A serie trata deMiley Stewart, interpretada porMiley Cyrus, unha estudante adolescente de catorce anos que vai vivir aMalibú co seu irmán máis vello, Jackson (Jason Earles) e seu pai Robby (Billy Ray Cyrus), compositor de música. Miley leva unha vida paralela pola noite como Hannah Montana, famosa cantantepop que oculta a súa identidade real ó público, a non ser ós seus amigos íntimos, Lilly e Oliver, e á familia. Con todo, malia as vantaxes da fama, o que quere en realidade Miley é vivir unha vida como a de calquera rapaza da súa idade.[1]