Hafez al-Assad, nado enQardaha, en1928 e finado enDamasco en2000, foi un militar e políticosirio.
Al-Assad naceu no seo dunha familiaalauí pobre, e foi o primeiro da súa familia en cursar educación secundaria. Entrou naAcademia Militar Siria e completou estudos en academiassoviéticas. En1946 entrou no partidoBaaz. CandoSiria eExipto crearon aRepública Árabe Unida, al-Assad, entón estacionado no Cairo opúxose á federación.
Nomeado xefe da forza aérea siria en1964, ascendeu a ministro de Defensa en1967, e estivo ao mando desa carteira durante aGuerra dos seis días. En 1970 aproveitou a carteira de Defensa para dar ungolpe de Estado (1970) que o levaría á xefatura do goberno en1971. Baixo o signo doautoritarismo baazista (mestura desocialismo epanarabismo), emprendeu unha longa serie de reformas económicas que levarían ó control estatal da economía e á dependencia das axudas daUnión Soviética.
Partidario da creación do estadopalestino, subvencionou operacións armadas daOLP deYasser Arafat[Cómpre referencia]. Non obstante a súa política socialista levouno a quedar illado dos demais países árabes. Durante aguerra irano-iraquí (1980-1988) apoiou decididamente o tamén baazistaSaddam Hussein, ditador deIraq. Durante aPrimeira Guerra do Golfo (1990-1991), mantívose porén á marxe e apoiou timidamente á coalición internacional.
Trala súa morte en 2000, sucedeuno no cargo o seu filloBashar al-Assad, quen continuou a política de fornecer a grupos armados[Cómpre referencia], o que levou ósEstados Unidos a engadilo na lista de países doeixe do mal[Cómpre referencia].