de 2007,[66] e sete meses despois e de xeito simultáneo en galego, traducida por Laura Sáez,[67] en castelán e catalán o 21 de febreiro de 2008.[68][69] O libro vendeu 11 millóns de copias nas primeiras 24 horas trala súa posta á venda.[64]
A saga traduciuse a 67 linguas,[2][70] situando a Rowling entre os autores máis traducidos na historia.[71] Os libros adaptáronse ao inglés estadounidense para facelos máis entendibles á audiencia moza norteamericana.[72] Posteriormente, os libros víronse traducidos a diversas linguas como acoreana,armenia,ucraína,árabe,urdú,hindi,bengalí,búlgara,galesa,afrikaans,albanesa,letoa evietnamita. O primeiro volume foi traducido aolatín[4] e mesmo aogrego antigo,[6][73] converténdoa na obra máis longa publicada en grego antigo dende as novelas deHeliodoro de Émesa no século III.[74] O segundo volume tamén foi traducido ao latín.[5]
Por motivos de manter o segredo do contido dos libros, as traducións só podían comezar cando os libros se puñan á venda en inglés; por iso existía un intervalo de tempo de varios meses ata que as traducións estaban dispoñibles. Isto deu pé a que se vendesen máis copias das edicións inglesas nos países de fala non-inglesa. Por exemplo, tales foron os devezos por ler o quinto libro que a versión en lingua inglesa se converteu no primeiro libro escrito en inglés en figurar na lista dos libros máis vendidos en Francia.[75]
Marilar Aleixandre encargouse da tradución ao galego do primeiro volume da saga.
Algúns dos tradutores contratados para traballar na tradución dos libros eran ben coñecidos antes do seu traballo enHarry Potter, como Viktor Golyshev, que supervisou a tradución rusa do quinto libro. A versiónturca do segundo libro ao sétimo libro levouna a cabo Sevin Okyay, unha crítica literaria e comentarista cultural.[76] Ocorre o mesmo coa versión galega do primeiro libro, que foi traducido porMarilar Aleixandre,[53][77] unha coñecida escritora en lingua galega, ademais de tradutora doutras obras comoA caza do Carbairán, deLewis Carroll (incluída na Lista de Honra do IBBY).[77] No caso da tradución ao galego, Marilar Aleixandre sinalou que Editorial Salamandra, que posúe os dereitos de reprodución para todas as linguas de España, non permitiu que se fixesen adaptacións na onomástica ao galego.[78]
En decembro de 2005, Rowling publicou a seguinte declaración no seu sitio web: "2006 será o ano no que escribirei o libro final da sagaHarry Potter".[79] As posteriores actualizacións do seu diario en liña seguiron a crónica do progreso da escritura deHarry Potter e as reliquias da morte, con data de lanzamento en inglés o 21 de xullo de 2007. O libro rematouno o 11 de xaneiro de 2007 no Hotel Balmoral deEdimburgo, onde deixou a seguinte mensaxe na parte traseira dun busto deHermes: "J. K. Rowling rematou de escribirHarry Potter e as reliquias da morte neste cuarto (552) o 11 de xaneiro de 2007".[80]
Rowling comentou que completara o derradeiro capítulo do último libro (de feito, o epílogo) "ao redor de 1990".[81][82] En xuño de 2006, Rowling, nunha aparición no programa de charlas británicoRichard & Judy, anunciou que modificara o capítulo xa que un personaxe "fora indultado" e outros dous que previamente sobrevivían finalmente acabaron finando.
En setembro de 2012, Rowling mencionou nunha entrevista que existe a posibilidade de que regrese nalgún momento e realice a "versión do director" de dous libros da saga.[83]
Ao longo de todos os libros que conforman a saga aparecen numerosos personaxes que teñen maior ou menor relevancia para o desenvolvemento da trama do argumento. Estes son os máis importantes:
É o protagonista principal dos libros, e arredor de quen xiran os sucesos que ocorren no libro. Naceu o31 de xullo de1980. Vive cos seus tíos dende que tiña 1 ano de idade debido a que seus pais,Lily eJames Potter, foron asasinados porLord Voldemort. É a única persoa que sobreviviu a unha maldición"Avada Kedavra" (conxuro que produce amorte instantánea); mentres que a única marca visible que lle quedou foi unha cicatriz con forma deraio na fronte. Isto foi o que o levou a recibir os alcumes de "O neno que viviu" e "O elixido". Os seus amigos máis achegados en Howarts sonRon eHermione, pero tamén ten unha relación moi próxima conHagrid, o gardabosques deHogwarts e conAlbus Dumbledore, o director do colexio. Ademais, no colexio, pertence á casaGryffindor, coñecida por pertencer a ela alumnos con valor.
Naceu o1 de marzo de1980. É o mellor amigo de Harry dende que ámbolos dous entraron como alumnos no seu primeiro ano enHogwarts. A súa familia é de meigos de vello. Ten 5 irmáns máis vellos e unha irmá máis nova. A pesar de que polo xeral sempre está conHarry cando este vive unha aventura, Ron sempre é relegado a un segundo plano pola fama do seu amigo. Como el, tamén pertence á casaGryffindor.
Naceu o19 de setembro de1979. É a mellor amiga deHarry eRon. É filla demuggles, e a mellor estudante do curso no que están en Hogwarts. Encántalle ler e opina que todo o que vale a pena saber, pódese ler nun libro. É un ano maior que Harry e Ron. Coma eles, tamén forma parte da casaGryffindor.
É o director deHogwarts e o meigo máis poderoso da súa época. Durante os seus últimos anos de vida ocupouse, indirectamente, da educación deHarry Potter e de ensinarlle a única forma de vencer a Voldemort. Foi asasinado polo "Príncipe Mestizo" (Severus Snape), nosexto libro. Ademais, foi o único meigo ao queVoldemort temeu. Trala súa morte, o mundo máxico entristece, e ao longo dosétimo libro Harry descobre que non ten un pasado tan brillante como el cría.
É o antagonista da saga. O seu verdadeiro nome é Tom Riddle. Trátase do meigo escuro máis grande de tódolos tempos. Ademais, é a persoa que máis avanzou en cuestión da Maxia Negra e a única capaza de alcanzar a inmortalidade. É o líder dosDevoradores da Morte, aos que utiliza para levar acabo as tarefas que el mesmo non quere (ou pode) realizar. É descendente directo deSalazar Slytherin, e herdou del a súa habilidade para falar coas serpes (a lingua pársel). Perdeu o seu corpo ao intentar, sen éxito, matar aHarry Potter, e logo intentou recuperalo. Logrou volverse xerar nocuarto libro grazas ó sangue de Harry e da Maxia Negra, axudado por Rabeleiro e dende entón está a desenvolver novos proxectos. Creou seisHorcrux, dividindo a súa alma en sete partes, para intentar ser inmortal, e así, poder acabar con Harry.
É un profesor deHogwarts, ten conHarry Potter un profundo sentimento de odio mutuo. Nos seus días de mocidade sufría as burlas e ataques dopai de Harry e os seus amigos. É un meigo moi poderoso con grandes habilidades escuras, ademais de enormes coñecementos acerca de pocións, legeremancia e oclumancia. Foi Devorador da Morte durante un tempo, pero logo entrou ao servizo deDumbledore como espía. Máis adiante, porén, convértese nun dobre espía ao servizo deDumbledore eVoldemort, e non está claro de que lado está realmente. Nosexto libro, descóbrese que segue sendo Devorador da Morte tras asasinar aDumbledore coa maldición imperdoable"Avada Kedavra". Non obstante, nosétimo libro compróbase que non é tan malo como parece, xa que, en realidade, amou dende pequeno á nai de Harry,Lily Evans.
En 1998, Rowling vendeu os dereitos cinematográficos dos primeiros catro libros deHarry Potter áWarner Bros. por 1 millón de libras esterlinas.[84][85] Rowling pediu que o elenco principal fose estritamente británico, non obstante permitiu a inclusión de actores irlandeses comoRichard Harris para o papel de Dumbledore e a elección de actores franceses e da Europa Oriental enHarry Potter e o Cáliz de fogo para aqueles personaxes do libro que tiñan as devanditas procedencias.[86] Despois de considerar a varios directores comoSteven Spielberg,Terry Gilliam,Jonathan Demme eAlan Parker, designouse aChris Columbus o 28 de marzo de 2000 como director deHarry Potter e a pedra filosofal, con declaracións da Warner Bros. citando a súa obra noutros filmes familiares comoSó na casa eMrs. Doubtfire e a súa probada experiencia en dirixir nenos como influencias para a súa decisión.[87]
Tras a selección dunextenso elenco, a gravación comezou en outubro de 2000 nos Leavesden Film Studios e en Londres, e a produción finalizou en xullo de 2001.[88][89]A pedra filosofal estreouse o 14 de novembro de 2001. Tan só tres días despois da estrea da primeira película, comezou a produción deHarry Potter e a Cámara dos Segredos, tamén dirixida por Columbus. A filmación rematou no verán de 2002 e o 15 de novembro de 2002 foi o seu lanzamento.[90]Daniel Radcliffe encargouse de interpretar aHarry Potter en todas as películas.
Columbus declinou dirixirHarry Potter e o preso de Azkaban, aínda que seguiu actuando como produtor. O director mexicanoAlfonso Cuarón relevouno no seu cargo, e logo de rodar en 2003, o filme estreouse o 4 de xuño de 2004. Debido a que o comezo da produción da cuarta película se produciu antes da estrea da terceira,Mike Newell foi elixido director deHarry Potter e o Cáliz de fogo, cuxo lanzamento foi o 18 de novembro de 2005.[91] Newell foi o primeiro director británico da saga, seguido do director de televisión británicoDavid Yates, que foi a escolla paraHarry Potter e a Orde do Fénix. Este filme empezou a súa produción en xaneiro de 2006 e tivo a súa estrea o 11 de xullo de 2007.[92] Despois de que os executivos estivesen "realmente encantados" co seu traballo no filme, Yates foi seleccionado para dirixir taménHarry Potter e o misterio do príncipe, que foi lanzada o 15 de xullo de 2009.[93][94][95][96]
O Banco Gringotts visto nas películas.
En marzo de 2008, o presidente e xefe de operacións da Warner Bros. Alan F. Horn anunciou que a última entrega da saga,Harry Potter e as reliquias da morte, sería dividida en dúas películas, con datas de estrea fixadas o 19 de novembro de 2010 paraHarry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) e o 15 de xullo de 2011 paraHarry Potter e as reliquias da morte (2ª parte). A produción de ámbalas dúas partes comezou en febreiro de 2009 e o último día de rodaxe da fotografía principal foi o 12 de xuño de 2010, contando novamente con Yates nos labores de dirección das dúas.[97][98]
Rowling tivo o contol creativo dos filmes, supervisando o proceso de creación d’a pedra filosofal e exercendo como produtora nas dúas partes d’as reliquias da morte, xunto aDavid Heyman eDavid Barron.[99] Os filmes deHarry Potter tiveron un enorme éxito cinematográfico, coas oito películas na lista das películas con maior recadación en todo o mundo.A pedra filosofal foi a película con maior recadación da saga ata a estrea da última entrega d’as reliquias da morte, namentres queo preso de Azkaban foi a película que colleitou menos diñeiro.[100] Amais de seren un éxito de recadación, os filmes recibiron unha boa acollida por parte dos críticos de cine.[101][102]
As opinións sobre as películas están xeralmente divididas entre os seguidores da saga, cun grupo que prefire o enfoque máis fiel dos primeiros dous filmes e outro grupo que opta polo enfoque máis estilizado dos personaxes das demais películas.[103] Rowling mostrou constantemente a súa opinión favorable sobre as películas e avaliouas reliquias da morte como "a súa favorita" da saga.[104][105][106][107] Ademais, sobre os cambios no traslado dos libros aos filmes escribiu na súa páxina web que "é simplemente imposible incorporar absolutamente todas as liñas argumentais nun filme de menos de catro horas de duración. Obviamente os filmes teñen restricións, pois as novelas non teñen que preocuparse polo tempo e o orzamento; eu podo crear efectos cegadores confiando en nada máis que a interacción entre a miña imaxinación e a imaxinación dos meus lectores".[108]
Na 64ª edición dos BAFTA celebrada en febreiro de 2011, Rowling recolleu o premio Michael Balcon á mellor contribución ao cine británico acompañada dos produtores David Heyman e David Barron e os directores David Yates, Alfonso Cuarón e Mike Newell por todos os filmes da serie. O actorRupert Grint e a actrizEmma Watson, que interpretaron aRon Weasley eHermione Granger, tamén asistiron á cerimonia.[109][110]
O 12 de setembro de 2013, Warner Bros. confirmou que Rowling estaba en proceso de escribir un guión baseado no seu libroFantastic Beasts and Where to Find Them que relataría as aventuras do seu autor ficticioNewt Scamander. A estrea mundial dapelícula homónima o 18 de novembro de 2016 supuxo o primeiro traballo de Rowling como guionista e o inicio dunha nova saga cinematográfica.[111] Inicialmente, en outubro de 2014, o estudio anunciou que o primeiro filme sería o comezo dunha triloxía, con datas de estrea fixadas o 16 de novembro de 2018 e o 20 de novembro de 2020.[112][113][114] Con todo, en outubro de 2016, Rowling confirmou que a saga comprendería cinco filmes.[115]
Existen trece videoxogos baseados enHarry Potter. Oito deles corresponden aos filmes e libros e os outros cinco derivan dalgún xeito da saga. Os xogos relacionados directamente cos filmes e libros están producidos porElectronic Arts, así como taménHarry Potter: Quidditch World Cup. A versión en videoxogo d’a pedra filosofal lanzouse no mercado en novembro de 2011 e converteuse nun dos videoxogos mellor vendidos dePlayStation.[116] Os videoxogos puxéronse á venda coincidindo coas estrevas dos respectivos filmes e conteñen escenarios e detalles das películas e o ton e espírito dos libros. A historia e mais o deseño dos xogos seguen o argumento e mais as caracterizacións das versións cinematográficas, e Electronic Arts traballou coa Warner Bros. para incluír escenas dos filmes. O último xogo dividiuse en dúas partes ao igual que as películas e foron os primeiros en contar cun estilo de xogo de tipo disparos en terceira persoa.[117][118] Pola outra banda, os videoxogos derivados da sagaLego Harry Potter: Years 1–4 eLego Harry Potter: Years 5–7 foron desenvolvidos porTraveller's Tales e publicados porWarner Bros. Interactive Entertainment, namentres que os xogosBook of Spells eBook of Potions foron desenvolvidos porSIE London Studio e fan uso do periféricoWonderbook da consolaPlayStation 3, un libro derealidade aumentada deseñado para empregarse canda os sistemasPlayStation Move ePlayStation Eye.[119] O universo deHarry Potter tamén fai a súa aparición enLego Dimensions.
Tamén se comercializaron xogos de mesa, como oCluedo Harry Potter Edition, oScene It? Harry Potter e oLegoHarry Potter, todos eles influenciados tanto polas novelas como polos filmes.
As versións en lingua inglesa dos sete libros deHarry Potter tamén foron lanzados integramente en forma deaudiolibro. As versións británicas están lidas porStephen Fry, mentres que nas norteamericanas a voz pertence aJim Dale.[120][121]
O 20 de decembro de 2013, Rowling anunciou que estaba a traballar nunha obra teatral baseada enHarry Potter, e da que sería produtora canda os produtores de teatro británicosSonia Friedman eColin Callender.[122][123]
O 26 de xuño de 2015, no aniversario do lanzamento do primeiro libro, Rowling revelou a través da súa conta no Twitter que o título da obra seríaHarry Potter and The Cursed Child.[124] Os billetes para os catro primeiros meses de representación vendéronse poucas horas despois de poñerse á venda.[125] O 10 de febreiro de 2016 anunciouse a través do sitio webPottermore que o guión podería mercarse en formato libro ao día seguinte da estrea da obra teatral, constituíndo o oitavo libro da saga, dado que os acontecementos transcorren dezanove anos despois do capítulo final deHarry Potter e as reliquias da morte.[126][127]
O castelo de Hogwarts presente enThe Wizarding World of Harry Potter, localizado en Island of Adventure do Universal Orlando Resort.
Tralo éxido dos libros e filmes, Universal e Warner Brothers anunciaron a creación deThe Wizarding World of Harry Potter, unha expansión temática do parque temático Islands of Adventure situado no Universal Orlando Resort de Florida. Esta expansión do parque abriu ao público o 18 de xuño de 2010[128] e inclúe unha recreación deHogsmeade e diversas atraccións. A principal atracción éHarry Potter and the Forbidden Journey, que se atopa dentro dunha recreación de Hogwarts. Outras atraccións presentes sonDragon Challenge, un par demontañas rusas invertidas, eFlight of the Hippogriff, unha montaña rusa familiar.
Catro anos despois, o 8 de xullo de 2014, Universal abriu unha área temática deHarry Potter no parqueUniversal Studios Florida. Esta área inclúe unha recreación datravesa Diagon e unha pequena sección do Londres muggle. A principal atracción é a montaña rusaHarry Potter and the Escape from Gringotts. Universal tamén engadiu unha recreación plenamente operativa doExpreso de Hogwarts que conecta a estación de King's Cross dos Universal Studios Florida coa estación de Hogsmeade de Islands of Adventure. Tanto Hogsmeade como a travesa Diagon conteñen moitas tendas e restaurante das novelas, como a tenda de trangalladas de broma dos xemelgos Weasley ou o Caldeiro Pingón.
O 15 de xullo de 2014,The Wizarding World of Harry Potter abriu no parque temático Universal Studios Japan situado enOsaca, noXapón. Tamén inclúe a vila de Hogsmeade, a atracciónHarry Potter and the Forbidden Journey e a montaña rusaFlight of the Hippogriff.[129][130]
O 7 de abril de 2016,The Wizarding World of Harry Potter abriu no parque temático Universal Studios Hollywood localizado preto dosÁnxeles (California).[131][132]
En marzo de 2011, Warner Bros. anunciou os seus plans de construír unha atracción turística no Reino Unido relacionada coas películas. Warner Bros. Studio Tour London é un percorrido a pé por diferentes escenarios utilizados durante a rodaxe. Ademais, inclúe vestimentas e accesorios reais dos filmes. A atracción está localizada en Warner Bros. Studios, Leavesden, lugar onde se filmou a saga.[133] A súa apertura ao público foi en marzo de 2012.[134]
Nancy Carpentier Brown (2007)."The Last Chapter"(PDF). Our Sunday Visitor. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 13 de outubro de 2007. Consultado o 28 de abril de 2009.
↑King, Stephen (23 de xullo de 2000)."Wild About Harry".The New York Times. Consultado o 9 de agosto de 2010....the Harry Potter books are, at heart, satisfyingly shrewd mystery tales.
↑Rowling, JK (2006)."Biography". JKRowling.com. Arquivado dendeo orixinal o 21 de abril de 2006. Consultado o 21 de maio de 2006.
↑Declaración orixinal en inglés: "I had been writing almost continuously since the age of six but I had never been so excited about an idea before. I simply sat and thought, for four (delayed train) hours, and all the details bubbled up in my brain, and this scrawny, black-haired, bespectacled boy who did not know he was a wizard became more and more real to me".
↑"J.K.Rowling Official Site. Section: Welcome!". 25 de decembro de 2005. Arquivado dendeo orixinal o 30 de decembro de 2005. Consultado o 18 de xullo de 2011.2006 will be the year when I write the final book in theHarry Potter series.
↑"Potter author signs off in style". BBC News. 2 de febreiro de 2007. Consultado o 5 de xaneiro de 2010.J. K. Rowling finished writingHarry Potter and the Deathly Hallows in this room (552) on 11 January 2007.
↑Daly, Steve (6 de abril de 2007)."'Phoenix' Rising". Entertainment Weekly. p. 28. Arquivado dendeo orixinal o 06 de abril de 2007. Consultado o 1 de abril de 2007.