Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Hardware

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.

Compoñentes dun ordenador.
CPU

Ohardware,[1] oequipo ousoporte físico,[2] é o conxunto de partes físicas que conforman unordenador (pantalla,teclado,monitor, rato etc) e os periféricos asociados (impresora etc). Está formado polos elementos deentrada, decontrol e desaída.

A partir desta palabra criouse aantónima:software.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

A palabra inglesaharware provén das palabras "hard+ware" = "mercancía+dura", doinglés mediohard (duro) e doalto alemánware (cousa, mercancía) e significa literalmentea ferralla.[3]

Tipos de hardware

[editar |editar a fonte]

O hardware pode clasificarse en varias categorías, segundo a súa función dentro dun sistema informático:

  1. Hardware de entrada: Este tipo de hardware permite ao usuario introducir datos no sistema informático. Exemplos deste tipo de hardware inclúen oteclado, orato e oescáner.
  2. Hardware de saída: Este tipo de hardware permite ao sistema informático mostrar información ao usuario. Exemplos deste tipo de hardware inclúen omonitor, aimpresora e osaltofalantes.
  3. Hardware de almacenamento: Este tipo de hardware é utilizado para almacenar datos de forma permanente ou temporal. Exemplos deste tipo de hardware inclúen odisco duro, amemoria RAM e as unidades de estado sólido (SSD).[4]
  4. Hardware de procesamento: Este tipo de hardware é o que realiza os cálculos e procesamentos necesarios para que o sistema informático funcione. O exemplo máis común deste tipo de hardware é oprocesador.[5]
  5. Hardware de rede: Este tipo de hardware permite a comunicación entre dous ou máis sistemas informáticos. Exemplos deste tipo de hardware inclúen orouter, omódem e atarxeta de rede.

Historia

[editar |editar a fonte]

A evolución do Hardware, pasou por cinco xeracións, que son:

  • Primeira xeración (anos 50-55): Os ordenadores estaban compostos por válvulas de baleiro, e o seu uso era estritamente militar e científico. Comezaba o uso do linguaxe máquina e das cintas, etarxetas perforadas.
  • Segunda xeración (anos 55-60): Chega otransistor (máis barato, pequeno, fiable, con menos consumo...). Tamén comezan a impoñerse os primeiroslinguaxes de programación, como o Fortran, Cobol, Algol e de máis. Os ordenadores xa contan coas primeiras memorias (serán de ferrita e magnéticas).
  • Terceira xeración (anos 60-70): Ochip deixa desfasados a todos os dispositivos anteriores. Comeza a comercialización en masa de ordenadores, debido á enorme redución de tamaño e cartos. Invéntanse os primeiros Sistemas Operativos, que permitiran a multiprogramación, modo interactivo etc.
  • Cuarta xeración (anos 70-actual): Coa chegada domicroprocesador a potencia dos computadores medra enormemente. Tamén axuda a aparición dos Sistemas Operativos de tempo compartido, que permitirán o uso do ordenador por parte de varios usuarios. As redes de comunicación e transmisión de datos implántanse tamén.
  • Quinta xeración (comezando): Co paso do tempo, a informática busca sistemas expertos, onde a súa entrada de datos deixe de ser mera información estruturada, para converterse en coñecemento. Utilizaranse de forma masiva a linguaxe humana e aintelixencia artificial. O hardware deixa de evolucionar tanto, porque tanta evolución deixa o software obsoleto, incapaz de explotar toda a potencia que as novas máquinas ofrecen.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "hardware".dictionary.cambridge.org(eninglés). 
  2. "bUSCatermos; soporte físico / hardware".aplicacions.usc.es. Consultado o2023-07-01. 
  3. "Hardware".etimologias.dechile.net. 
  4. "¿Qué es una Unidad de estado sólido (SSD)?".¿Qué es una Unidad de estado sólido (SSD)?(encastelán). Consultado o2023-07-01. 
  5. Ferreira, José Manuel Martins (1998).Introdução ao Projecto com Sistemas Digitais e Microcontroladores(enportugués). FEUP Edições.ISBN 978-972-752-032-9. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Hardware

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobreinformática é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hardware&oldid=6432906»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp