
Células haploides son ascélulas dosorganismoseucariotas que teñen un único conxunto decromosomas ou a metade do número normal de cromosomas en céulas diploides (2n), característico daespecie, xeralmente referido pola letra minúscula n[1].
Moitosprotistas efungos presentan todas as célulassomáticas haploides, ao contrario dosanimais eplantas vasculares, cuxas célulasnon-reprodutivas son normalmentediploides (2n). Nestes organismos, as células sexuais, osgametos, teñen un único complemento cromosómico, unha vez que son xeradas pormeiose[2].
Os seres vivos con todas as células haploides na formaadulta teñen unciclo de vidahaplobionte, ou sexa, ocigoto formado polaconxugación de dúas células, é diploide e normalmente sofre inmediatamentemeiose para formar células haploides que darán orixe aos novosindividuos pormitoses. En moitosprotozoos, non se coñece areprodución sexual, e afisión binaria, na que ocorre amitose donúcleo; noutros, no entanto, como oPlasmodium (o organismo responsábel damalaria), ocorren múltiples mitoses na mesma célula, dando orixe aesquizozoítos nun proceso coñecido comoesquizogonia[3] .
Nos organismosdiplontes, obsérvanse diferentes ciclos de vida. Nos animais, as células sexuais son haploides (ciclodiplobionte), mais nosfieitos asesporas, producidas pormeiose (logo haploides), desenvólvense nun individuo que ten todas as células igualmente haploides, oprotalo, onde se forman os gametas, por mitose; chámase a este ciclo de vidahaplodiplobionte[2].
En moitos organismos diplontes poden ocorrer individuos haplontes, como asabellas obreiras e osabellóns, que son resultado da reproduciónpartenoxénica, ou sexa, na que non houbo fusión de gametos (n) para a formación do cigoto (2n). Nalgunhas plantas poden tamén formarse individuos haplontes porapomixia.