O nome completo de Hamburgo é "Cidade Libre e Hanseática de Hamburgo" (Freie und Hansestadt Hamburg en alemán)[4]. Isto débese á súa historia como membro daliga medieval hanseática, como Cidade Imperial Libre doSacro Imperio Romano Xermánico, e tamén polo feito de que é unha cidade-estado e polo tanto un dos dezaseis estados federados de Alemaña.
Hamburgo é un importante eixo de transportes do norte deAlemaña converténdose nun gran centro industrial, con fábricas comoBlohm + Voss (estaleiro) ouNorddeutsche Affinerie (produción de cobre), e de comunicacións, descantando a radio-televisiónNorddeutscher Rundfunk e editoriais comoGruner + Jahr eSpiegel-Verlag. Contabilízanse en total máis de 120.000 empresas. A cidade é tamén un importante destino turístico tanto local como internacional, recibindo en2007 ao redor de 7,4 millóns de visitas.
As orixes de Hamburgo remóntanse ao ano808 d.C., no queCarlomagno mandou construír o casteloHammaburg, dende o que se vixiaba a zona ao norte dorío Elba, ondeburgo significa castelo. O termoHamma segue sendo incerto como a localización deste castelo.[5]
No ano831Ludovico Pío crea a diocese de Hamburgo e no ano834 foi designada a sede dun bispado católico romano, cuxo primeiro bispo,Ansgar (San Óscar, coñecido como o apóstolo do Norte). Dous anos máis tarde,Bremen uniuse co bispado, formando o de Hamburgo-Bremen. Debido á súa situación privilexiada foron asentándose en Hamburgo numerosos habitantes, que se dedicaron maioritariamente ao comercio e á pesca.
Hamburgo foi destruída e ocupada en varias ocasións. No845, unha frota de 600 barcosviquingos chegaron até o río Elba e destruíron o que nese momento era unha cidade de ao redor de 500 habitantes. No1030 a cidade foi incendiada polo reiMieceislao II dePolonia. Máis tardeValdemar II deDinamarca asaltouna e ocupouna en1201 e en1214. Ademais houbo varios incendios de gran magnitude, os máis notables foron os de1284 e1842. En1842, ao redor dunha cuarta parte da cidade foi destruída no coñecido coma "gran incendio". Este incendio iniciouse na noite do4 de maio de1842 e non se extinguiu até o día8. Destruíu tres igrexas, a Casa do Concello, e moitos outros edificios, matando a 51 persoas, e deixando a unhas 20.000 sen fogar. A reconstrución tardou máis de 40 anos.
Brasón de Hamburgo en 1241.
En 1189Frederico I Barbarroxa concedeu a Hamburgo a carta de condición de Cidade Imperial Libre e o acceso libre de impostos até oBaixo Elba e omar do Norte. Esta carta, xunto coa proximidade de Hamburgo ás principais rutas comerciais do mar do Norte emar Báltico, permitiu á cidade ser un importante porto do norte de Europa. A súa alianza comercial conLübeck en1241 marca a orixe e esencia da poderosaLiga Hanseática. Aínda hoxe Hamburgo ostenta con orgullo o título de cidade hanseática. No seu escudo pode aínda verse o castelo Hammerburg coas portas pechadas, o cal simboliza a soberanía da cidade. O8 de novembro de1266 un contrato entreHenrique III e Hamburgo permitiulles establecer unhanse enLondres. Esta foi a primeira vez na historia en que se menciona a palabrahanse para o gremio de comercio Liga Hanseática. A primeira descrición dos dereitos civís, o dereito penal e procesual para unha cidade en Alemaña en idioma alemán, aOrdeelbook (Ordeel: frase) foi escrita polo avogado do SenadoJordan von Boitzenburg en 1270.
Durante a primeira metade doséculo XIX, unha deusa patroa de Hamburgo con nome en latínHammonia xurdiu, sobre todo nas referencias románticos e poéticas.[6] Hammonia converteuse no símbolo do espírito da cidade durante este tempo. En1888 entra naUnión Aduaneira Alemá. Hamburgo tivo un rápido crecemento durante a segunda metade doséculo XIX, cando a súa poboación se cuadriplicou, chegando a ter máis de 800.000 habitantes, este crecemento da cidade fixo do seu porto o terceiro máis importante do comercio europeo do Atlántico.Albert Ballin como director daHamburg-America Line converteuse na compañía navieira de transatlánticos máis grande do mundo, sendo o porto preferido para a maioría dos alemáns do Leste e os europeos que saían cara aoNovo Mundo.
Durante asegunda guerra mundial a cidade foi devastada polos bombardeos entre1940 e1945, sendo o nome clave do ataque aliadoOperación Gomorra. Este ataque provocou a morte de ao redor de 40.000 persoas. Esta operación foi levada a cabo a partir de finais de xullo de1943, polaRoyal Air Force ("RAF") británica e asUSAAF estadounidenses, sendo no seu momento a maior campaña de bombardeos da historia da guerra aérea. Os ataques realizáronse por orde do mariscal da RAF Sir Arthur Harris, comandante en xefe da división de bombardeiros da aviación británica (RAF Bomber Command).
Os bombardeos aliados, como un esforzo para pór fin ásegunda guerra mundial deixaron unha cidade devastada, chegando o un grao de destrución total superior ao 70%.[7] Hamburgo rendeuse, evitando máis baixas, ás forzas británicas o3 de abril de1945.
Entre1938 e1945 nas proximidades de Hamburgo case 70.000 persoas pereceron no campo de concentración deNeuengamme. O16 de febreiro de1962 unha severa tormenta causou o aumento de nivel do río Elba, alagando unha quinta parte da cidade de Hamburgo e matando a máis de 300 persoas. Opano de aceiro, a só 50 quilómetros ao leste de Hamburgo reduciu aínda máis o comercio mundial de Hamburgo. Despois da reunificación alemá en1990 o Porto de Hamburgo de recuperar a súa antiga importancia. En2011 foi elixidaCapital Verde Europea (European Green Capital).
Hamburgo está situada no extremo meridional da península deXutlandia, entre aEuropa continental cara ao sur, e aEscandinavia cara ao norte. Está tamén rodeado poloMar do Norte ao seu oeste e oMar Báltico ao leste.
Hamburgo emprázase na posición onde orío Elba conflúe cos ríosAlster eBille, río que desemboca nomar do Norte a uns 100 km de distancia. Dende a súa desembocadura até Hamburgo o río é navegable, mesmo por barcos de gran tamaño, o que converteu á cidade nun porto importante dende hai séculos. Hoxe é o segundo porto con maior tráfico naUnión Europea (UE), soamente superado polo deRotterdam nosPaíses Baixos.
O centro da cidade está situada ao redor de dous lagos artificiais, oBinnenalster (Alster interior) e oAußenalster (Alster exterior), orixinarios ambos do río Alster. A illa deNeuwerk e outras dúas illas no Mar do Norte tamén son parte da cidade de Hamburgo, situadas no Parque Nacional do Mar de Wadden.[8]
Debido á influencia marítima, o clima é máis suave que no interior. Os meses máis cálidos en Hamburgo son xuño, xullo e agosto, con temperaturas medias de entre 19,9 e 22,2 °C. Os máis fríos son decembro, xaneiro e febreiro, con temperaturas medias que van de -1,4 a 0 °C.[9] Temperaturas de ao redor de 28 °C non son improbabeis no verán, dende a década de 1990 as temperaturas máximas chegaron a alcadar até 38,5 °C (20 de xullo de2006). O clima é húmido durante todo o ano. En canto ás precipitacións, especialmente nos últimos anos (entre2004 e2008), reduciuse a media de 746 mm.
Hamburgo componse de 7 distritos ou municipios coñecidos comobezirke, os cales á súa vez están divididos en 105 barrios (stadtteile). Tamén existen 180 localidades (ortsteile).
A partir de2008, a área de organización réxese pola constitución de Hamburgo e varias leis. Na constitución determínase que unha zona pode ser creada por lei para fins administrativos.[12] A maioría dos barrios eran antigas cidades, pobos ou aldeas independentes que foron anexionadas a Hamburgo. En1938, a última gran incorporación fíxose a través da Gran Lei de Hamburgo de1937, coa incorporacións das cidades de Altona, Harburg e Wandsbek[13]. ALei de Reich da Constitución e a Administración da cidade hanseática de Hamburgo estableceron a Hamburgo coma estado e municipio.[14] Algúns dos distritos e dos barrios reorganizáronse varias veces nos últimos anos.
Cada distrito está rexido por un concello (bezirksamt), administrado polo concello municipal (bezirksamtsleiter). Os barrios da cidade de Hamburgo non son independentes dos municipios. O poder dos gobernos municipais é limitado e subordinado ao Senado de Hamburgo. Os conselleiros municipais son elixidos polo réxime do municipio e, posteriormente, o seu ingreso ten que ser designado polo Senado. Os barrios non teñen órganos de goberno propios.
Distritos de Hamburgo
Os distritos de Hamburgo son Altona, Bergedorf, Eimsbüttel, Hamburg-Mitte, Hamburg-Nord, Harburg e Wandsbek.[15]
É o distrito urbano máis occidental sobre a beira dereita dorío Elba. De1640 a1864 Altona estivo baixo a administración da monarquíadinamarquesa, logo foi unha cidade independente até1937. Politicamente, os barrios seguintes están suxeitos ao municipio de Altona: Altona-Altstadt, Altona-Nord, Bahrenfeld, Ottensen, Othmarschen, Groß Flottbek, Osdorf, Lurup, Nienstedten, Blankenese, Iserbrook, Sülldorf, Rissen e Sternschanze. En 2008 a poboación era de 245.511 habitantes.[16]
Era en2006 o maior dos sete distritos, sendo a poboación de 119.185 habitantes en 2008. Bergedorf componse dos barrios de Allermöhe, Altengamme, Bergedorf, Billwerder, Curslack, Kirchwerder, Lohbrügge, Moorfleet, Neuengamme, Ochsenwerder, Reitbrook, Spadenland e Tatenberg.
Tiña en 2008 unha poboación de 247.135 habitantes. O distrito divídese en nove barrios: Eidelstedt, Eimsbüttel, Harvestehude, Hoheluft-West, Lokstedt, Niendorf, Rotherbaum, Schnelsen e Stellingen. Situado dentro deste municipio está o antigo barrio xudeu Grindel.
Literalmente en galego "Centro de Hamburgo", abarca principalmente o centro urbano da cidade. En2008 a poboación era de 276.234 habitantes. Consta dos barrios de Billbrook, Billstedt, Borgfelde, Finkenwerder, HafenCity, Hamburg-Altstadt, Hamm-Nord, Hamm-Mitte, Hamm-Süd, Hammerbrook, Horn, Kleiner Grasbrook, Neuwerk (illa de Cuxhaven), Rothenburgsort, St. Georg, Sankt Pauli, Steinwerder, Veddel, Waltershof e Wilhelmsburg. Os barrios de Hamburgo-Alstadt (casco antigo da cidade de Hamburgo) e Neustadt (nova cidade) son a orixe histórica da cidade de Hamburgo.
Está ao norte de Hamburgo, contaba en2008 con 280.229 habitantes nunha área de 57,5 quilómetros cadrados. Hamburg-Nord componse dos barrios de Alsterdorf, Barmbek-Nord, Barmbek-Süd, Dulsberg, Eppendorf, Fuhlsbüttel, Groß Borstel, Hoheluft-Ost, Hohenfelde, Langenhorn, Ohlsdorf, Uhlenhorst e Winterhude.
Atópase na beira meridional do río Elba e comprende parte do porto de Hamburgo, zonas residenciais e rurais e algúns institutos de investigación. En2008 a poboación do municipio era de 202.526 habitantes. En Harburgo os barrios son Harburg Altenwerder, Cranz, Eißendorf, Francop, Gut Moor, Harburg, Hausbruch, Heimfeld, Langenbek, Marmstorf, Moorburg, Neuenfelde, Neugraben-Fischbek, Neuland, Ronneburg, Sinstorf e Wilstorf.
En 2006, era o segundo distrito máis grande dos sete que compoñen a cidade de Hamburgo. O barrio de Wandsbek, que foi independente da antiga cidade. Cos barrios de Eilbek e Marienthal, forma parte do corazón económico e cultural da cidade. Do mesmo xeito que os demais distritos de Hamburgo, Wandsbek divídese en barrios. Estes son Bergstedt, Bramfeld, Duvenstedt, Eilbek, Farmsen-Berna, Hummelsbüttel, Jenfeld, Lemsahl-Mellingstedt, Marienthal, Poppenbüttel, Rahlstedt, Sasel, Steilshoop, Tonndorf, Volksdorf, Wandsbek, Wellingsbüttel e Wohldorf-Ohlstedt. En 2008, a poboación era de 411.203 habitantes.
A cidade de Hamburgo é un dos 16 estados alemáns, polo que o alcalde da cidade axústase máis á función dun ministro-presidente que á que un alcalde convencional. Hamburgo como un goberno estatal, é responsable da educación pública, as institucións penais e da seguridade pública, ademais das bibliotecas, instalacións de esparexemento, servizos de saneamento, abastecemento de auga e servizos de benestar.
Dende1897 a sede de goberno é a Casa do Concello de Hamburgo (alemán:Hamburger Rathaus), onde se atopa a oficina do alcalde, a sala de reunións para o senado e o Parlamento de Hamburgo. Dende2008 o Alcalde de Hamburgo, Ole von Beust,[17] é o primeiro en gobernar nun estado de Alemaña cunha coalición "negro-verde", integrada polo conservadorCDU e o alternativoPartido Verde.[18]
A29 de febreiro de2008 Hamburgo tiña unha poboación de 1 773 218 habitantes (por riba dos 1 652 363 censados en1990) nunha área de 755,264 km2, dando como resultado unhadensidade de poboación de 2348 habitantes/km². Na área metropolitana de Hamburgo habitan uns 4 300 000 habitantes aproximadamente nun espazo de 19.000 km2.[19]
En canto á distribución por sexo, no censo de2006 rexistrouse unha poboación de 856.132 homes e de 898.050 mulleres. Nese mesmo ano tamén se rexistraron 16.089 nacementos, do cal un 33,1% eran dados a luz por mulleres solteiras, 6.921 casadas e 4.583 por divorciadas. Na cidade, un 15,7% da poboación é menor de idade, un 18,8% é maior de 65 anos, mentres que o 65,7% restante sitúase entre estas dúas idades.
En canto aos residentes estranxeiros, hai unha cantidade de 257.060 habitantes da inmigración, aproximadamente un 14,8% da poboación, sendo un 22,6% dos residentes destes de orixeturca (58.154 habitantes). Tamén hai unha considerábel cantidade de poboación de orixepolaca (20.743 habitantes),inglesa (4.046 habitantes) eestadounidense (4.369 habitantes).
Oproduto interno bruto (PIB) de Hamburgo ascende a un total de 88,9 millóns de euros,[20] co que cidade ten o maior PIB deAlemaña con 50.000€ por habitante e unha relativamente alta taxa de emprego, co 88% da poboación en idade de traballar. A cidade é fogar de máis de 120.000 empresas,[21] sendo en2007 o ingreso medio dos empregados de 30.937€.
A unidade económica máis importante de Hamburgo é o porto de Hamburgo, que ocupa o 2º posto en Europa, só superado polo deRotterdam, e o 9º en todo o mundo, con transbordos de 9,8 millóns deTEU de carga e 134 millóns de toneladas de mercadorías en 2007. Despois dareunificación alemá, Hamburgo recuperou a parte oriental do seu interior e o porto pasou a ser o de maior crecemento en Europa. O comercio internacional é unha das principais razóns pola que hai un gran número de consulados na cidade.
Centro financeiro de Hamburgo.
Aínda que a cidade está situada a 110 km doestuario dorío Elba, considérase un porto de mar debido á súa capacidade para manexar grandesbuques oceánicos.[22]
Hamburgo (xunto conSeattle eTolosa) tamén é unha importante praza da industria aeroespacial civil.Airbus, que ten unha planta de ensamblaxe no barrio de Finkenwerder, emprega a máis de 13.000 persoas.[23] A industria pesada, inclúe a fabricación de aceiro, aluminio, cobre e unha serie de estaleiros como Blohm Voss.
En 2007, un estudo da Fundación Bertelsmann sobre os distintos estados federados alemáns revelou que Hamburgo ten a maiorrenda per cápita e tamén que o seu crecemento económico supera a media nacional,[24] e segundo outro informe daComisión Europea, Hamburgo ocupa o cuarto lugar entre as cidades daUnión, ademais de ter a mellor rede detransporte público.[25]
Outra industria moi importante é a dosmedios de comunicación, con máis de 70.000 empregados.[26] Unha mostra disto é que a importante cadea de radio e televisiónNorddeutscher Rundfunk ten a súa sede na cidade, habendo tamén outras compañías de ámbito rexional como Radio Hamburgo.
A parte dos medios audiovisuais tamén varias das empresas editoriais máis grandes de Alemaña como Axel Springer AG, Gruner Jahr ou Heinrich Bauer Verlag teñen aquí a súa sede, a parte de moitos xornais e revistas nacionais, comoDer Spiegel eDie Zeit ou oFinancial Times Deutschland. O xornal de ámbito rexional máis importante é oHamburger Abendblatt, cunha gran circulación. Tamén hai un bo número de empresas de música (a maior éWarner Bros. Records Alemaña) e negocios de Internet (por exemplo,AOL,Adobe,Google Alemaña ou empresas deWeb 2.0 como Qype).
Hamburgo ofrece máis de 40 teatros, 60 museos e 100 lugares de música e clubs. En2005, máis de 18 millóns de persoas visitaron concertos, exposicións, teatros, cinemas, museos e outros espectáculos culturais. Máis de 8.552 empresas suxeitas a impostos, sendo o tamaño medio de 3,16 empregados, dedicábanse a actividades culturais como a música, artes escénicas e literatura. Hai cinco empresas do sector creativo por cada mil habitantes (Por exemploBerlín ten tres eLondres trinta e sete).
Sala de concertos Laeiszhalle.
No verán de2007, Hamburgo formou parte deLive Earth, unha serie de concertos de beneficencia de pop e rock presentando a varios artistas en contra doquecemento global.[27]
O teatroHamburger Schauspielhaus (propiedade estatal), o Teatro Thalia e oKampnagel son teatros ben coñecidos en Alemaña e no estranxeiro.[28] O Teatro Inglés, preto da estación de metro Mundsburg representa funcións eninglés, xa que posúe actores nativos entre o seu persoal.
A Galería de Arte e a Galería de Arte Contemporánea (Kunsthalle) de Hamburgo atópanse preto da estación central. En2008, oInternationales Maritimes Museum Hamburg abriu as súas portas en Hamburgo, no HafenCity. OMiniatur Wunderland mostra diferentes modelos de trens en acción e nunha fascinante paisaxe artificial. Pola súa banda, o Museo da Cidade da Emigración BallinStadt lembra os grandes fluxos de persoas que emigraron en masa de Europa entre1850 e1939 ao norte e sur deAmérica. Dous buques museo preto de Landungsbrücken dan testemuño dos buques de carga e os tempos dos veleiros de carga.
Hamburgo ten edificios arquitectonicamente significativos cunha ampla gama de estilos. Hai só uns poucos rañaceos e destacando a igrexa de St. Nikolai, o edificio máis alto do mundo noséculo XIX. O panorama da cidade de Hamburgo pode ser visto dende as altas torres das principais igrexas (Hauptkirchen) como a igrexa de San Miguel, a de San Pedro, a igrexa de San Xacobe e a de Santa Catarina, cuberta con placas de cobre.
Panorama aéreo do centro de Hamburgo.
As numerosas canles de Hamburgo son atravesados por máis de 2.300 pontes, máis que as deVenecia eÁmsterdan xuntas.[29] O Köhlbrandbrücke, Freihafen Elbbrücken, Lombardsbrücke e Kennedybrücke son algunhas das pontes máis notabeis.
O concello posúe unha rica decoraciónneo-renacentista e foi terminado en1897. A súa torre é de 112 metros de altura e a súa fachada, de 111 metros de longo, representa aos emperadores doSacro Imperio Romano, dende que Hamburgo estivo, como Cidade Libre Imperial, só baixo a soberanía do emperador.[30] O Chilehaus, é un edificio de oficinas de ladrillo de pedra construído en1922 e deseñado polo arquitectoFritz Höger en forma de espectacular transatlántico.
En2015 completarase o maior desenvolvemento dun centro urbano en Europa: o barrio de HafenCity, que albergará uns 10.000 habitantes e 15.000 traballadores. O seu ambicioso plan e a arquitectura (deseñado, entre outros, porRem Kolhaas eRenzo Piano) comezou en 2008. A finais de2010, o Salón da Filharmónica do Elba (Elbphilharmonie) estará listo para os seus primeiros concertos nun espectacular edificio deseñado pola empresa suízaHerzog & de Meuron.
Os numerosos parques da cidade de Hamburgo distribúense por toda a cidade, o que fai de Hamburgo unha cidade moi verde. Os parques máis grandes son oStadtpark, o cemiterio Ohlsdorf ePlanten un Blomen. OStadtpark, o "Central Park" de Hamburgo, ten un gran céspede e unha gran torre de auga, e alberga un dos planetarios máis grande de Europa. O parque e os seus edificios foron deseñados porFritz Schumacher na década de1910.
Birnen, Bohnen und Speck, prato típico de Hamburgo.
AGastronomía de Hamburgo é un conxunto de diversas variantes da cociña alemá do norte, reúne os ingredientes típicos das terras do Vierlande, asfroitas do Altes Land ou ospeixes doElba. Posúe evidentemente influencia das cociñas das cociñas das rexións adxacentes como a deSchleswig-Holstein.
Dentro dos ingredientes é posíbel comercangrexos elagostas así como pratos de diferentes peixes como a solla (Finkenwerder Scholle), do río Elba ossint (cociñados ao forno e moi apreciados en Hamburgo) ou o arenque en sazón. Tamén se adoitan comer asadas as carpas e os propios arenques, todos eles moi asociados á festa de San Martiño. Son moi populares e igualmente posíbeis de comer pola rúa unsRollmops (arenque remollado) ou a sopa deanguía.
No terreo dascarnes cómese, do mesmo xeito que en todo o norte deAlemaña oLabskaus (carne en sazón) ou aspatacas asadas cocorned beef (carne de tenreira hervida). Hamburgo é unha comarca moi típica de cocidos (eintopf), como oSteckrübeneintopf (cocido de nabos e carne).
As verduras máis empregadas (fóra da pataca) é a invernal col verde. Entre ospans destaca oPumpernickel que se atopa facilmente en calquera panadería, para almorzar son moi típicos na zona osFranzbrötchen (fariña aromatizada con azucre ecanela) e no terreo das galletas son moi famosos osBraune Kuchen (unha galleta de fariña de trigo e centeo con mel e especias).
Así pois o prato máis coñecido é oBirnen, Bohnen und Speck (peras, feixóns e touciño entrefebrado), é un prato sinxelo e de estación que se serve en outono.
Zona portuaria.A Filharmónica do Elba (Elbphilharmonie)
Hamburgo ofrece numerosos atractivos para o visitante. O xa citado lago no centro da cidade é único no seu xénero. Está rodeado por tres avenidas, con edificios elegantes, entre eles dous dos hoteis con maior tradición. Desde este lugar divísanse varias torres das igrexas de Hamburgo, cuxa parte superior está cuberta de láminas de cobre que foron adquirindo unha cor verde. Moi preto atópase a Casa do Concello, un edificio construído no estilo nórdico tamén con tellado de cobre. O lago exterior, máis grande de tamaño, está rodeado por casas con xardíns.
Outro atractivo turístico é o porto, que se pode percorrer en embarcacións de diversos tamaños, con duracións máis ou menos prolongadas. Na zona portuaria existen numerosos canles, en cuxos lados se achan os vellos almacéns. Estes edificios, que deixaron de usarse dende que apareceron os colectores, están a ser rehabilitados e acondicionados para vivendas e outros usos. Cerca do porto atópase o barrio mariñeiro de Hamburgo, onde están os clubs e bares nocturnos. Este barrio foi durante moito tempo a "zona roxa" de Hamburgo, onde os mariñeiros compraban víveres e acudían aos numerosos bordeis. Con todo, nas últimas décadas mudáronse a este barrio estudantes, traballadores e empresarios.[31]
Hamburgo conta tamén cun xardín botánico deseñado como parque, no que se poden pasar varias horas admirando a vexetación. Outro barrio moi coñecido en Hamburgo é o Sternschanze, no centro de Hamburgo, un barrio alternativo.
Actualmente Hamburgo ten 79 museos. Entre os máis famosos e populares figura o Kunsthalle, museo de arte con obras de pintores alemáns doséculo XIX. Tamén é destacable a escolaBullenhuser Damm, antiga extensión docampo de concentración de Neuengamme.
Filharmónica do Elba
O almacén do Kaiser (emperador) non só era o máis grande da cidade portuaria, senón que durante anos o edificio daba a benvida aos visitantes que chegaban ao porto. Tralasegunda guerra mundial, este edificio rectangular de ladrillos quedou esnaquizado polos ataquesaliados, até a súa reconversión como depósito de cacao.[32]
Sobre este edificio construíuse a sede da Filharmónica do Elba, deseñado pola oficina de arquitectos suízaHerzog & de Meuron.[33] Foi inaugurada o 11 de xaneiro de 2017, cun concerto da NDR Elbphilharmonie Orchester. Malia ser unha construción recente, xa é un dos edificios máis emblemáticos da cidade.
O sistema escolar está administrado polo Ministerio de Escolas e Formación Profesional (Behörde für Schule und Berufsbildung). En 2006 ao redor de 160.000 alumnos estudaban en 245escolas primarias, e 195escolas secundarias. Ademais hai na cidade 33bibliotecas públicas.
En Hamburgo atópanse 17universidades, nas que estudan 70.000 alumnos, incluíndo os residentes estranxeiros, que son arredor de 9.000. Seis universidades son públicas, aUniversidade de Hamburgo co Centro Médico da Universidade de Hamburgo-Eppendorf, a Universidade de Música e Teatro, a Universidade de Hamburgo de Ciencias Aplicadas e a Universidade Tecnolóxica. As restantes sete son privadas, como a Facultade de Dereito Bucerius. A cidade tamén ten colexios máis pequenos, privados e universidades, entre eles moitos relixiosos e as institucións para fins especiais, tales como a Universidade Helmut Schmidt (Antigamente: Universidade das Forzas Armadas Federais de Hamburgo).
En Hamburgo hai 95 Consulados Xerais e Consulados.[34] Á parte, está irmandada con oito cidades e ten acordos con outras, como o asinado conDar es Salaam para desenvolver a cooperación entre ambas as cidades.[35][36]