Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Hadrián VI, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.
Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes.
Podes ver exemplos de como se fainestes artigos.
Modelo:BiografíaHadrián VI, papa

(1625,Centraal Museum(pt)Traducir)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(nl)Adriaan Florenszoon Boeyens d'EdelEditar o valor en Wikidata
2 de marzo de 1459Editar o valor en Wikidata
Utrecht (Sacro Imperio Romano Xermánico)Editar o valor en Wikidata
Morte14 de setembro de 1523Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Roma (Estados Pontificios)Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFuneral monument of Pope Adrian VI(en)Traducir
Santa Maria dell'Anima(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
218ºPapa
19 de xaneiro de 1522 – 14 de setembro de 1523
← León X, papaClemente VII →
Inquisidor xeral de Castela
14 de marzo de 1518 – 4 de agosto de 1522 (Conclave de 1521–1522(pt)Traducir)Alfonso Manrique de Lara y Solís(pt)Traducir →
Cardeal presbítero
1 de xullo de 1517 – 4 de agosto de 1522 (Conclave de 1521–1522(pt)Traducir)
Inquisidor xeral de Aragón
14 de novembro de 1516 – 14 de marzo de 1518
Bispo de Tortosa
18 de agosto de 1516 – 9 de xaneiro de 1522
← Luis Mercader Escolano(en)TraducirWillem van Enckenvoirt(pt)Traducir →
Rexente
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católicaEditar o valor en Wikidata
EducaciónStudium Generale LovanienseEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoRoma
Estados PontificiosEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico (1490(Gregoriano)–), filósofo, teólogo, profesor universitario, bispo católicoEditar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversities in Leuven(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
AlumnosBernard Bucho van Aytta(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
ConsagraciónDiego Ribera de Toledo(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valorEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Адриан VI)
Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947)Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 74587BNE: XX1387170WikiTree: Boeyens-2Find a Grave: 10713648Editar o valor en Wikidata

Hadrián VI, nado co nome deAdriaan Florenszoon Boeyens, tamén coñecido comoAdriano de Utrecht, nado enUtrecht (daquela pertencente aoSacro Imperio Romano Xermánico) o2 de marzo de1459 e finado enRoma o14 de setembro de1523, foipapa daIgrexa católica entre o 9 de xaneiro de1522 e o 14 de setembro de1523.

Lonxe da avidez, as manobras e a longa espera de anteriores aspirantes ao trono deSan Pedro no afán por acadalo, Hadrián mostrouse indiferente ao cargo, non fixo nada por acadalo e, mergullado como estaba nas intricadas tarefas da rexencia deEspaña, nin sequera asistiu aoconclave no que foi designado. De todos modos, a súa aparente desidia por erixirse na máxima autoridade da igrexa católica estaba plenamente compensada co interese do seu egrexio discípulo, o emperadorCarlos V, que premeu canto foi necesario para lograr a chegada ao solio pontificio do seu antigo preceptor.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Era fillo dun ebanista, e foi educado nadevotio moderna, no amor ávirtude e áciencia. En1479 ingresou naUniversidade de Lovaina, onde máis tarde sería profesor deteoloxía e reitor.

Foi elixido porMaximiliano de Austria como mestre do seu netoCarlos de Gante. Exerceu o seu cometido durante dez anos (1505-1515), levando a cabo importantes misións en defensa dos intereses do seu pupilo.

En1516 o herdeiro das coroas deCastela eAragón enviou a Hadrián como legado ante ocardeal Cisneros, rexente dos reinos trala morte en xaneiro deFernando o Católico.

Fernando fixo o seutestamento mentres presidía, xa enfermo, as Cortes deBurgos en xullo de 1515. Deixou como herdeiro aoinfante Fernando. Este documento foi levado axiña ao mestre, que recibiu plenos poderes, mesmo para tomar posesión daCoroa de Castela.

Xa convertido en rei de España, Carlos I agradeceu os servizos prestados polo fiel mentor impulsando o seu ascenso na carreira eclesiástica, primeiro como bispo deTortosa en 1516, máis tarde comoinquisidor xeneral daCoroa de Aragón e despois da deCastela, e xa por fin como membro do colexio cardenalicio.

Rexente de Castela

[editar |editar a fonte]

Carlos V distinguiuno confiándolle a rexencia de España cando tivo que ausentarse do país en1520 por mor da designación como cabeza doSacro Imperio. Non foi unha encomenda fácil, pois nese momento os casteláns queixábanse dasoberbia ecobiza dosborgoñóns. Ausente o rei, orixinouse aGuerra das Comunidades de Castela, que terminou coabatalla de Villalar, e a revolta dasxermanías levantinas. Así, o 31 de outubro de 1520, contando con apoio suficiente inicia as hostilidades.

Pontificado

[editar |editar a fonte]
Tumba deHadrián VI.

O9 de xaneiro de 1522 foi elixido Papa, sucedendo aLeón X. Nese momento estaba enGasteiz exercendo a rexencia de España, preparandoNavarra para a defensa fronte á invasión francesa. A noticia chegou áCasa do Cordón, onde se hospedaba, o 22 dese mes. Foi o último Papa non italiano até 1978, en que foi elixido o polaco Karol Wojtyła (Xoán Paulo II).

Nunha solemne declaración, aceptou a elección o 8 de marzo de 1522. Proclamou a súa confianza enCristo, «que lle dará forza, aínda sendo indigno, para defender a cristiandade contra os ataques do mal, e para reducir, ao exemplo do bo pastor, a unidade da Igrexa aos que erran e están enganados»[1]. Axiña emprendeu a viaxe, acompañado do seu secretario e biógrafo, o DoutorBlas Ortiz, seguindo o curso doEbro atéTarragona, onde embarcou cara a Roma. A cerimonia de coroación tivo lugar o31 de agosto.

Á chegada do Papa na cidade había unhapraga depeste. Ao día seguinte da coroación pediu axuda aos cardeais para o seu duplo proxecto: a unión dos príncipes cristiáns para combater oImperio Otomán e a reforma da curia. Tivo dificultades entre os cardeais, non habituados ao seu estilo de vida sobrio e austero. O seu costume de celebrar amisa a diario, algo insólito daquela, produciu rexeitamento. No consistorio do 26 de marzo de 1523 o cardeal de Santa Croce quixo pedir a confirmación dos indultos e privilexios concedidos por León X. Cando o cardeal lle lembrou a inaudita amabilidade coa que os cardeais o elixiran Sumo Pontífice, Hadrián retrucou que o chamaran ao martirio e o cárcere. Alí tiña unha Igrexa esgotada e pobre, polo que lles debía moi pouco; eles foran máis ben os seus verdugos.

Curtido nos avatares políticos antes da chegada aRoma, o seu breve paso poloVaticano non lle deu oportunidade de utilizar a experiencia adquirida nas tarefas de estado. E malia que debía a elección como Papa ao empeño de Carlos V, non por iso lle foi dócil e submiso de forma incondicional.

Hadrián fixo esforzos por obrar con imparcialidade na pugna continuada entre Carlos eFrancisco I de Francia. Malia todo, finalmente entrou en alianza secreta con Carlos V,Inglaterra eVenecia en contra deFrancia. A súa morte temperá (setembro de 1523) impediulle realizar calquera acción no seo de tal alianza, como tampouco lle permitiu pór remedio algún ao avance daReforma protestante deMartiño Lutero.

Durante o seu pontificado, Hadrián VI canonizou aAntonino de Florencia.

As profecías deSan Malaquías refírense a el comaLeo Florentius (O león de Florencia), cita que fai referencia ao apelido familiar (Florenz), cuxo escudo de armas contén un león.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. PASTOR, Papstgesch. IV, 2 p. 35

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Hadrián VI, papaModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Itinerarium Adriani Sexti. Blas Ortiz, Vitoria, 1950
  • Gan Giménez, P. "La política y los problemas interiores", enHistoria General de España y de América (tomo VI). Madrid,Ediciones Rialp (1986).ISBN 84-321-2101-0

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Dende o establecemento da Igrexa (30)
Pedro  · Lino  · Anacleto  · Clemente I  · Evaristo  · Alexandre I  · Sisto I  · Telesforo  · Hixinio  · Pío I  · Aniceto  · Sotero  · Eutelo  · Vítor I  · Ceferino  · Calisto I  · Urbano I  · Ponciano  · Antero  · Fabián  · Cornelio  · Lucio I  · Estevo I  · Sisto II  · Dionisio  · Fiz  · Eutiquiano  · Caio  · Marcelino  · Marcelo  · Eusebio  · Melquíades
Dende oEdicto de Milán (313)
Silvestre I  · Marcos  · Xulio I  · Liberio  · Dámaso I  · Siricio  · Anastasio I  · Inocencio I  · Zósimo  · Bonifacio I  · Celestino I  · Sisto III  · León I  · Hilario  · Simplicio  · Xelasio I  · Anastasio II  · Símaco  · Hormisdas  · Xoán I  · Fiz III · Bonifacio  · Xoán II  · Agapito I  · Silverio  · Vixilio  · Paio I  · Xoán III  · Bieito I  · Paio II  · Gregorio I  · Sabiniano  · Bonifacio III  · Bonifacio IV  · Adeodato I  · Bonifacio V  · Honorio I  · Severino  · Xoán IV  · Teodoro I  · Martiño I  · Uxío I  · Vitaliano  · Adeodato II  · Dono  · Agatón  · León II  · Bieito II · Xoán V  · Conón  · Serxio I  · Xoán VI  · Xoán VII  · Sisinio  · Constantino  · Gregorio II  · Gregorio III  · Zacarías  · Estevo (II)  · Estevo II
Dende adoazón de Pipino (756)
Paulo  · Estevo III  · Hadrián I  · León III  · Estevo IV  · Pascual I  · Uxío II  · Valentino  · Gregorio IV  · Serxio II  · León IV  · Bieito III  · Nicolao I  · Hadrián II  · Xoán VIII  · Mariño I  · Hadrián III  · Estevo V  · Formoso  · Bonifacio VI  · Estevo VI  · Romano  · Teodoro II  · Xoán IX  · Bieito IV  · León V  · Serxio III  · Anastasio III  · Lando  · Xoán X  · León VI  · Estevo VII  · Xoán XI  · León VII  · Estevo VIII  · Mariño II  · Agapito II  · Xoán XII  · León VIII  · Bieito V  · Xoán XIII  · Bieito VI  · Bieito VII  · Xoán XIV  · Xoán XV  · Gregorio V  · Silvestre II  · Xoán XVII  · Xoán XVIII  · Serxio IV  · Bieito VIII  · Xoán XIX, papa  · Bieito IX  · Silvestre III  · Bieito IX  · Gregorio VI  · Clemente II  · Bieito IX  · Dámaso II  · León IX
Dende oGran Cisma (1054)
Vítor II  · Estevo IX  · Nicolao II  · Alexandre II  · Gregorio VII  · Vítor III  · Urbano II  · Pascual II  · Xelasio II  · Calisto II  · Honorio II  · Inocencio II  · Celestino II  · Lucio II  · Uxío III  · Anastasio IV  · Hadrián IV  · Alexandre III  · Lucio III  · Urbano III  · Gregorio VIII  · Clemente III  · Celestino III  · Inocencio III  · Honorio III  · Gregorio IX  · Celestino IV  · Inocencio IV  · Alexandre IV  · Urbano IV  · Clemente IV  · Gregorio X  · Inocencio V  · Hadrián V  · Xoán XXI  · Nicolao III  · Martiño IV  · Honorio IV  · Nicolao IV  · Celestino V  · Bonifacio VIII  · Bieito XI  · Clemente V  · Xoán XXII  · Bieito XII  · Clemente VI  · Inocencio VI  · Urbano V  · Gregorio XI  · Urbano VI  · Bonifacio IX  · Inocencio VII  · Gregorio XII  · Martiño V  · Uxío IV  · Nicolao V  · Calisto III  · Pío II  · Paulo II  · Sisto IV  · Inocencio VIII  · Alexandre VI  · Pío III  · Xulio II  · León X  · Hadrián VI  · Clemente VII  · Paulo III  · Xulio III  · Marcelo II  · Paulo IV
Dende aContrarreforma católica (1560)
Dende oConcilio Vaticano Segundo
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hadrián_VI,_papa&oldid=6696980»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp