Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Hans Kelsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHans Kelsen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1881Editar o valor en Wikidata
Praga, República ChecaEditar o valor en Wikidata
Morte19 de abril de 1973Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Berkeley, Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
Member of the Constitutional Court of Austria(en)Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónXudaísmo,catolicismo eProtestant Church of the Augsburg Confession in Austria(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena
Universidade de Heidelberg
Universidade Harvard
Akademisches GymnasiumEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito,teoría do dereito,Dereito constitucional edereito internacionalEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoColoniaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, profesor universitario, filósofo, xuíz, xuristaEditar o valor en Wikidata
PeríodoFilosofia do século XX(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Universitário de Altos Estudos Internacionais(pt)Traducir,profesor universitario(1932–1953)
Universidade Carolina de Praga
Colégio de Guerra Naval(pt)Traducir
Instituto Tecnológico e de Estudos Superiores de Monterrey(pt)Traducir
Universidade de Xenebra
Universidade de California, Berkeley
Universidade de Colonia
Universidade de VienaEditar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosHelen Silving-Ryu(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
DoutorandoAlfred SchützEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMargarete KelsenEditar o valor en Wikidata
FillosHanna Renate Kelsen, Maria Beate FederEditar o valor en Wikidata
PaiAdolf KelsenEditar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Handbuch österreichischer Autorinnen und Autoren jüdischer Herkunft 18. bis 20. Jahrhundert, (sec:5083, p.666) >>>:Kelsen, HansEditar o valor en Wikidata
Sitio webhanskelsen.comEditar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 140273BNE: XX986371Dialnet: 125356
Hans Kelsen circa 1930

Hans Kelsen, nado enPraga (República Checa) o11 de outubro de1881 e finado enOrinda (California) o19 de abril de1973, foi un xuristaestadounidense de orixeaustríaca. Creou a «teoría pura do Dereito», onormativismo e o principio dapirámide das normas.

Kelsen pertenceu ao movemento dopositivismo xurídico, que é unha corrente dopositivismo xeral, fundada porAugusto Comte. Ensinou no Juridicum deViena entre1911 e1929. Viuse obrigado a fuxir deAustria logo doAnschluss a causa da súa ascendencia xudía, exiliándose aos Estados Unidos onde se inclinou polo dereito teórico.

A teoría pura do Dereito

[editar |editar a fonte]

Para Kelsen alei énorma positiva (é dicir, "posta" polos homes e non por un ser transcendente). Por outra banda, a norma é relativa, sen fundamento algún naVerdade. Non se pode falar, desde a súa perspectiva, dunhalei natural, polo menos non no ámbito xurídico. Segundo a teoría de Kelsen, oDereito está constituído só e exclusivamente das normas positivas e válidas doordenamento xurídico, sexa cales fosen os preceptos que conteñan. De aí que a súa teoría sexa denominadaDoutrina Pura do Dereito, como unha das súas obras máis coñecidas. Consonte o pensamento kelsiano o ordenamento xurídico é o obxecto do dereito, non outro.

Normativismo epirámide das normas

[editar |editar a fonte]

Hans Kelsen fundou a escolanormativista e figurou na orixe da teoría chamadapirámide das normas. Esta teoría dotou dunha base obxectiva elaica ao ordenamento das diferentes fontes dodereito, asegurando así unha explicación racional ao principio dexerarquía das normas. O principio fundamental desta teoría apóiase sobre a idea deconformidade. De xeito que unha norma inferior válida non pode ser contraria á norma inmediatamente superior. Se tal fose o caso, un contencioso podería desembocar na «anulación» ou na «corrección» da norma inferior contraria inválida.

Esta sinxela e elegante consideración teórica permite explicar e favorecer a aparición do control constitucional nos paísesoccidentais nos que esta práctica era descoñecida, especialmente enEuropa. Nos Estados Unidos practicábase este tipo de control desde inicios doséculo XIX.

Na cimeira da pirámide, o autor coloca unha norma hipotética fundamental (Grundnorm), que asegura a coherencia do conxunto, aínda que ao prezo, porén, de recorrer a unha ficción xurídica. O carácter hipotético desta norma levou aos seus detractores a afirmar que o autor non fora capaz de se desprender dospostulados doDereito natural, segundo os cales a lexitimidade do dereito emana dadivindade ou da mesmanatureza.

Consciente destas crítica, Kelsen procedeu a efectuar importantes refundicións da súa teoría, aínda que se distinguen, polo xeral, dúas épocas na súa obra: antes e despois do exilio norteamericano.

Alén do Dereito

[editar |editar a fonte]

Alén das contribucións deHans Kelsen á ciencia xurídica, o xurista descorreu, tamén profusamente, sobre política, socioloxía e relixión. Foi un respectado teórico da democracia.

Influencia

[editar |editar a fonte]

Kelsen colaborou na redacción daConstitución de Austria de 1920.

A difusión internacional do pensamento de Hams Kelsen fixo del unha saliente figura da teoría xeral do dereito noséculo XX.

Obras

[editar |editar a fonte]
  • Teoría xeral do Estado, (1934).
  • Natureza e Sociedade, (1945).
  • The Law of the United Nations, (1951).
  • Principles of International Law, (1952).
  • A Democracia.
  • Dereito Internacional e Estado Soberano.
  • Xurisdición Constitucional.
  • O Estado como integración.
  • Teoría comunista do Dereito.
  • Teoria xeral das normas.
  • O problema da xustiza.
  • Teoria pura do Dereito.
  • Teoria xeral do Dereito e do Estado.
  • A ilusión da Xustiza.
  • Que é xustiza?.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hans_Kelsen&oldid=6619204»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp