Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Harmonio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harmonio
Órgano de salón,reed organ
Instrumento de teclado que produce son mediante avibración de palletas metálicas, accionadas poraire bombeado a través delas.
Información
ClasificaciónAerófono, instrumento de teclado
Instrumentos relacionadosÓrgano de tubos, acordeón
Músicos notablesAntonín Dvořák,The Beatles,Sigur Rós e moitos outros.
Fabricantes notablesMason & Hamlin, Estey Organ Company etc.

Oharmonio é uninstrumento musicalde vento conteclado, en aparencia similar aoórgano alemán, pero sen tubos e de moito menor tamaño.

Descrición

[editar |editar a fonte]

Está provisto dunfol que se acciona cospés e que, en lugar de tubos, ten unhas lingüetas semellantes ás dunacordeón.[1]

Historia

[editar |editar a fonte]

Orixinalmente, o harmonio desenvolveuse enAlemaña noséculo XVIII.[2] Aínda que é considerado un "instrumento foráneo", tamén é un instrumento musical típico da música devocional empregada enAsia, en particular naIndia, onde se emprega facendo arranxos específicos para harmonizar con instrumentos tradicionais indios.[3]

Aínda que orixinalmente foi concibido como un instrumento doméstico, do mesmo xeito que opiano, o harmonio impúxose rapidamente en moitos templosrelixiosos polo seu tamaño e prezo menores que os dun órgano.

Houbo instrumentos precursores noAntigo Exipto e outrasculturas antigas, cun principio de xeración deson similar, como o órgano bucalchinéssheng;[4] porén, a evolución para un instrumento similar ao harmonio tivo lugar enEuropa. Os primeiros intentos con linguas perforantes comezaron logo de que oxesuítafrancésPère Amiot enviase variossheng atéParís en1776.

O profesorChristian Gottlieb Kratzensteine, enCopenhague, foi o primeiro europeo en desenvolver ese principio. Utilizou as lingüetas na súa máquina de falar, onde as vogais se podían xerar mediante tubos de resonancia conectados. A Real Academia deSan Petersburgo premiouno polo seu invento en1780.[2]

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]

Notas

  1. "harmonio".Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o2024-10-17. 
  2. 2,02,1"Über Vocaltone und Zungenpfeifen. OCR"(PDF).robertwillis2016.org. Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  3. Adolfo (2021-03-21)."El armonio. Un instrumento extraordinario".Instrumentos musicales Etnicos.org(encastelán). Consultado o2024-10-17. 
  4. Segundo fontes chinesas, as linguas de metal como instrumento, aplicadas nos órganos bucais, foron inventadas polo emperador Huang Tei arredor do ano 2800a. C.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  HarmonioModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Harmonio&oldid=6865268»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp