AHaganah (hebreo: "Defensa", הגנה) foi unha organización paramilitar xudía que actuou enPalestina entre1920 e1948, durante o mandatobritánico. Coa constitución do Estado deIsrael a Haganah constituíu a base doexército israelí.
AHaShomer, milicia que se fundou en1909, foi o antecesor da Haganah, era un pequeno grupo de inmigrantes xudeus que vixiaban os asentamentos xudeus por unha cota anual, nunca superaron os 100 membros. Tralas revoltas árabes de1920 e1921 constitúese a Haganah para gardar oskibbutzs e facer fronte aos ataques árabes. Ata1929 as unidades da Haganah tiñan unha organización local e estaban mal armadas, consistían sobre todo en granxeiros que vixiaban os seus asentamentos por quendas. Pero logo da revoltas árabes de1929, que deixaron 133 xudeus mortos e a expulsión dos xudeus deHebrón, entran na Haganah case todos os homes dos asentamentos, e moitos das cidades, e se adquiren armas no estranxeiro. En1936 conta con 10.000 membros activos e 40.000 reservistas. NaGran Revolta árabe (1936-1939) participa activamente para protexer os intereses británicos e para frear a insurxencia árabe: aínda que a administración británica non a recoñeceu oficialmente, o exército británicos cooperou activamente con ela para formar a policía xudía dos asentamentos e as forzas auxiliares xudías. En1937, os dirixentes máis dereitistas da Haganah formaron oIrgun Zvai-Leumi, caracterizado polos seus métodos de combate clandestino. Trala revolta os británicos restrinxiron a inmigración xudía a Palestina: en resposta, Haganah organiza unha rede de inmigración ilegal e demostracións contra dos británicos.
Nos primeiros anos da segunda guerra mundial, reanudouse a cooperación entre os británicos e a Haganah polo temor a un avance dos alemáns e italianos no Norte de África, pero trala desfeita de Rommel enEl Alamein (1942), os británicos deixan de apoiar á Haganah. En1943 os británicos crean a Brigada Xudía, a primeira unidade militar xudía que serviu na guerra. Mentres a Haganah crea o19 de maio de1941 aPalmach, unha unidade de elite
Despois da guerra, a Haganah realizou operacións antibritánicas en Paletina e continuou a organizar a inmigración ilegal. O28 de maio de1948 o Haganah desaparece ao se crear as Forzas de Defensa israelís.