Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pobo han

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Han»)
Pobo han


Poboación
Poboación total:
Total: 1 310 158 851
Rexións principais:
China1 207 541 842[1]
Taiwán22 575 365[1]
Hong Kong6 593 410[1]
Singapur3 684 936[2]
Macau433 641[1]
Indonesia8 800 000[3]
Tailandia7 053 240[4]
Malaisia6 590 500[5]
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos3 376 031[4]
Canadá1 364 215[4]
Perú1 300 000[4]
Vietnam1 263 570[4]
AustraliaAustralia1 185 000[6]
Camboxa1 180 000
Filipinas1 146 250[4]
Myanmar1 101 314[4]
RusiaRusia998 000[4]
Xapón655 377[7]
Venezuela400 000[8]
SudáfricaSuráfrica350 000[9]
Reino UnidoReino Unido296 623[4]
Francia230 515[4]
EspañaEspaña197 214[4]
IndiaIndia189 470[4]
República Democrática Popular LaoLaos185 765[4]
Aspectos culturais
LinguaLingua chinesa
RelixiónRelixión tradicional chinesa,Budismo Mahayana eTaoísmo. Bagaxe deConfucianismo.[10]Cristianismo e outras crenzas minoritarias.
Grupos
relacionados
Zhonghua minzu
Este artigo amosaescritos chineses. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Oshan (汉族 ou 漢族) son aetnia maioritaria naChina e o maior grupo étnico do mundo. Os han constitúen o 91% da poboación da China e o 19% da poboación humana. Os han son coñecidos enOccidente como a etnia chinesa. O seu nome deriva dadinastía Han e proceden orixinariamente da rexión dorrío Amarelo, no norte da China, aínda que dende hai milenios estenderon o seu territorio cara ao sur. Durante oséculo XX tamén aumentou de forma significativa a presenza de chineseshan nas rexións máis occidentais da China:Tíbet eXinjiang.

En total, o Goberno da República Popular da China recoñece 55 grupos étnicos, ademais dos han, no territorio do país.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O termohan procede do nome dadinastía Han. Así mesmo, unha das denominacións máis habituais dalingua chinesa naRepública Popular da China é "lingua dos han" (漢語 / 汉语,hànyǔ).

Aínda que ás veces se fala de "etnia chinesa",han é o termo correcto utilizado naRepública Popular da China para diferenciar á etnia maioritaria, que se expresa nos diversos dialectos do chinés, doutros grupos étnicos, con linguas e culturas diferentes, que existen na China, como ostibetanos, osmongois e osuigures, entre outros.

Unidade da etnia Han

[editar |editar a fonte]

A pesar da existencia de múltiples variacións na lingua chinesa falada, un dos factores que determina a unidade da etnia han é a lingua escrita. Durante centos de anos, aliteratura chinesa usou un formato estándar de escritura que utiliza un vocabulario e unha gramática significativamente distinta das diferentes formas do chinés oral. Desde oséculo XX, o chinés escrito baseouse nomandarín estándar e non no dialecto local de quen o escribe (coa excepción do uso escrito docantonés). Por iso, aínda que os residentes nas diferentes rexións poden non se entender cando falan, son capaces de se entender na escrita.

Os han adoitan vestirse utilizando roupas de estilo occidental. Os traxes han tradicionais aínda son utilizados en ocasións importantes como banquetes de vodas ou durante a celebración de aninovo.

Diferenzas internas

[editar |editar a fonte]

Entre os Han existen numerosas diferenzas tantoculturais como lingüísticas. As diferenzas rexionais e lingüísticas entre os diferentes subgrupos dos han son tan significativas como entre as diferentes nacionalidadeseuropeas. Os Han falan diversas variedades dalingua chinesa que son consideradosdialectos, a pesar de que se considera que entre elas existen diferenzas maiores das que hai entre as diferentes linguas europeas (co termo "dialectos" faise referencia ao que é en realidade unha familia de linguas relacionadas cochinés estándar, mentres que se utiliza "lingua" para facer referencia ás demais linguas da China que non pertencen ao mesmo grupo lingüístico que o chinés estándar e os seus dialectos/linguas). Outras diferenzas culturais, como agastronomía, oscostumes e amoda, son igualmente importantes. A historia da China moderna presenta numerosos exemplos dos conflitos que estas diferenzas provocaron. Por iso, a idea duns Han unidos é realmente complexa.

Estas diversidades, con todo, non xeraron identidades étnicas propias, e as diferenzas relixiosas ou políticas non reforzaron as diferenzas rexionais. Ao contrario, existe unha tendencia a evitar as distincións entre os Han, xa que se considera que é unha clasificación menor e superficial.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,21,3"China no Factbook da CIA"(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 13 de outubro de 2016. Consultado o 26 de novembro de 2019. 
  2. "Singapur no Factbook da CIA"(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 28 de decembro de 2010. Consultado o 26 de novembro de 2019. 
  3. "‘Racism remains for Chinese — Indonesians’"(eninglés). Consultado o 26 de novembro de 2019. 
  4. 4,004,014,024,034,044,054,064,074,084,094,104,114,12"‘Racism remains for Chinese — Indonesians’"(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 23 de novembro de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2019. 
  5. "U.S. Relations With Malaysia"(eninglés). Consultado o 26 de novembro de 2019. 
  6. "Australian Demographic Statistics"(eninglés). Consultado o 26 de novembro de 2019. 
  7. "国籍(出身地)別在留資格(在留目的)別外国人登録者 (Número de estranxeiros por país en 2008"(en xaponés). 2009-09-04. 
  8. "Composición Étnica de las Tres Áreas Culturales del Continente Americano al Comienzo del Siglo XXI"(PDF)(encastelán). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 24 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2013. 
  9. Park, Yoon Jung (2009). Interdisciplinary Perspectives, ed.Recent Chinese Migrations to South Africa - New Intersections of Race, Class and Ethnicity(PDF).Representation, Expression and Identity(eninglés).ISBN 978-1-904710-81-3. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 28 de decembro de 2010. Consultado o 26 de novembro de 2019. 
  10. Travel China Guide – Han Chinese,Windows on Asia – Chinese ReligionsArquivado 20 de febreiro de 2009 enWayback Machine.
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pobo_han&oldid=5937945»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp